La radio a través de la radio
O galego na rede: a eclosión dos podcast

O aumento do número de podcast producidos en España nos últimos anos é innegable. Xa sexan contidos creados co soporte dos grandes grupos de medios ou iniciativas moito máis pequenas levadas a cabo por particulares con poucos máis recursos que un micrófono e un ordenador. O difícil non é gravar un programa, senón mantelo ao longo do tempo e, sobre todo, conseguir que teña visibilidade na rede, unha tarefa que se complica aínda máis se a vehicularidade do teu contido reside nunha lingua minorizada.
Coa fin de paliar esta dificultade engadida e dar difusión aos podcast en galego, naceu PodGalego unha plataforma independente que agrupa entre 80 e 90 programas en activo. “Despois de crear podgalego xurdiron algúns, incluso moitos comezaron a chegar dende as radios libres”, comenta Uxío Broullón, un dos impulsores do directorio que asegura que “crear contido en galego para internet é un traballo de canteira. Hai que ir desfacendo a pedra con pingas”.
Esta crecente oferta de contido sonoro en galego é ademais moi diversa, tanto nos formatos empregados, que van de dende os xéneros xornalísticos máis puros ata desenfadadas conversas entre amigos, como nas temáticas que abordan. Pero, ¿segue existindo a sensación de que o galego actúa como teito de cristal á hora de medrar en Internet?

Serie de podcasts que rinden tributo a todos aquellos que hicieron, hacen y harán programas de radiodifusión.
Relacionadas
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!