Antropología
A morte antes e despois da Covid-19

A pandemia provocada pola Covid-19 está facendo que se fale dun antes e dun despois no tratamento e percepción da morte. Pero, realmente está a supoñer unha ruptura tan grande neste eido?

Cemiterio de Avión
Cemiterio de Avión (Ourense) Pablo Santiago

Asociación Galega de Antropoloxía (Agantro)


27 abr 2020 16:28

Dende o comezo da pandemia da Covid-19, os medios de comunicación transmiten diariamente cifras de falecidos, mensaxes de pésame e imaxes de resignación ante a imposibilidade de efectuar unha despedida e unha ritualidade acordes a un acontecemento tan transcendental como é a morte. Fálase mesmo dun antes e dun despois no que ó tratamento e á percepción da morte se refire pero, realmente está a supoñer unha ruptura tan grande neste eido?

Ante a complexidade do asunto, cómpre reflexionar con perspectiva, comprender a realidade de partida e poder así intuír a tendencia cara onde se encamiña a sociedade actual. Neste sentido, o caso de Galicia resulta de grande interese, ó incidir a pandemia nun momento en que se estaba a concluír o tránsito dunha ritualidade e concepción da morte que podemos definir como “tradicional” a outra máis “moderna”.

Dentro de calquera sociedade e cultura, a concepción e o tratamento da morte constitúen uns dos elementos que mellor definen as súas características esenciais. En certa maneira, tratar de superar a perda física e biolóxica da vida e pensar que existe unha segunda oportunidade foi e seguirá a ser unha das principais preocupacións da humanidade.

A consciencia da morte supuxo un salto cualitativo nas capacidades cognitivas da nosa especie e na súa complexización. En comparación cunha natureza onde, aparentemente, todo morre e renace nun ciclo sen fin, comezouse a reflexionar sobre a posibilidade de que a morte tampouco tivese un carácter definitivo para as persoas. A diferencia co resto dos seres vivos estaba na noción de individualidade: dende unha perspectiva humana, cada persoa é diferente, polo que o principio de rexeneración natural non é tan evidente. Foi así como se comezou a xerar un imaxinario da morte, é dicir, unhas crenzas que permitisen transformar o suceso da morte nun proceso cultural e social, ordenado a través dunha ritualidade e no que esta se erixise como un tránsito a outra realidade.

Tratar de superar a perda física e biolóxica da vida e pensar que existe unha segunda oportunidade foi e seguirá a ser unha das principais preocupacións da humanidade.

Desta forma, dende as súas orixes, a morte é para a humanidade un concepto, ou o que é o mesmo, unha construción social e cultural. En consecuencia, estamos ante unha realidade complexa, multidimensional e aberta a múltiples manifestacións e redefinicións, mais dotada dunha característica común: trátase dun concepto relacional imposible de disociar da idea de vida. De feito, ó sermos os únicos seres capaces de pensar, sentir e prever a morte, somos tamén os únicos que morremos en sentido estrito.

Todos sabemos que, ó nacer, contraemos un destino ineludible coa morte ó ser unha parte constitutiva da nosa existencia. Como diría Heidegger, somos seres para a morte. Con todo, o máis previsible dos sucesos, á hora da verdade, resulta ser o máis imprevisible, ó descoñecermos o cando, o como, o onde e, sobre todo, o para que e o por que da morte. Ante esta situación, a humanidade puxo en práctica e deseñou tantas respostas como culturas hai no mundo e, nelas, como nos ensinou o recentemente falecido Lisón Tolosana, a morte sempre manifesta a esencia, o sentido e o significado de cada pobo.

Agora ben, a cidadanía occidental do século XXI trata de aproveitar ó máximo os beneficios do “estado do benestar” e da sociedade de consumo na que vive. Ó mesmo tempo camiña polos vieiros dun eterno progreso que asocia cos valores do posmodernismo e do neoliberalismo, do desenvolvemento científico e tecnolóxico, da exaltación da xuventude, do hiperindividualismo, do culto ó corpo, da felicidade “obrigatoria” amparada na aparencia, no presentismo, no efémero e na superficialidade... E neste proceso foi configurando unha nova concepción da morte, artificial e, en certa medida, deshumanizada.

Deste xeito, nas últimas décadas, a percepción da morte foise baleirando de contido social ó desprazarse do ámbito comunitario ó individual e do público ó privado. A orixe deste proceso varía en función dos especialistas que consultemos, pero existe un certo consenso en situala no comezo da racionalización da cultura occidental, na construción dos estados modernos e, sobre todo, na irrupción do sistema capitalista.

Así, dende a Ilustración, o avance do individualismo propio da burguesía e do paternalismo estatal, intensificado coa configuración do “estado do benestar”, fixo que as persoas negasen a realidade da morte. Desta maneira, confiouse no avance da ciencia e da tecnoloxía e na protección dos seus estados, a cambio de pensar unicamente nun proxecto vital carente dun final definido. Por outra banda, esta percepción facilitaba que empresas e estados puideran impoñer unha noción da realidade onde o importante tan só é o presente e o pragmatismo dunha vida que se desenvolve á marxe da morte, xa que esta aniquila e nega calquera idea de progreso, consumo e plans de futuro.

Iglesia eólico

A expulsión e a negación da morte na vida das persoas coincide, pois, coa afirmación histórica do individuo e co rexeitamento das vinculacións relixiosas e comunitarias coas que estaba asociada nas culturas tradicionais. A particular evolución socioeconómica de Galicia con respecto a outras sociedades occidentais explica que este proceso se iniciara máis tarde e se demorara no tempo. Con todo, a comezos do século XXI, a nosa sociedade xa comparte eses principios e a morte en Galicia tamén se relega ó silencio, ata o punto de constituír un tema incómodo, en definitiva, unha realidade que se nega, se disfraza e se oculta co obxectivo de tratar de vivir de costas a ela.

Do mesmo xeito, tampouco existe unha pedagoxía da morte, algo que se xustifica na intención de protexer a infancia e a adolescencia do que, en realidade, se erixe como unha evidencia do medo, a impotencia e a incomprensión que os adultos senten e manifestan cara á morte. Desta forma, dáse unha situación que xa definiran autores como Giddens ou Seale en termos de experiencia secuestrada ou de pornografía da morte, pois representa unha temática negada e prohibida para a xente nova, que se manifesta de forma simbólica, pouco realista e, moitas veces, a través dun sentimento de vergoña.

Na cultura tradicional galega, a morte estaba ben definida e artellada na sociedade e nas súas relacións comunitarias. Era unha realidade tanto persoal como colectiva, xa que o protagonismo do fenómeno recaía a partes iguais no individuo que ía falecer e nos seus achegados. Veciños, familiares e amigos, todos eles exercían en conxunto un papel definido nun proceso de longa duración que poñía en práctica unha serie de redes de solidariedade intercomunitarias que contaban, ademais, con mecanismos que facían da morte un acto predicible a través dun imaxinario que, ó mesmo tempo, a facía comprensible. Así, tanto o futuro defunto como os seus achegados víanse integrados nunha ritualidade que comezaba dende antes de irromper o deceso e que os acompañaba durante a despedida e con posterioridade á celebración dos rituais funerarios, facendo que o dó fose tamén unha realidade colectiva e compartida.

Tampouco existe unha pedagoxía da morte, algo que se xustifica na intención de protexer a infancia e a adolescencia do que, en realidade, se erixe como unha evidencia do medo, a impotencia e a incomprensión que os adultos senten e manifestan cara á morte.

Fronte a esta realidade, na Galicia actual, a morte concíbese como un suceso privado totalmente desconectado da comunidade, ó desvincularse das casas e, en certa maneira, de familiares e veciños, e ó concentrar todos os feitos asociados a este proceso nun tanatorio e nun espazo funerario afastado dos núcleos de referencia.

Trátase dunha morte na que, dende a perspectiva dos que seguirán vivos, se oculta e se disfraza a dor, ó mesmo tempo que se eliminan as manifestacións de dó e loito. Importa máis a volta á vida cotiá que a asimilación da experiencia tráxica da morte. Por iso se opta por un ritual rápido, burocratizado e delegado a profesionais en detrimento dunha interacción social que permitía liberar emocións e sentimentos á vez que facilitaba a comprensión e a asimilación do suceso. É certo que se manteñen certas prácticas funerarias, pero os ritos e a simboloxía que lles daban sentido perdéronse, facendo das mesmas accións unhas realidades incomprensibles e, en moitos casos, incómodas, sobre todo, para os sectores máis novos da sociedade.

Na outra cara desta realidade atopamos a un moribundo ó que se lle nega a posibilidade de comprender a inminencia da súa morte, ó imperar o discurso médico sobre o persoal, e de despedir a súa existencia nun entorno coñecido e a carón da xente que o acompañou ó longo da súa vida. En definitiva, Galicia, con anterioridade á irrupción do Covid-19, estaba a experimentar de maneira acelerada as características propias dun modelo de percepción da morte que Ariès denominou hai tempo morte invertida e que outros especialistas como Walter prefiren chamar morte moderna.

Importa máis a volta á vida cotiá que a asimilación da experiencia tráxica da morte. Por iso se opta por un ritual rápido, burocratizado e delegado a profesionais en detrimento dunha interacción social que permitía liberar emocións e sentimentos á vez que facilitaba a comprensión e a asimilación do suceso.

Como consecuencia desta realidade, a sociedade galega encara a crise da pandemia dende unha posición na que conta con múltiples relatos e experiencias para afrontar a vida, pero ningún para unha morte que, ademais, ten banalizada, trivializada e insensibilizada por mor do uso que fan dela, entre outros, os medios de comunicación, os videoxogos e o cine, como unha realidade distante e ficticia. Ó non vivir a morte, a meirande parte das persoas carecen dun coñecemento racional sobre ela, polo que son incapaces de comprender o que realmente sucede nesa transición e, menos aínda, como afrontala. Trátase dunha cuestión social e cultural: ninguén pensa realmente na morte. Facelo publicamente, sería unha mostra de mal gusto, mesmo de mala educación. E, se se descobre que alguén o fai na intimidade, constituiría unha evidencia de enfermidade ou perversión mental.

Con todo, malia que se negue e se oculte, a morte, como é lóxico, segue espertando sentimentos comúns ós experimentados en calquera cultura: melancolía, tristeza, baleiro existencial, angustia, ansiedade, medo, culpabilidade, enfado, ira, incredibilidade, impotencia, frustración, vulnerabilidade, fraxilidade etc. Todas estas son sensacións que se incrementan nestes días en que a morte parece unha realidade máis próxima ca nunca.

No medio desta tendencia, o confinamento e as restricións impostas para paliar os efectos do Covid-19 están a provocar unha intensificación da mesma e non tanto unha alteración. En efecto, o que se está a observar son as consecuencias extremas dunha percepción e dun tratamento da morte en que o individuo, tanto o que morre como o que perde o ser querido, queda sumido na máis absoluta soidade ante a deshumanización e a desnaturalidade dun sistema burocratizado e delegado a hospitais e empresas funerarias.

Así pois, volvendo á pregunta coa que se iniciaba o artigo de se haberá un antes e un despois da pandemia no que á concepción e ó tratamento da morte se refire, todo parece indicar que non. O único mecanismo que podería modificar esta realidade sería unha volta á colectividade e, polo tanto, á ritualidade compartida, algo que implicaría o sacrificio dos valores individuais que sustentan a sociedade en que vivimos e que, ademais, cada día é máis global e, xa que logo, máis difícil de alterar. Porén, o tempo dirá se a sociedade galega opta por seguir polo camiño iniciado, recuperar actitudes e costumes perdidos ou por redefinirse culturalmente cara a un novo horizonte.  

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

AGANTRO
Agantro Tatuaxe: terapia e tendencia
Da marxinación á moda, o carácter simbólico e ritual da tatuaxe atópase actualmente erosionado polas dinámicas capitalistas.
AGANTRO
Agantro O número 262 dunha rúa no Porto
Nunha casa do Porto estudantes de todo o mundo entrelazan culturas e lembranzas, deixando nas súas paredes un rastro de convivencia e cambio continuo.
AGANTRO
México O mundo en chamas
Escribo dende México sobre a violencia no país e no mundo, pois alén da invención da «narcocultura», compre reflexionarmos sobre o violentamento global do imaxinario, a sociedade e a política.
PSOE
Crisis de Gobierno “El Gobierno está en la UCI”: los aliados de Sánchez afilan el discurso en clave electoral
A la espera de nuevas pruebas que puedan afectar directamente al presidente del Gobierno o algún indicio de financiación ilegal del PSOE, Podemos radicaliza su crítica al bipartidismo y Sumar habla de “un cambio de 180 grados”.
Alicante
Alacant Martín Villa y el expolicía Daniel Aroca irán a juicio por un asesinato político durante la transición
El exministro y empresario será investigado por crímenes contra la humanidad cometidos durante la dictadura franquista. Se trata del primer caso de estas características dirigido desde un juzgado español.
Baleares
Un modelo insostenible El rechazo a la turistificación se expande en Canarias, Baleares y Barcelona
Tras la masiva manifestación en las Islas Canarias del pasado mayo, Palma de Mallorca, Barcelona y San Sebastián salen este 15 de junio a la calle contra un modelo de turismo desmedido insostenible para el territorio y sus habitantes.
Consumo
David Sánchez “Shein está diseñado para crear adicción a través de patrones muy oscuros”
David Sánchez Carpio es director de la Federación de Consumidores y Usuarios (CECU), una de las organizaciones que han denunciado al gigante chino de venta de ropa por internet ante la Comisión Europea. “No hay que culpabilizar a los consumidores".
Opinión
Opinión Amor, alienación y nostalgia en la obra de Wong Kar Wai
El cine de Wong Kar Wai logró captar la avalancha de nostalgia que florecía en el capitalismo tardío frente a la desorientación y la enajenación de los propios sujetos sociales.

Últimas

Oriente Medio
Oriente Medio Decenas de muertos en una noche de sirenas y misiles cruzados entre Israel e Irán
Después del ataque israelí contra la infraestructura energética y militar iraní, cientos de misiles iraníes atraviesan el cielo israelí e impactan en Tel Aviv, Bat Yam, Tamra y Haifa.
Crónica
Justicia En la sala de un juicio a una madre protectora
Esta es una crónica de un juicio a una mujer que pidió medidas por sospechar de abusos sexuales a su hija en el domicilio paterno sin que ninguna institución moviera un dedo y, un mes después, cogió un vuelo a su país para intentar protegerla.
Editorial
Editorial Justicia irracional
Por acción o por omisión, las instituciones violentan a las mujeres. Se llama violencia institucional.
Relato
Relato Rendirse
A mi pesar me tocaba compartir mesa con aquellos documentos y, como estaba de los primeros (no lo habría imaginado al llegar), ya no conseguía quedar por encima, con lo que me gusta.
Portugal
Antifascismo Concentraciones en varias ciudades de Portugal en repulsa a la agresión a un actor por un grupo neonazi
Cientos de personas se concentran en distintas ciudades portuguesas en repulsa a la agresión al actor Adérito Lopes por parte de un grupo de neonazis el pasado 10 de junio.
Navarra
Navarra Denuncian la criminalización de menores y falta de recursos en Marcilla
Trabajadoras del COA de Marcilla denuncian criminalización de menores, falta de recursos y condiciones indignas, mientras el Gobierno de Navarra traslada a 23 menores y refuerza la seguridad tras el brote racista.

Recomendadas

Violencia machista
El Estado que revictimiza Violencia institucional: “Si lo hubiera sabido antes, no hubiera denunciado nunca”
Rocío ha sufrido violencia psicológica, física y sexual por parte de su expareja. Y también violencia institucional en todas las puertas de la red de recursos institucionales que ha ido atravesando.
Galicia
Galicia Activistas bloquean una planta de Altri en Portugal y avisan de que frenarán su expansión en Galicia
El grupo atrancó con cadenas y soldadura las entradas de la planta de Celbi en Leirosa, en la mayor acción directa hasta el momento contra la expansión de la multinacional papelera en territorio gallego: “O povo é quem para Altri”.
Rap
Los Chikos del Maíz “La música urbana está llena de fachas y votantes de Vox”
Tras un fin de gira accidentado, Toni y Nega dan una tregua indefinida a su proyecto con dos conciertos en Madrid. Horas antes de llenar la sala en la primera cita, visitan la redacción de El Salto.
Río Arriba
Río Arriba Luis González Reyes: “Vivimos en un mundo en el que la escasez es un elemento central”
Primera entrevista del programa Río Arriba en formato podcast y vídeo donde hablamos de las nuevas guerras neocoloniales por recursos en la era de Trump y Putin, de la escasez, del decrecimiento y el colapsismo.