Honduras
Erika García e Diana Guillén: máis feminismo fronte a ditadura en Honduras

Érika García e Diana Guillén, traballadoras do Centro de Derechos de Mujeres, achégannos a realidade do activismo e a situación en Honduras, onde centos de feminicidios quedan impunes cada ano e aumenta a represión baixo unha nova ditadura ‘made in USA’.

Diana Guillén Erika Garcia
Erika García e Diana Guillén en Compostela
@osaltogz
18 abr 2018 20:03

Estas semanas están de xira no país dúas activistas e feministas hondureñas, dentro do proxecto O mundo que queremos. Érika García e Diana Guillén traballan no Centro de Derechos de Mujeres de Honduras (CDM), unha organización que loita polo “fortalecemento da autonomía, o exercicio e o goce dos dereitos, a cidadanía, a igualdade e a xustiza de xénero para as mulleres”. Estes días compartiron coñecementos en varias vilas galegas. Quedamos con elas en Compostela para falar de feminismos, das violacións de dereitos humanos e da ditadura instaurada en Honduras desde hai uns meses.

Segundo datos de La Vía Campesina, en Honduras hai 2 millóns de mulleres campesiñas das que o 86% non ten acceso á terra. Como enfronta este problema o CDM?
E.G: O que sucede coas mulleres campesiñas é que os títulos de propiedade ou de recuperación de territorio están a nome do xefe da familia, que é un home. Se hai unha separación eles quedan coa propiedade. Margarita Murillo, asasinada en 2014, era unha campesiña que loitaba por que as mulleres quedasen coas súas propiedades e que eses títulos non se puidesen vender despois, algo que os homes adoitaban facer non só para enriquecerse, senón tamén para evadir as responsabilidades de manutención dos fillos. É unha conduta machista moi arraigada.
Desde o CDM impulsamos as hortas familiares para que na súa terra, as mulleres poidan sementar e ter cultivos para o consumo das súas familias. Tamén hai hortas en áreas urbanas de San Francisco Morazán, onde as mulleres teñen hortas urbanas e venden os alimentos que elas cultivan, creando un soporte económico para elas, xa que a maioría son nais solteiras.

Centro de Derechos de Mujeres honduras
Mulleres formadas no Centro de Derechos de Mujeres. Imaxe: CDM

Axudades tamén a moitas mulleres que traballan en maquilas. Cal é a situación e en que consiste a vosa axuda?
D.G: O CDM ten dúas oficinas, unha en Tegucigalpa e outra en San Pedro Sula, que é onde está a maior poboación de traballadoras na industria. O ano pasado eran unhas 124.000 e poucas delas estaban sindicadas. Nesa zona hai 240 empresas maquilas e só 24 sindicatos. Desde o CDM formamos ás compañeiras dos sindicatos en dereitos humanos e laborais e en perspectiva de xénero para que sexan elas as que fomenten o cambio dentro das súas estruturas de traballo e das súas comunidades.

Que beneficios supuxeron este tipo de accións para as mulleres?
D.G: Están empoderándose e chegando a postos na xunta directiva dos sindicatos e están moito máis formadas en dereitos laborais e dereitos humanos. Ademais teñen un papel activo de colaboración nas problemáticas laborais ou de violencia doméstica coas súas compañeiras de traballo.

Nos últimos anos houbo máis de 4.000 feminicidios e a gran maioría quedaron impunes. O movemento feminista está traballando nese sentido. Cal é a situación actual?

E.G: En 2014 e 2015 a taxa elevouse. Desde entón, as cifras oficiais din que hai unha baixada, pero sabemos que se nos ocultan cifras. Aínda así, son altas: en 2017, segundo un observatorio universitario, houbo unha muller asasinada de forma violenta cada 17 horas. A percepción da cidadanía é que as cifras non só non baixaron, senón que van en aumento.
D.G: Tamén están cambiando as figuras destes delitos. O estado está optando por cualificalas como “mortes indefinidas” en lugar de como feminicidio. Son moi poucos os casos xulgados como feminicidio, en parte pola cultura e formación do persoal xudicial. As estatísticas do observatorio universitario foron incluso menores que as que deu o Centro Estadístico Policial (Cepol). En 2017, 385 fronte a 393.
E.G: En 2016 foron 460 casos segundo o Cepol e só houbo dúas sentenzas condenatorias por feminicidio. O resto quedaron impunes, ás veces por non ser tipificados como feminicidio e outras porque non se investigan e quedan como “morte violenta”, sen máis.

Os dereitos sexuais e reprodutivos están en claro retroceso pola influencia que teñen os grupos fundamentalistas e as igrexas, que practicamente son o segundo poder que está a gobernar Honduras.
Feminicidios honduras
Protestas contra os feminicidios en Honduras. Imaxe: CDM

Desde hai uns anos non hai educación sexual nas escolas e en consecuencia hai un aumento dos embarazos en mulleres adolescentes. Cal é o papel das igrexas nesta decisión política?
D.G: Os dereitos sexuais e reprodutivos están en claro retroceso pola influencia que teñen os grupos fundamentalistas e as igrexas, que practicamente son o segundo poder que está a gobernar Honduras. Estes grupos están moi ligados ás estruturas de goberno, cun congreso moi conservador que non deixa lugar a ningunha política aos dereitos humanos das mulleres. Por exemplo, en 2009 aprobáronse as guías de educación sexual nos centros de educación secundaria e a partir do golpe dese ano, as guías foron queimadas en fogueiras, literalmente. Despois prohibiron a píldora anticonceptiva e actualmente aumentaron as penas para o aborto baixo calquera suposto. Honduras é o segundo país de Latinoamérica con máis embarazos en adolescentes.
E.G: Antes mesmo se falaba de pracer, de masturbación, era unha formación integral. Agora só no 4% dos institutos hai educación sexual e nin sequera é integral, quedan na parte anatómica. Incluso eliminaron os debuxos dos órganos reprodutivos.

Discutiuse un novo código penal no que participaron consultores españois da AECID. O delito por aborto quedou igual e incluíronse tipos penais coma terrorismo para determinados casos de protesta social.

Cal é o debate social actual sobre a píldora e sobre o aborto?
E.G:
O ano pasado creouse a plataforma “Somos Muchas”, formada por organizacións feministas entre as que estaba CDM, para loitar pola despenalización do aborto en determinadas causas. O ano pasado discutiuse un novo código penal no que participaron consultores españois da AECID (Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo). Desde a plataforma tentamos reunirnos con eles e dicían que ían cambiar cousas pero ao final non pasou nada. O delito por aborto quedou igualiño no novo código penal, e incluíronse tipos penais coma terrorismo para determinados casos de protesta social.
D.G: Tamén tipificaron como delitos as ofensas aos sentimentos relixiosos en caso de denuncias e protestas contra as accións de grupos fundamentalistas e igrexas.

Iso sóanos...
E.G:
Xa, despois soubemos que os consultores españois tiñan unha liña moi parecida ao seu código e foi un auténtico retroceso. O aborto quedou exactamente igual (3-5 anos de prisión), e subiron as penas para o persoal de saúde con penas de ata 10 anos. En abril de 2017 houbo un debate social en todo o país, algo inédito en Honduras e que foi un logro importante para nós. Houbo unha concienciación, pero desde o Congreso non houbo vontade política. Un día convocamos unha protesta fóra do Congreso e á mesma hora convocaron aos grupos fundamentalistas e converteuse nunha cousa moi violenta, con coitelos, pedras.
D.G: Moitos deles eran persoas convocadas polo partido do Goberno, que se mobilizaron en vehículos do estado. Os enfrontamentos violentos deste grupo fundamentalista relixioso estaba preparado.

O CDM forma parte da Plataforma 25 de noviembre. Cal é a actividade da plataforma e a situación do movemento feminista na actualidade?
E.G: A plataforma e o movemento feminista en Honduras están nun momento de debate ao redor das eleccións do pasado ano. Para moitas organizacións eran ilegais e non se podían avalar, mentres outras organizacións tiñan outras visións. Foi un momento de debate entre organizacións e aínda non hai un posicionamento claro sobre que facer agora que a ditadura xa está conformada.

O mundo que queremos Honduras
Diana Guillén e Erika García nun obradoiro en Galiza. Imaxe: O mundo que queremos

A 'NOVA' DITADURA DE JUAN ORLANDO HERNÁNDEZ

Despois da fraude electoral houbo meses de moitas protestas e represión. Seguen activas esas mobilizacións ou asúmese a realidade?
E.G:
Xa non hai protestas. O 20 de xaneiro a Alianza de Oposición convoca un paro nacional ata o 27, que era a toma de posesión. Foi unha semana de accións onde cambiou a estratexia de represión do Goberno. Primeiro a xente saía á rúa e tomaba as estradas pero despois o país militarizouse moitísimo. Non deixaban que a xente saíse á rúa e a forza das protestas viuse reducida. A cantidade de militares, policías, cobras, tigres, policías antidroga e de intelixencia era impresionante. A xente comezou a ter medo e despois quedaron pequenas mobilizacións por sectores e comunidades que son convocadas pola poboación, non por ningún organismo nin grupo político.
D.G: As accións que se está tomando agora van no camiño de defender aos 12 presos políticos que hai actualmente. Hai un grupo de avogados e avogadas que están tentando liberar a estas persoas. Houbo máis de 1000 arrestos en decembro e xaneiro e o máis que se pode facer é denunciar as violacións de dereitos humanos que se deron durante ese tempo. Estes presos políticos están nun estado horrible, sendo tratados peor que animais.

Hai  policías creadas con fondos estadounidenses que se encargan de dar capacitacións e de intelixencia, proporcionan armas e tecnoloxías impresionantes. Para ser un país tan pobre, temos drons de vixilancia, submarinos…

Laura Zúñiga Cáceres, filla de Berta, dicía que cada vez había máis activistas e en consecuencia, máis represión. É máis arriscado ser activista agora?
E.G:
Ese é o problema. O grao de militarización é incluso peor que no Golpe de Estado de 2009. Antes reprimían a Policía Nacional e as forzas armadas, pero agora hai moitísimas policías creadas con fondos estadounidenses que se encargan de dar capacitacións e de intelixencia, proporcionan armas e tecnoloxías impresionantes. Para ser un país tan pobre, temos drons de vixilancia, submarinos…
D.G: O equipamento de cada policía ten un valor de 5.000 dólares. Cada ano Juan Orlando está integrando 500 oficiais máis e xa leva 3-4 anos así, case 2000 oficiais só na policía militar. Ademais de que el é o dono da maioría de empresas de seguridade privada. En Honduras é habitual ver as colonias pechadas, con persoal privado impedindo o paso. Ten o control de todos os poderes do estado. O ditador agora en goberno, que se reelixiu de forma fraudulenta, ilegal e anticonstitucional, permítese retirar aos maxistrados da corte suprema e colocar os que el quere para aprobar as leis e os recursos que el interpoña.

Honduras1
Xa non hai debate sobre se é unha ditadura ou unha democracia.
E.G: Non, está claro. Incluso moita xente votante do seu partido está indignada. E si que hai máis activismo agora, pero tamén hai máis medo. Hai unha poboación nova que din que non mide o perigo, cando en realidade é unha poboación que non ten oportunidades e polo tanto non ten nada que perder.
D.G: Non hai opcións de traballo, de estado, de saúde… Os niveis de impunidade por corrupción son altísimos. Descubriuse que o partido actual de goberno desfalcou ao seguro, roubaron fondos e adicáronos a pagar as súas propagandas políticas. Vendían contratos para que empresas lles desen medicamentos falsos para a sanidade. Houbo 3000 mortes a consecuencia disto, a maioría mulleres, e actualmente só hai unha persoa xulgada que está recluída pero sae cando quere aos lugares que quere.

O movemento que xurdiu da indignación e da rabia precisa formación política para ter claras as cousas e non saír só a protestar

Malia esta impunidade coa corrupción ou os feminicidios, a represión, a fraude nas eleccións, seguides facendo activismo. Como xestionar a frustración?
E.G:
É moi frustrante, pero non se pode non facer nada. Hai un movemento de perda no movemento social pero moitas de nós xa sabiamos que isto ía pasar, levamos anos vendo os comportamentos ditatoriais de Juan Orlando. Desde o CDM e outras organizacións sociais queremos crear un tecido social nas novas xeracións que saíron á rúa para formalos, porque mentres tanto non podemos facer máis. Este movemento que xurdiu desde a indignación e da rabia precisa formación política para ter claras as cousas e reproducir os plantexamentos politicos para non saír só a protestar, senón saír tamén cunha estratexia efectiva que achegue ao cambio social. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Honduras
Asesinatos políticos Las balas con nombre y apellido que aguardan por los campesinos en Honduras
Los asesinatos de defensores y defensoras de la tierra en Honduras, así como de sus familiares cercanos, se multiplican en el Bajo Aguán, en Honduras.
Honduras
Honduras Los derechos sexuales y reproductivos son una deuda pendiente del nuevo gobierno en Honduras
El gobierno de Xiomara Castro aprueba la despenalización de la “píldora del día después” solo en caso de violación, las organizaciones feministas califican de “farsa y burla” esta nueva medida.
América Latina
América Latina América Latina: Una perspectiva de progreso en un contexto convulso
Para afianzarse, el bloque progresista deberá construir un discurso ideológico alternativo de marcado carácter regional que escape del marco ultraderechista regionalizado.
Análisis
IPC y Salarios ¿Es la inflación igual para todos?
El IPC y la inflación, para el cálculo del incremento de salarios y de pensiones, son ambos un continuo y acumulativo vector de desigualdad social.
Palestina
Acampadas pro palestinas Las acampadas advierten que el comunicado de los rectores busca la desmovilización
En diferentes comunicados y ruedas de prensa, las asambleas de las acampadas califican de hipócrita e insuficiente la posición de la CRUE
Literatura
Opinión Lectura enemiga y lectura aliada
La lectura enemiga aprueba las infiltraciones, las escuchas ilegales, el patrullaje cibernético, se sienten autorizados a meter las narices en las ideas que movilizan la vida de los otros.
Catalunya
Elecciones en Catalunya Andrés García Berrio: “Nuestro objetivo es evitar el retorno de la sociovergencia y las medidas del pasado”
Entrevista con el abogado y activista Andrés García Berrio, que da el salto a la política como número tres en la lista de Comuns Sumar en la provincia de Barcelona.
Extrema derecha
Perspectivas electorales La ultraderecha en Austria aprende a cabalgar el tigre
El Partido de la Libertad de Austria (FPÖ) lidera desde hace meses los sondeos para las próximas elecciones europeas en el país centroeuropeo, con entre un 22% y un 28% de la intención de voto.
Crisis climática
Crisis climática El podio en emisiones y el vertido de Perú centran la triple protesta en la junta de accionistas de Repsol
La nula reducción de emisiones por parte de la empresa española que más contribuye a la crisis climática y su escasa respuesta ante el desastre de la refinería peruana de La Pampilla en 2022 han centrado las protestas de las organizaciones sociales.

Últimas

Ocupación israelí
Palestina Una manifestación estatal conmemora la fecha de Al Nakba palestina en Madrid
Este sábado se realiza la tercera marcha unitaria que hará no solo de conmemoración de Al Nakba de 1948 sino que se suma a la intensa movilización mundial de protesta contra el genocidio palestino.
Ayuntamiento de Madrid
Lucha vecinal El pelotazo de los curas salesianos con una pista de pádel que provoca la indignación vecinal
Con un informe pericial que demuestra que el sonido que genera la pista de pádel dentro de los domicilios supera lo que marca la ley, vecinas y vecinos de Tetuán denuncian el uso lucrativo de un espacio educativo como es el colegio San Juan Bautista.
Formación El Salto
Formación El Salto Fotoperiodismo y movimientos sociales: una mirada a las luchas desde abajo a través de un objetivo
La Escuela de Periodismo Crítico de El Salto ofrece su primer curso presencial, en el que abordaremos, de la mano de nuestros fotógrafos, cómo plasmar a través de la imagen movilizaciones y resistencias.
Más noticias
Opinión
Opinión El futuro tiene una fecha límite: tenemos que atrevernos a ganar ahora
La alienación general, la apatía y el escaso análisis material respecto al significado de nuestras crisis combinadas son muy preocupantes. Este no es un camino para avanzar, no tiene ninguna posibilidad de éxito.
Palestina
Palestina El grito contra la masacre israelí en Gaza florece en la primera acampada de las universidades gallegas
Estudiantes del campus de Elviña de la Universidade da Coruña han hecho de avanzadilla del movimiento estudiantil que ultima los detalles para las asambleas que se sucederán en las tres universidades gallegas a comienzos de la semana que viene.
Análisis
Análisis El engaño comercial vuelve bajo el disfraz panafricanista
El Banco Mundial, principal defensor de la Zona de Libre Comercio Continental Africana, afirma que esta acelerará el crecimiento económico, pero la evidencia empírica indica que los beneficios esperados no serán tales.
Violencia machista
Ayuntamiento de Madrid Almeida aloja a víctimas de violencia machista en hoteles por la falta de plazas en los recursos de emergencia
En la semifinal de la Champions un hotel ordenó desalojar a tres mujeres víctimas de violencia machista, una de ellas derivada fuera de la ciudad, algo “puntual” según el Ayuntamiento.

Recomendadas

Crisis climática
Ana Moreno, científica “La política no está entendiendo la gravedad de la emergencia”
Ana Moreno, investiga Instituto Pirenaico de Ecología, fue invitada a hablar ante el Pleno del Ayuntamiento de Zaragoza sobre el porqué de la acción de desobediencia civil protagonizada por Rebelión Científica en abril de 2022 en el Congreso.
Universidad
Movilizaciones Las universidades españolas romperán las relaciones con los centros israelís que no se comprometan con la paz
La junta de rectores y rectoras, que agrupa a 76 universidades de España, 50 públicas y 26 privadas, emite un comunicado en el que anuncia que se revisarán los acuerdos de investigación con actores israelíes que no se comprometan con la paz.
Exhumación de fosas comunes
Memoria histórica Víctimas de la fosa de Paterna se querellan por desaparición forzosa
CEAQUA presenta una nueva demanda judicial en la que cuatro víctimas del franquismo alegan que el asesinato de sus familiares fueron crímenes de lesa humanidad.
Investigación
Investigación Diez millones a dedo en cinco años: así pagaron Feijóo y Rueda la lealtad de la prensa afín con dinero público
Desde ‘La Voz de Galicia’ hasta el canal de extrema derecha de Javier Negre, los últimos dos presidentes de la Xunta de Galicia han repartido entre la prensa más acrítica con la gestión de sus gobiernos al menos 3.686 contratos sin concurso previo.