Activismo
Centos de persoas organízanse para impedir un acto de Vox en Santiago de Compostela
Diversos colectivos da sociedade civil galega chaman a un boicot e a impedir a realización do acto de inicio de curso de Vox en Santiago de Compostela. A extrema dereita española ten previsto levar a cabo este luns pola tarde un acto no barrio compostelán de Santa Marta, coa presenza de figuras como Jorge Buxadé e María Ruíz, coñecidos, sinalan os activistas, pola articulación de políticas e discursos racistas, machistas e dirixidas contra a clase traballadora galega. Ante esta situación, ducias de colectivos convocan unha mobilización ás 19h fronte ao Centro Sociocultural de Santa Marta “para facerlles fronte e frear o avance do fascismo”.
Os colectivos organizadores chaman a unha resposta unitaria contra a presenza de discursos fascistas e reaccionarios nas rúas galegas e sinalan aos partidos de ultradereita e aos medios de comunicación como “peza chave para a expansión de ideas fascistas”. Así mesmo, as convocantes critican ao Goberno municipal de Santiago pola cesión do Centro Sociocultural de Santa Marta e aos medios que permiten a realización de actos da extrema dereita.
O movemento antifascista chama á clase traballadora a dar resposta contra o fascismo, xa que din: “Somos as traballadoras galegas as que temos a capacidade para acabar cos discursos reaccionarios e autoritarios e defender os nosos dereitos e liberdades políticas”.
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!