AGANTRO
Estratexias e resistencias: das mariscadoras aos “cayetanos”

Onde as clases subalternas empregaban as tácticas de resistencia cotián para mellorar as súas vidas, as clases privilexiadas as usan para manter os seus privilexios.
O mar tamén ten mulleres - 11
Dúas traballadoras do mar. Fotografía pertencente á galería “O mar tamén ten mulleres”. Elena Buch

Agantro (Asociación Galega de Antropoloxía Social e Cultural)

30 ene 2021 11:13

A finais da década de 1970 James C. Scott, politicólogo e antropólogo, levou a cabo unha investigación entre os agricultores pobres dunha vila de Malaisia. Convivindo coas persoas deste modesto lugar puido ir desenguedellando o complexo novelo de relacións, intereses enfrontados, colaboración e competición que tiñan lugar entre uns e outros, entre os que posuían case que todas as terras e o poder e os que debían alugar o seu lombo e as súas forzas para sobrevivir.

Esta sociedade pequena, remota aos centros de poder e composta maioritariamente por xente moi pobre, resultou ser un microcosmos grazas ao estudo do cal Scott desenrolou unha visión que tería grande influencia nas ciencias sociais. Ata entón, a tendencia maioritaria nos estudos sociais e históricos era a de presentar ás clases subalternas coma suxeitas á vontade das elites, que dispuñan delas ao seu antollo, explotándoas sen recibir unha contestación, xa que a mesma ideoloxía dos poderosos colonizaría as mentes dos dominados. A atenta observación etnográfica de Scott amosou que a realidade era outra: as persoas das clases inferiores non asumían sen mais o relato das clases dominantes, se non que adaptaban a relixión e a ideoloxía aos seus intereses; e tampouco eran pasivas ante a súa situación de sometemento, pola contra levaban a cabo todo tipo de estrataxemas para minimizar a explotación da que eran obxecto. Estas estratexias foron definidas por Scott coma resistencia cotián.

Para as persoas das clases subalternas que viven en réximes autoritarios o enfrontamento directo, en rebelión aberta contra as elites, é perigoso e ás veces desastroso, tendo consecuencias na forma de multas, cárcere ou masacres levadas a cabo polas forzas militares e policiais. Xa que logo, o camiño mais habitual a seguir para defender os seus intereses consiste nesta resistencia cotián. Scott describiu os xeitos nos que se manifestaba na súa vila malaia: pequenos roubos, falta de esforzo no  traballo a xornal, ataques anónimos, sabotaxes, rumores que atacaban a reputación dos poderosos, ameazas veladas, acoso aos colaboracionistas... Recursos que se atopan alá onde existen persoas en situacións de opresión nas que a oportunidade de protestar é escasa e perigosa. Na Galiza varios estudosos interesados nas clases populares teñen documentado este tipo de resistencia, entre eles a historiadora Ana Cabana, que describiu en varios traballos como o campesiñado galego recorreu a ela durante o franquismo, o historiador Carlos Velasco na Galiza campesiña do s. XIX e principios do XX, ou a antropóloga Paula Godinho nas traballadoras das multinacionais do textil.

A atenta observación etnográfica de Scott amosou que a realidade era outra: as persoas das clases inferiores non asumían sen mais o relato das clases dominantes, se non que adaptaban a relixión e a ideoloxía aos seus intereses

Dende a Antropoloxía, investigo actualmente como as mariscadoras das Rías Baixas opuxeron este tipo de resistencia a repetidos ataques aos seus medios de vida. Os anos 70 do pasado século foron momentos de intensa conflitividade nas praias; dunha banda, a instalación de numerosas plantas extractoras de area e outras industrias puxo en perigo os ecosistemas e os bancos marisqueiros; doutra, déronse intentos de privatizar a extracción do marisco. O réxime franquista agoniaba, pero sen deixar de levar a cabo actos de represión brutais contra as persoas que ousaban levar a cabo protestas. De aí que as mariscadoras utilizaran amplamente tácticas de resistencia que evitaron ata o último momento a confrontación aberta. Algunhas destas tácticas que puiden documentar foron actos de sabotaxe, levados a cabo con nocturnidade; difamar ás persoas que procuraban usurparlles o uso das praias; esparexer rumores que buscaban a mobilización na contra dos plans de explotación que danaban os seus intereses; subverter símbolos do réxime, coma levar fotos dos reis nas manifestacións, para evitar a represión das forzas da orde. A pesar do graves que chegaron a ser algunhas situacións, o humor tamén tivo a súa parte nestas loitas: por exemplo durante o Entroido, as mariscadoras usaron as tradicionais coplas para burlarse dos que as prexudicaban e denunciar en presencia de toda a vila as inxustizas que cometeran.

O uso destas estratexias polas mariscadoras para confrontar a persoas e institucións frecuentemente involucradas co réxime, que posuían un poder político i económico moito maior que o delas, tivo resultados desiguais; unhas veces remataron perdendo as praias e por riba sendo represaliadas con cárcere, golpes e multas, como ocorreu por exemplo en Lourizán, coa instalación da celulosa; pero outras veces acadaron a vitoria, proba da efectividade dunhas tácticas que conseguían manter relativamente a salvo ás resistentes nunha loita moi desigual. Nun dos conflitos que tivo lugar en Cambados, as mariscadoras, logo de moito esforzo, acadaron o suficiente apoio popular para, actuando en multitude, rematar asaltando e desmontando, con sachos e martelos, as plantas de extracción de area que estaban estragando o marisco, sen que as forzas policiais puideran impedilo.

Dende a Antropoloxía, investigo actualmente como as mariscadoras das Rías Baixas opuxeron este tipo de resistencia a repetidos ataques aos seus medios de vida

Porén, as estratexias da resistencia cotián non son patrimonio exclusivo das persoas mais desfavorecidas. Poden ser utilizadas tamén por grupos que forman parte privilexiada da sociedade. Nos últimos anos vemos como, ao tempo que os movementos polos dereitos humanos i en favor da igualdade van acadando logros cada vez maiores, representantes das elites parecen recorrer cada vez mais a protexer as súas prerrogativas utilizando tácticas de resistencia.

Conforme se fai maior o consenso social en favor da igualdade entre as persoas, independentemente de raza, xénero ou clase, é menos aceptable discriminar a ninguén por estas características. As políticas no favor da igualdade son percibidas negativamente polos grupos que posúen privilexios derivados do seu xénero, de ser cidadáns dun estado ou da súa riqueza, pero non poden combatelas cun discurso simplemente racista, machista ou plutócrata; deben polo tanto disfrazar as súas reivindicacións para facelas moralmente lexítimas.

Doutra banda, o fortalecemento dos sistemas democráticos fai que en boa parte do mundo os privilexiados xa non atopen tan aconsellable coma no pasado o recurso ao golpe de estado ou á violencia para deter os avances sociais das minorías.

Por estes motivos, o camiño para os grupos privilexiados manter as súas prerrogativas reside en estratexias moi semellantes ás da resistencia cotián. Eles mesmos recorren a alcumarse coma “resistentes” -nos Estados Unidos temos por exemplo a organización racista denominada “Aryan Resistance”-. O disimulo convértese nunha das súas principais armas: posto que o racismo, a homofobia e o machismo xa non son aceptables, son soterrados baixo consignas politicamente mais correctas, coma a defensa da liberdade persoal ou económica. O disimulo serve tamén para negar a propia responsabilidade nas desigualdades ou a existencia mesma destes problemas, ao tempo que se lle poñen cambadelas ás solucións.

Conforme se fai maior o consenso social en favor da igualdade entre as persoas, independentemente de raza, xénero ou clase, é menos aceptable discriminar a ninguén por estas características [...] Por estes motivos, o camiño para os grupos privilexiados manter as súas prerrogativas reside en estratexias moi semellantes ás da resistencia cotián

A loita pola hexemonía ideolóxica é importante nas confrontacións entre clases sociais. A competencia polos recursos ven acompañada pola construción de crenzas e ideoloxías que xustifican o dereito a estes bens, e podemos ver como as clases dominadas levantan creacións culturais con estes obxectivos, dende as historias de bandoleiros andaluces que socorren aos humildes, aos relatos das persoas escravizadas nos Estados Unidos que profetizaban a súa liberación inspirándose no episodio bíblico do pobo xudeu saíndo de Exipto. Do mesmo xeito, os resistentes contra a igualdade atópanse actualmente embarcados nunha cruzada de creación de mitos, os mais representativos dos cales son tal vez as teorías da conspiración. Algunhas destas lendas contemporáneas buscan asentar a lexitimidade das reclamacións dos grupos dominantes, aos que representan coma vítimas. Así, no tocante á raza, asistimos á propagación de teorías da conspiración que afirman que a “raza europea” está sendo obxecto dun xenocidio: elites na sombra estarían desexosas de facela desaparecer, vía hibridación e promoción da homosexualidade e o feminismo, para así controlar o mundo. En canto ao xénero outra destas teorías sostén que os varóns heterosexuais brancos son gravemente damnificados polas políticas a prol da igualdade; as mulleres, manipuladas polos movementos feministas xa non apreciarían as virtudes dos homes auto denominados “incels”, que se verían abocados ao celibato. A construción de mitos comúns fai transversal á clase social a loita contra a igualdade, unindo a traballadores pobres temerosos de ser desprazados por mulleres ou inmigrantes con propietarios e podentes que desexan manter ou aumentar os seus privilexios.

A crise sanitaria global resultou unha conxuntura ideal para a construción de mitos, moitos deles  destinados a loitar contra a igualdade. Por exemplo, o feminismo foi criminalizado dende as posicións mais conservadoras, responsabilizando ás manifestacións do día 8 de Marzo de espallar a pandemia no estado español. O temor á ciencia e o rexeitamento ás medidas sanitarias serven para levantar a pantasma de conspiracións mundiais, inimigos invisibles que se apoderan das institucións, lexitimando por tanto a resistencia, mesmo violenta, contra delas.

Neste verán puidemos ver ás persoas dos barrios do estado español coa maior renda per capita manifestándose contra o confinamento. Tamén aquí as alegacións recorreron ao vitimismo, criticando as medidas de illamento, das que denunciaban que poñían en perigo a economía e a liberdade; tratouse da apropiación polos mais ricos dun dos xeitos de protesta mais humildes imaxinable -as 'caceroladas', que neste caso incluíron a presenza dalgún pau de golf coma percusor-, e veu acompañada por reivindicacións que atacaban non só a xestión da pandemia, se non a un goberno favorable ás  políticas igualitarias. Baixo a pretendida loita por salvar a economía e o dereito de reunión contra as medidas de confinamento, atópase tamén unha defensa dos privilexios dos propietarios dos medios de produción, que, a diferencia dos operarios que deben asistir ao seu posto de traballo fisicamente, poden controlar de xeito telemático aos traballadores.

Baixo a pretendida loita por salvar a economía e o dereito de reunión contra as medidas de confinamento, atópase tamén unha defensa dos privilexios dos propietarios dos medios de produción, que, a diferencia dos operarios que deben asistir ao seu posto de traballo fisicamente, poden controlar de xeito telemático aos traballadores

Non cabe subestimar a importancia das tácticas de resistencia cotián. As clases subalternas levan empregándoas dende sempre porque conseguen mellorar as súas vidas mediante elas, minimizando  a extracción de recursos á que son sometidas polas clases dominantes, e creando xustificacións morais para as súas actuacións. Do mesmo xeito, as clases privilexiadas opóñense ás políticas igualitarias, e tamén se adican á creación e difusión de rumores, difamacións e mesmo sistemas de crenzas enteiros, que poden mobilizar a moitas persoas: unha vez se consegue consenso social dabondo, pode pasarse da resistencia ao ataque con bastante efectividade, xa sexa para destruír unha planta de extracción de area ou mesmo tomar o Capitolio.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

AGANTRO
Agantro Tatuaxe: terapia e tendencia
Da marxinación á moda, o carácter simbólico e ritual da tatuaxe atópase actualmente erosionado polas dinámicas capitalistas.
AGANTRO
Agantro O número 262 dunha rúa no Porto
Nunha casa do Porto estudantes de todo o mundo entrelazan culturas e lembranzas, deixando nas súas paredes un rastro de convivencia e cambio continuo.
AGANTRO
México O mundo en chamas
Escribo dende México sobre a violencia no país e no mundo, pois alén da invención da «narcocultura», compre reflexionarmos sobre o violentamento global do imaxinario, a sociedade e a política.
Tribuna
Tribuna Para acabar de una vez con las nucleares: sobre el último intento de prolongar la vida de las centrales
Los voceros de la nuclear han encontrado la oportunidad ideal para difundir sus bulos con el apagón del 28 de abril. Quieren generar polémica para mantener operativa una infraestructura innecesaria, peligrosa y que genera residuos incontrolables.
Comunidad de Madrid
Luis A. Ruiz Casero “Durante la transición la cárcel de Carabanchel albergó a más presos que en algunos años del franquismo”
De los presos franquistas que construyeron el penal, pasando por los que fueron fusilados, hasta los revolucionarios que pusieron patas arriba el centro penitenciario con iniciativas como la COPEL, Luis A. Ruiz Casero ofrece en 'Carabanchel. La estrella de la muerte del franquismo', un documentado homenaje a las luchas de las personas internas.
Análisis
Análisis ¿Existe una identidad europea?
El 9 de mayo se celebra el “día de Europa”, que conmemora la paz y la unidad en el continente y que coincide con la declaración presentada en 1950 por Robert Schuman que sentó las bases de la cooperación europea. Pero, ¿qué es Europa realmente?

Últimas

Eventos
Evento Un Salto al periodismo desde el barrio: acompáñanos en un directo sobre periodismo situado
El Salto organiza un evento centrado en el potencial de los formatos sonoros para transmitir información veraz y fiable de forma cercana. Para hacer periodismo desde el barrio y barrio desde el periodismo.
Sanidad
GENOCIDIO EN GAZA 200 trabajadoras del Hospital de Cruces piden vetar los fármacos de Teva Pharm
Las profesionales sanitarias registraron el pasado 2 de mayo una petición ante la Dirección de Osakidetza para exigir la retirada inmediata de todos los productos de la farmacéutica israelí.
Ayuntamiento de Madrid
Fórmula 1 en Madrid Madring: el gran evento de la “marca Madrid” que no respeta trámites ni esperas
El Ayuntamiento ha aprobado la licencia de obras del futuro circuito de Fórmula 1 mientras el plan urbanístico del mismo está recurrido en el Tribunal Superior de Justicia de Madrid y sin resolver a las alegaciones de la oposición ni vecinales.
Madrid
Madrid El grito de ‘Altri Non!’ llega al Congreso de los Diputados
La Plataforma Ulloa Viva y organizaciones ecologistas exigen directamente al Gobierno español que rechace subvencionar el proyecto de la macrofábrica de celulosa y que respete la voluntad del pueblo gallego.
El Salto Radio
El Salto Radio Malismo
Hacerse el “malote” aporta beneficios: entrevista con Mauro Entrialgo, autor de Malismo, un ensayo sobre los mecanismos de ostentación del mal
Libertad de expresión
Libertad de expresión La Justicia da la razón al humorista Héctor de Miguel, Quequé, frente a la denuncia de Abogados Cristianos
La Audiencia Provincial de Madrid estima el recurso de apelación presentado por Héctor de Miguel, imputado por unas declaraciones tras una denuncia de Abogados Cristianos.
Senegal
Senegal El Gobierno senegalés cumple su primer año en el poder con más preguntas que respuestas
El Pastef, el partido panafricanista senegalés, llegó a la presidencia a finales de marzo de 2024 con propuestas radicales de cambio. Un año después, limitado por la deuda externa, mantiene el apoyo popular mientras busca un nuevo acuerdo con el FMI.
There Is Alternative
There Is Alternative There Is Alternative #3: de bancos que financian genocidios, finanzas éticas y todo lo que no sea Netanyahu
Tercer episodio del podcast There Is Alternative de El Salto Radio sobre empresas que ganan dinero con la masacre al pueblo palestino, de la banca armada que les ayuda y de las alternativas de las finanzas éticas.

Recomendadas

Pensamiento
Lola Olufemi “No me atraen las utopías lejanas, estoy más interesada en el ahora”
La escritora e investigadora británica Lola Olufemi trabaja desde la certeza de que el presente no es una jaula, desde la confianza en que viviremos cosas diferentes aunque no se sepa exactamente de qué tipo van a ser.
Industria armamentística
Genocidio Las relaciones armamentísticas de España e Israel han sido “más lucrativas que nunca” desde octubre de 2023
Un informe del Centre Delàs señala diferencias significativas en las armas que España dice que ha vendido a Israel y las que Israel registra. Las empresas israelíes han firmado 46 contratos con las administraciones por más de mil millones.
Catalunya
Acción directa Las Sublevaciones de la Tierra francesas llegan a Catalunya: “Necesitamos una forma nueva de luchar”
Una acampada de tres días y una acción simbólica han sido el pistoletazo de salida de Revoltes de la Terra. La organización ha sido capaz de unir a ecologistas de campo, de ciudad y campesinado en una dinámica de lucha “nueva”.