We can't find the internet
Attempting to reconnect
Something went wrong!
Hang in there while we get back on track
Altri
Centos de persoas enchen o río Ulla nunha protesta histórica contra a celulosa de Altri e a mina de Touro

O río Ulla converteuse este domingo nunha vía de protesta e conciencia ambiental. Decenas de embarcacións —ráftings, caiacs e piraguas— descendían dende a ponte de Sinde até o Campo da Insua, en Padrón, nun percorrido reivindicativo que rematou coa lectura dun manifesto contundente contra dous dos proxectos industriais máis daniños do momento: a macrocelulosa de Altri en Palas de Rei e a reactivación da Mina de Touro.
Á chegada das embarcacións, unha multitude agardaba a pé de río. Milleiros de persoas sumáronse ao clamor popular para esixir a paralización definitiva destes plans que, segundo denuncian organizacións ecoloxistas, ameazan a calidade das augas do Ulla, os ecosistemas fluviais e mariños e, en definitiva, a sustentabilidade dunha ría de Arousa xa tensionada polo impacto industrial.
O acto, de forte carga simbólica, foi impulsado pola Plataforma Ulloa Viva, a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA), Mina Touro-O Pino Non, Adega, Greenpeace, Ecoloxistas en Acción, Sociedade Galega de Historia Natural, Baixo Ulla Vivo e Caiac Extremo Galiza, coa colaboración dos concellos de Padrón e Pontecesures.
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
A mobilización fluvial non será un feito illado. As entidades convocantes fixeron un chamado á cidadanía galega a participar masivamente na marcha contra as celulosas que terá lugar o vindeiro un de xuño, ás 12.00 h, en Pontevedra. Este ano, a protesta unificará dúas loitas históricas baixo un mesmo berro: “Nin Ence na ría, nin Altri na Ulloa”.