Activismo
Centos de persoas conseguen frear o acto de Vox en Santiago de Compostela
Varios centos de persoas, convocadas por preto de vinte colectivos antifascistas, impediron un acto de Vox en Santiago no que tiña previsto participar o xefe da delegación de Vox na Unión Europea e coñecido propagandista de extrema dereita, Jorge Buxadé. O sucedido provocou tensión ás portas do centro sociocultural de Santa Marta, que permaneceu pechado despois de que máis de 50 mozos e mozas se encerrasen a media tarde para evitar que o acto se celebrase.
Con berros como “aquí non pasa Vox”, “aquí están os antifascistas” ou “ningunha persoa é ilegal”, centos de persoas concentráronse fronte a este centro cultural compostelán para amosar o seu rexeitamento ao evento da extrema dereita española. Despregouse un dispositivo policial que mantivo separados, sen incidentes, aos manifestantes e aos simpatizantes de Vox.
Nas súas declaracións aos medios, Buxadé responsabilizou ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, de que se dean este tipo de concentracións, e criticou tamén á alcaldesa de Compostela, Goretti Sammartin (BNG), por “pechar” as instalacións, que son de titularidade municipal.
Pouco despois, cando a concentración comezaba a disolverse, produciuse un enfrontamento entre un grupo de manifestantes e os axentes, o que derivou nunha carga policial. Finalmente, os asistentes á convocatoria abandonaron os arredores do centro sociocultural de Santa Marta pouco despois de caer o sol.
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!