AGANTRO
Banais asasinos: anacos da novela dun antropólogo

Unha ‘ficción etnográfica’ sobre o mal banal: desas pequenas inxustizas e danos que acostuman pasar desapercibidos no tránsito de discursos e prácticas rutineiros.
2 ago 2022 10:16

A peza seguinte é unha breve ‘ficción etnográfica’. Forma parte dun proxecto teórico maior ao que chamo ‘Antropoloxía poética’, no que a indagación da existencia parte dunha experiencia integral que inclúe a imaxinación literaria a partir da vida cotiá dun individuo. Neste caso, falo do mal banal: desas pequenas inxustizas e danos que acostuman pasar desapercibidos no tránsito de discursos e prácticas rutineiros.


1.

Estimado Sebastián,

O meu nome é Rosa Martínez e te escribo no meu rol como secretaria da comisión que se ten constituido oficialmente para a avaliación das candidaturas recibidas para o concurso da praza de profesor asociado desta universidade.

Como se especifica nas bases da convocatoria, é requisito imprescindible que todos os e as candidatas estean en activo (con alta na Seguridade Social) na data da convocatoria e non dispoñemos neste momento de ningunha documentación no teu caso que nos permita corroborar esta cuestión.

Gracias dende xa pola túa colaboración. Sería importante que por favor nos fixeras chegar este documento canto antes xa que teremos que resolver o concurso en poucos días e non poderemos valorar a túa candidatura até que dispoñamos desta documentación.

Un saúdo,
Rosa.


2.

Sebastián leu aquel correo electrónico pouco despois do almorzo e case ficou pampo coa indixestión que lle produciu a súa pésima escritura. Mal puntuado e redactado nunha xerga cerimoniosa e pedante (“no meu rol como secretaria” e blablablá), o texto empregaba a metáfora teatral do rol, á que fora tan afeito o funcionalismo, soamente para cacarexar a execución dun novo proceso kafkiano: absurdo e inxusto. Por riba, segundo as novas normativas, Sebastián tivera que pagar 52,91€ por tramitar a súa solicitude. Pero quen pagaría por pedir emprego se xa tivese un co que saldar as súas contas? Era acaso a economía somerxida algo máis cun tema do que falar nas aulas? Esquecer que si foi a maneira que atoparon algúns precarios docentes da universidade de gabarse perante os que parecían andar un pouco máis á pioca ca eles; namentres, outros, que gozaban dunha situación laboral mellor, gardaban un silencio aínda máis noxento sobre esa clase de inxustizas silentes, pese a que seguían falando da importancia da crítica e da inclusión. Tal era o xeito perfecto de disfrazar o seu servilismo co aparente compromiso de discursos xenéricos e abstractos. A mala fe daquela actitude tróuxolle a Sebastián, de socato, unha lembranza do día no que se doutorara. 


3.

“A fama, na academia, a dan as publicacións”, espetara aquela mañá o presidente do tribunal. E para que publicar tanto?, pensou o antropólogo, aínda doutorando, que sabía que a resposta andaba entre as delirantes exixencias impostas aos aspirantes á docencia universitaria, o negocio que algunhas revistas científicas facían desa necesidade e mesmo o mercado negro que se movía niso que os bourdieufílicos chaman o capital social. ¡Dime o teu padriño e eu te direi si te aloumiño! Pouco despois, tras recoñecer que non lera case nada daquela tesis sobre a fama mediática, ao presidente deulle unha arroutada e argallou un discursiño sobre a prensa do corazón, con aires de clase maxistral, inda que do asunto non coñecía gran cousa. Ao remate, soltou unha asneira final: “Deséxolle que se faga moi famoso con esta tesis”. ¡Centos de páxinas dunha indagación crítica sobre a fama!, ¿e ese era o seu catedrático epílogo? ¿Quen pensaba na fama cando o importante era atopar un traballo acorde coa vocación? Horas máis tarde, mentres cruzaba Argüelles, barrio da vella e empoada aristocracia madrileña, o antropólogo, xa doutor, recordaría o lonxe que estivera daquel desexo, mesmo cando camiñaba pola Gran Vía doce anos atrás.

4.

Madrid, 25/06/2009.
Regreso ao pequeno faiado no que un amigo me alberga. Atardeceu. A Gran Vía xa esfolla as súas primeiras mozas doentes da rúa, lumis do “guapo, vamos a follar!”, mentres os quioscos aínda mostran as portadas da prensa do corazón. Intento entender o que significa hoxe en día ter fama. Se cadra, olvidar a morte co ruido da comunicación? Pode ser. Con todo, síntome farto de pensar en tantas frívolas mistificacións.

Xa na bufarda, divírtome facendo convivir o ¡Hola!, Semana ou Diez Minutos con Evans-Pritchard, Lévi-Strauss ou Mary Douglas, entre tantos outros. Logo, leo a Náusea, de Jean Paul Sartre. Nun intre, Roquentin, o seu protagonista, quere agacharse a coller un papel e non pode. Sente, entón, que deixou de ser libre. Medito sobre esa perda, mentres penso no propio Sartre morrendo paseniña e despiadadamente na Cerimonia dos adeuses.

[…] Se cadra, para algúns a fama é ao anonimato o que a vida é á morte. Pero, existen tales separacións? Ao protagonista da novela quédanlle aínda páxinas de vida. Sartre, en cambio, xa esgotou as súas. Mais as liñas continúan, nunha transcendencia que garda a pantasma do home que xa non está. A pantasma é o dobre da lectura e da escritura; ela rompe a identidade do vivo porque a vida, en realidade, o é todo: tanto a memoria de ultratumba dun vivo como o vivo recordo dunha pantasma. A fama non o entende. A visibilidade mediática, menos. Son só un ruido da comunicación. Só? Pode ser […].


5.

“A fama, na academia, a dan as publicacións”. Sebastián volveu recordar aquelas palabras, nas que só vía frivolidade, fachenda e outro tipo de mistificación. Gustaríalle ter falado daquilo que anotara no seu diario tantos anos atrás, así coma doutras cousas que aprendera en trece anos de pescudas, que dan para moito. Agora, non lonxe de onde camiñara entón entre o tráfego espido da Gran Vía, pero moi afastado del no tempo, pasou por Princesa cavilando na farsa do mundo no que acababa de doutorarse. Poida que nel a fama viñese das publicacións –que, por outra parte, dependían cada vez máis dos algoritmos e daquilo que o vello Robert Merton escolmou na Biblia para falar do “efecto Mateo”-, pero a paixón humana e a beleza lle eran estranas no presente. A universidade pareceulle a Sebastián un cemiterio intelectual, allea á ledicia de vivir pensando no que se vive. Pero, entón, para que pagar por traballar nela?, preguntouse con autoxenreira, mentres apostaba os 52,91€ que perdería coa man da súa solicitude. “¡Pois, xa cho dixen, mameluco -respondeuse axiña-, polo salario: pequeno pero legal!”. Inda que, de certo, era mellor que traballar en negro, Sebastián nunca antes se sentira tan semellante ás candonguiñas que vira medrar hai anos con cada luscofusco da Gran Vía.


6.

Cando se publicaron os Diarios secretos do antropólogo Bronislaw Malinowski en 1966, houbo unha forte conmoción. Para quen o tiña como o pai da suposta aventura heroica do antropólogo, o achado daqueles íntimos papeis carreou un gran desazo, pois neles aparecían as debilidades dun ser con secretas ambicións, desexos carnais, fastío e eventuais arrebatos de odio aos nativos. O problema era seguir lendo aqueles papeis como unha traizón á disciplina, e non como o latexo dun crible corazón humano – á fin!-, alén as academias. Por iso, Sebastián só comprendeu o patetismo do heroísmo malinowskiano cando percibiu, trala foto do científico, o negativo do individuo falible, arisco, sensible, tenaz e en constante loita consigo mesmo; cando viu debuxarse, ás súas costas, unha silueta semellante á do verdadeiro escritor que sabe, ou polo menos intúe, que morrer ben vale o pulo de ter vivido até o final, dando conta de todo, non só do documento que se entregou á ciencia con simulada limpeza, senón das páxinas secretas que se gardaron nunha gabeta con indisimulada –e moi humana- mancha. Quen o probou o sabe.


7.

Estimada Rosa:

Agradézolle a súa explicación. Pola miña banda, dispénsolles de seguir valorando a miña solicitude. Xa sei que a figura precaria do profesor asociado non foi deseñada así, pero entenda que para solicitar un traballo o único requisito lóxico e imprescindible (foi o adxectivo que empregou vostede) é o de carecer del, ou ben o de exercer un invisible, pola incapacidade de pagar as cotas dos autónomos. ¡Pequenos matices da vida (morte?) no capitalismo!, xa ve. O demais paréceme só unha modalidade do que a filósofa Hannah Arendt chamou, a propósito dun mediocre asasino nazi, “a banalidade do mal”.


Reciba un saúdo.
Sebastián.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

AGANTRO
Agantro Tatuaxe: terapia e tendencia
Da marxinación á moda, o carácter simbólico e ritual da tatuaxe atópase actualmente erosionado polas dinámicas capitalistas.
Pensamiento
Pensamiento El amor, ¿una cuestión cultural?
Tal vez lo que mantenga unida a la pareja sea el miedo a la soledad o razones meramente económicas, pero también la resistencia de esa idea del amor como refugio y puerto seguro.
AGANTRO
Antropoloxía Progreso ou diversidade: desafíos no coidado dos bens comunais
Unha mirada biopolítica sobre o impacto das asimetrías no desenvolvemento de tecnoloxías emerxentes para as diferentes formas de vida no planeta.
Política
Política Feijóo radicaliza al Partido Popular en medio del terremoto Cerdán con la vista puesta en las elecciones
Miguel Tellado será el nuevo secretario general del partido. Un movimiento con el que Feijóo consigue el control casi absoluto del PP y le come espacio del discurso ultra a Vox, pero que lo aleja de eventuales pactos con PNV y Junts.
Opinión
Opinión Espejismo España
La descomposición del Gobierno de coalición es un reflejo de la expansión de la ola ultraderechista, pero no implica que los movimientos de transformación no puedan organizarse para contrarrestar esa amenaza.
Naciones Unidas (ONU)
Cumbre de la ONU ¿Quién teme una arquitectura de la deuda justa?
Aunque muchos Estados habían presionado para que se establecieran compromisos de reformas estructurales ambiciosas, el texto final revisado del 'Compromiso de Sevilla' las eliminó o diluyó. La sección sobre deuda no es una excepción.
Comunidad de Madrid
Sanidad Pública Cae el techo de la entrada principal del Hospital Isabel Zendal
El hospital de pandemias, inaugurado por Isabel Díaz Ayuso en 2020 y que generó unos sobrecostes del triple de lo presupuestado en su construcción, ha visto cómo se desplomaba el techo de entrada.
Córdoba
Turismo El número de pisos turísticos en Córdoba se reduce a los tres meses de la moratoria para nuevas licencias
Otras normas tratan de limitar la proliferación de las viviendas de uso turístico por la ciudad. Un portavoz de Stop Desahucios predice que estos pisos se trasladarán a los barrios no afectados por la moratoria.

Últimas

Crisis climática
Datos El junio más cálido jamás registrado cierra con 330 fallecimientos por calor
103 personas han muerto en los primeros tres días de la ola de calor, según las estimaciones. Los datos de la Aemet señalan al pasado mes como el junio más caluroso; ha pulverizado la máxima anterior por 0,8 grados de diferencia.
Oriente Medio
Oriente Medio La plantilla de EFE en Oriente Medio denuncia salarios por debajo de los mil euros
La delegación, formada por 24 personas, anuncia paros en sus funciones al verse reducida más de un 25% su nómina sin opción a negociar.
Alquiler
Racismo y alquileres Siete de cada diez migrantes se ve en la necesidad de vivir de alquiler frente al 14% de los hogares españoles
“El precio del prejuicio” es el título del más reciente estudio del Instituto de Investigación Urbana de Barcelona, IDRA, en el que disecciona la relación entre las personas migrantes y su acceso a la vivienda.
Comunidad de Madrid
Sanidad privada Inspección propone sancionar a un hospital de Quirón por exponer a la plantilla a sustancias cancerígenas
El organismo inicia un procedimiento administrativo sancionador por infracción grave. Tras una visita al Hospital Quirónsalud Sur, de Madrid, constataron deficiencias en la zona de almacenamiento de los productos farmacéuticos y en el mortuorio.
València
València Una comunidad vecinal lucha para impedir el enésimo proyecto de bajos turísticos en València
El vecindario de un bloque en Aiora se organiza contra la construcción en su patio de luces de catorce alojamientos turísticos en una zona ya saturada de este tipo de negocios.
Más noticias
Sphera
Sphera Nueva convocatoria para medios independientes de Europa
La red Sphera financia con un máximo de siete mil euros vídeos cortos documentales elaborados por medios independientes de todo el continente. El plazo finaliza el 12 de julio.

Recomendadas

Malasia
Malasia Durian, la fruta fétida que triunfa en Asia
El durian es tan maloliente que su consumo está prohibido en interiores, pero la popularidad de esta fruta, considerada un superalimento, no deja de aumentar en China y en el resto de Asia.
Economía social y solidaria
Historia Lo que Franco arrebató al cooperativismo y a la economía social y solidaria
La dictadura franquista combatió de forma cruel el movimiento cooperativo fraguado en la II República, y durante la propia guerra con las denominadas colectividades, y pervirtió la idea de autogestión a través de los ideales falangistas.
Historia
Historia ‘Weimar’, y su eco
‘Tiempos inciertos’, la exposición dedicada a la República de Weimar en el CaixaForum de Barcelona, apenas se deja nada, pero vuelve a incurrir en la idea de las “dos Alemanias” contrapuestas.