Elecciones del 26 de mayo
Catro anos despois, todo cambiou nas candidaturas do cambio

Madrid, Barcelona, Zaragoza, Cádiz, A Coruña, Compostela e Ferrol puxeron nome ás “cidades do cambio” que, no 2015, abriron a porta de saída ao bipartidismo e xeraron espazos de confluencia capaces de gobernar neses municipios. A vinte días das eleccións locais os espazos políticos de hai catro anos modificáronse e cada vez parécense menos entre si.

Municipalismo Asamblea
Vista xeral dunha asemblea do municipalismo previa ás eleccións do 2015. Álvaro Minguito
Tradución: Raquel C. Pérez
7 may 2019 18:06

“O cambio non busca amigos, o cambio dita o ritmo ao que bailamos”. A frase, da serie Deadwood, incide sen pretendelo no desgaste que o significante “cambio” sufriu dende o 2015. Moitas cousas teñen mudado dentro das cidades do cambio, que chegan ás eleccións locais do 26 de maio máis vellas, con máis experiencia e con novas escisións e aventuras.

O 24 de maio do 2015, cando esas candidaturas alzáronse como primeira ou segunda forza nun puñado de cidades, o bipartidismo do PP e PSOE mudou noutra cousa, e só pasarían uns cantos meses até a súa desaparición. Madrid, Barcelona, Zaragoza, Cádiz, A Coruña, Compostela e Ferrol foron, aquel domingo de hai catro anos, a cabeza da ponte para o desembarco dunha xeración que falaba en termos distintos aos da vella política. Non foron as únicas cidades nas que a esquerda extra PSOE gobernou, mais si aquelas onde os conceptos de cambio e confluencia—e incluso de municipalismo— escoitáronse con máis forza.

Pero o ritmo da música que se baila no 2019 modificouse completamente. Do runrún daquela primavera pasouse a unha música difícil de interpretar. As diferenzas entre territorios fixéronse máis profundas e incluso á dereita resúltalle complexo etiquetalo todo baixo a etiqueta das “alcaldías podemitas”. Nin sequera se comparte a percepción de que en moitas destas cidades deixarase de gobernar o 27 de maio, xa que en Cádiz ou en Compostela cabe a posibilidade de reeditar a vitoria.

As eleccións do vindeiro 26 de maio preséntanse como unha reválida nalgúns casos, noutros o escenario mudou completamente. O adianto das xerais ao 28 de abril aporta algunha información sobre como poden evolucionar as cidades do cambio na próxima cita.

Madrid: a escisión da alcaldesa

Os 519.210 votos que colleitou Ahora Madrid nas eleccións locais do 2015 seguen supoñendo un récord absoluto para a esquerda “á esquerda do PSOE” na capital. O 24 de maio do 2015 un 31% da poboación optou por Ahora Madrid—fronte ao 15,28% que votou ao PSOE—; hai unha semana as tornas cambiaron: o candidato socialista Pedro Sánchez obtivo o 27% dos votos e Pablo Iglesias, número un de Unidas Podemos, sacou o 16,51%, un total de 306.869 sufraxios. Os resultados do 2019, ademais, déronse nun contexto de maior participación, asociado ás eleccións xerais, nas que se producen máis votos que nas locais e autonómicas.

O escenario de cara as eleccións do último domingo de maio é o máis complexo de todas as candidaturas “do cambio”. O motivo principal hai que procuralo na ruptura da confluencia que permitiu o goberno de Manuela Carmena. Ahora Madrid desapareceu por vontade da propia alcaldesa, que en xaneiro presentou o seu propio proxecto, xerando así unha crise en Podemos. Más Madrid, o novo dispositivo electoral de Carmena, conta con algúns dos concelleiros da etapa de Ahora Madrid e incorporacións afíns á alcaldesa.

A lista Madrid en Pie Municipalista, na que se integraron os sectores descartados por Más Madrid, Izquierda Unida, Anticapitalistas e persoas procedentes de Ganemos Madrid, busca marcar perfís opostos aos do goberno de Carmena na súa relación cos poderes fácticos da capital. Encabezada polo ex-concelleiro de Hacienda Carlos Sánchez Mato, Madrid en Pie Municipalista confía en superar sen problemas o corte do 5% necesario para entrar no consistorio, para o que precisará arredor de 80.000 votos.

“Aínda que Más Madrid retroceda terreo respecto ao 2014, esta lista pode conseguir ser a forza máis votada

Paradoxalmente, aínda que Más Madrid retroceda terreo respecto ao 2014, esta lista pode conseguir ser a forza máis votada, tendo en conta o previsible retroceso do PP, que se resentirá tamén no terreo local debido ao momento de excepción na dereita, trala subida de Ciudadanos e o auxe de Vox. O equipo de Carmena—logo da traumática ruptura con Podemos—aspira a recuperar voto do PSOE, partido co que a alcaldesa ten amosado simpatías. Caso de repetirse as porcentaxes das xerais, os tres partidos de dereita sumarían suficiente para gobernar a cidade, sempre e cando se poñan de acordo para facelo.

De momento, a ausencia de Más Madrid dos principais debates electorais—ordenada pola xunta electoral central—restará forza á campaña de Voz, Ciudadanos e PP contra Carmena, dando visibilidade a Madrid en Pie Municipalista de cara a unhas eleccións nas que aparece coa desvantaxe de ser o último espazo político en conformarse.

Barcelona: Colau pode perder o primeiro posto

As proxeccións en Barcelona son tamén complicadas, xa que operan lóxicas distintas nas eleccións xerais, nas autonómicas e nas locais. No 2015 Barcelona En Comú (BeC) foi a forza máis votada nas eleccións municipais co 25,21% dos votos. O equipo encabezado por Ada Colau impúxose a Convergència—unha parte da cal concorrerá no 2019 coa marca Junts Per Catalunya—e dende entón goberna cunha xeometría moi variábel (e por momentos moi difícil) marcada pola presenza de seis grupos distintos no Ajuntament.

Os 176.000 votos que BeC obtivo no 2015 relaciónanse cos 142.763 obtidos por En Comú Podem nas pasadas eleccións xerais, pero o equipo municipal aspira a recuperar parte deses 35.000 votos para manterse como a forza máis votada. O eixo en Barcelona non será, previsiblemente, o de esquerda-dereita, senón o triplo entre comúns, independentistas e unionistas (PSC, Ciudadanos).

“A principal competidora de Colau pola primeira praza é Esquerra Republicana de Catalunya, que presenta a unha das súas figuras de referencia, Ernes Maragall, á alcaldía

A principal competidora de Colau pola primeira praza é Esquerra Republicana de Catalunya, que presenta a unha das súas figuras de referencia, Ernes Maragall, á alcaldía. As sondaxes sitúan ERC como primeira forza con dez dos 41 deputados e a Colau como segunda. PSC e Ciudadanos—partido polo que se presenta Manuel Valls—amósanse hostís a unha repetición de Colau, e o nacionalismo español de PP e Voz pode limarse entre o si o 5% preciso para entrar na corporación.

As Candidaturas d’Unitat Popular tamén poden quedar fora, debido ao efecto arrastre que Maragall pode supoñer no proxecto do independentismo en Barcelona. En calquera caso, o próximo concello está abocado a funcionar con pactos complexos e, de ser primeira forza, Colau estará nunha boa posición par aproveitar o escenario fragmentado a partir do 27 de maio.

Zaragoza: fractura e perda da alcaldía

Con 80.000 votos—tan só 7.000 menos que o PP— e o apoio de investidura do PSOE, Pedro Santiesteve converteuse en alcalde de Zaragoza en maio do 2015. Como Carmena e Colau, Santiesteve repite como candidato no 2019 baixo as siglas Zaragoza en Común. Ao igual que Carmena, os últimos meses estiveron marcados polas discrepancias coa dirección estatal de Podemos, disputas que desembocaron na división no seno da confluencia. Violeta Barba preséntase como alcaldable polas listas de Podemos-Equo á marxe de Zaragoza en Común despois de que, a finais de abril, non se chegara a acordo para a confección dunha lista conxunta.

Nas eleccións xerais do 28 de abril o PSOE foi a segunda forza máis votada na capital do Ebro, onde obtivo máis do 30% dos votos. Igual que en Madrid, Santiesteve aspira a que parte deses votos en chave estatal retornen nas locais a Zaragoza en Común. Pola súa banda Unidas Podemos obtivo o 14,92% dos sufraxios, 58.000 votos aos que aspiran tanto Barba coma o propio Santiesteve.En calquera caso, as sondaxes preelectorais apuntan a unha vitoria clara dos socialistas na capital—seguindo a estela da vitoria nas autonómicas—aínda que tanto no plano local coma no autonómica as tres dereitas poderían alcanzar a maioría para un pacto “á andaluza”. Zaragoza en Común non repetirá as cifras do 2015 e, segundo as enquisas, Podemos, a Xhunta Aragonesista e a confluencia encabezada por Santiesteve sumarán dous concelleiros cada un nun consistorio formado por 31 edís.

Bos Aires en Cádiz

Unha balsa de aceite. Iso é o que parece o proxecto “de cambio” en Cádiz, sobre todo se se compara co resto de confluencias do estado. José María González ‘Kichi’, alcalde da cidade, comparece como cabeza de lista en Adelante Cádiz para repetir no cargo e as enquisas din que o ten ao alcance da man.

No 2015 Kichi obtivo 18.277 votos con Por Cádiz Sí se Puede. Para 2019 a candidatura incorporou Ganar Cádiz en Común, que na ocasión anterior obtivo dous concelleiros e cinco mil votos longos. Se ben os resultados das eleccións xerais denotan certo estancamento ao respecto desas cifras—18.163 votaron por Unidas Podemos en abril—, o proxecto de Kichi aspira a recuperar grande parte dos votos que fixeron do PSOE o partido máis votado nas xerais.

“A entrada de Vox e o previsíbel crecemento de Ciudadanos un escenario de división da dereita que debería consolidar un segundo mandato de Kichi

Na dereita Juancho Ortiz, como candidato do PP, teno moi difícil para alcanzar a primeira praza que obtivo Teófila Martínez no 2015, posición que foi insuficiente para que a sempiterna alcaldesa popular repetira mandato. A entrada de Voz e o previsible crecemento de Ciudadanos (que xa foi segunda forza nas autonómicas de decembro) presentan un escenario de división da dereita que debería consolidar un segundo mandato de Kichi, activo importante de Adelante Andalucía e, por extensión, de Podemos.

Coruña, Compostela, Ferrol: tras a tempestade

A implosión do espazo político galego, que se plasmou en abril na candidatura de En Marea á marxe de Podemos e Esquerda Unida (EU) —candidatura que no logrou obter representación—ten, en aparencia, menos consecuencias nas eleccións municipais da que tivo nas pasadas xerais. Outro factor importante é que, no panorama galego, a división da dereita non é tan determinante, xa que Voz e Ciudadanos apenas teñen raizame no electorado conservador.

A ruptura orgánica vivida nos últimos dous anos fai que se manteñan dúas listas diferentes no municipio de Ferrol, onde se presentan Ferrol en Común—formada por Podemos, Anova e Esquerda Unida (EU)— y Marea de Ferrol —espazo vinculado ao portavoz de En Marea no Parlamento Luís Villares—.

No 2015 Ferrol en Común obtivo o 21,98% dos votos, que unidos aos resultados do PSOE e BNG permitiu gobernar a Jorge Suárez, quen repite no 2019 como candidato. Nas pasadas xerais Unidas Podemos obtivo o 7.047 dos votos, case os mesmos sufraxios que hai catro anos e En Marea apenas 307 votos. De cara as municipais Suárez aspira a recuperar parte do voto que dirixiu ao PSOE nas xerais a superar o PP, primeira forza nas eleccións do 2015.

Na Coruña Xulio Ferreiro aspira a renovar mandato coa Marea Atlántica. Con 36.842 votos—catro máis que o PP—foi a forza máis votada no 2015. As pasadas xerais “restaron” 8.000 votos a Unidas Podemos respecto a eses resultados, sufraxios que foron parar ao PSOE, claro gañador da cidade co 32% dos votos. Ferreiro, que ten tirón entre os votantes socialistas, desligouse da campaña de Unidas Podemos tralo cisma vivido nos últimos anos.

Na capital galega Compostela Aberta obtivo unha vitoria clara no 2015, cando conseguiu o 34,58% dos votos. Martiño Noriega repite como candidato á alcaldía de Santiago de Compostela, e faino nunha situación similar á de Xulio Ferreiro: aspirando a atraer a votantes do PSOE para derrotar a un PP que obtivo este mes de abril unhas cifras moi similares ás obtidas no 2015.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Partidos políticos
El evitable ascenso de Vox en 2019

El año ha estado decisivamente marcado por la emergencia del partido de Santiago Abascal. Hasta cinco elecciones han puesto a prueba la crisis de representación que vive España.

Pista de aterrizaje
María ‘La Paparachi’: “Andalucía está hecha por los barrios y sus gentes”

A María Valencia, vecina del Polígono Sur de Sevilla, todo el mundo la conoce como ‘La Paparachi’. Hace teatro, tiene un libro de cocina y quiere escribir otro sobre su vida; participa en varias asociaciones del barrio y tiene dos programas de radio.

Badajoz
Y la extrema derecha volvió a entrar en Badajoz

Badajoz será, con el paso del tiempo, el prototipo de muestra en el que se inspiren las derechas que pueblan toda la península sobre la manera en que se hacen las cosas.

#34138
12/5/2019 12:37

el fracaso de los cobardes.

3
0
#34189
13/5/2019 16:31

Íñigo Errejón
‏Verified account @ierrejon

Qué diferente sería España si todos los rivales políticos hablasen con el respeto y la calma con que lo hace Semper #L6Nborjasemper

0
0
Genocidio
Genocidio Los Gobiernos europeos reprimen las muestras de apoyo a Palestina ante la inminente masacre de Rafah
Estados Unidos suspende por el momento la entrega de bombas a Israel ante la perspectiva del arrasamiento de Rafah. La UE organiza un seminario con el ministro de Exteriores y sus gobiernos reprimen las muestras de apoyo a Palestina.
Universidad pública
Acampadas propalestinas “Es nuestro deber señalar la complicidad de nuestras universidades con el genocidio”
Arrancan las acampadas universitarias en Madrid para exigir el fin de las relaciones con Israel y el apoyo a las víctimas del genocidio. Las acciones de protesta están ubicadas en Ciudad Universitaria, centro simbólico de la lucha universitaria.
Opinión
Opinión ¿Por qué lo hacen?
Los estudiantes que ocupan Bolonia y otros lugares no pueden detener el Holocausto. Pero pueden señalar que estamos del lado de los colonizados de todo el mundo y que desertamos de la guerra que los nuevos Hitler nos están imponiendo.
Ocupación israelí
Ocupación israelí Israel ataca Rafah y se hace con el paso fronterizo con Egipto
Tel Aviv da la espalda a las negociaciones internacionales que piden un alto el fuego e invade Rafah, el último refugio de los palestinos de la Franja expulsados por la ofensiva israelí.
Elecciones
Elecciones Aliança Catalana: a las puertas del Parlament de Catalunya atizando la xenofobia y escondiendo la ‘estelada’
El partido liderado por Sílvia Orriols llega con una campaña mediática promovida por los principales medios españolistas del Estado, con el discurso antiinmigración como punta de lanza y con el deseo explícito de hacerse con parte del voto de Vox.
Sphera
Libertades civiles La secuela de un infiltrado
Los nuevos movimientos ecologistas llevan tiempo siendo objeto de vigilancia y criminalización por parte de los cuerpos de seguridad del estado y la judicatura.
Crisis climática
Nuevo hito climático El pasado mes fue el abril más caluroso jamás registrado
Con una temperatura promedio del aire en la superficie de 15,03ºC, el pasado mes fue 0,67ºC más caluroso que el promedio de dicho mes entre los años 1991-2020 y 0,14ºC más que el anterior récord, el de abril de 2016.

Últimas

Formación El Salto
Formación El Salto Fotoperiodismo y movimientos sociales: una mirada a las luchas desde abajo a través de un objetivo
La Escuela de Periodismo Crítico de El Salto ofrece su primer curso presencial, en el que abordaremos, de la mano de nuestros fotógrafos, cómo plasmar a través de la imagen movilizaciones y resistencias.
Ecología
¿RENOVABLES? La lucha contra los megaproyectos eólicos en Euskal Herria
Dicen querer luchar contra el cambio climático, pero el despliegue renovable no va acompañado por medidas reales para reducir el consumo fósil.
Aborto
"Mi voz, mi decisión" Madrid se llena de estatuas masculinas en favor del aborto
Una acción del colectivo Violetas(N) viste al famoso Oso y el Madroño o al exministro Alonso Martínez con el pañuelo verde en defensa del derecho al aborto, dentro de la campaña “Mi voz, mi decisión” para combatir el auge de la extrema derecha.
Palestina
Opinión Israel deja a la humanidad sin refugio
Otra vez Israel nos demuestra que puede hacer lo que quiera. Sus tentáculos de intereses económicos y sus sofisticadas bombas son capaces de asesinar a la justicia misma.
Más noticias
Sanidad pública
Sanidad Pública Aumenta el gasto en conciertos sanitarios mientras el Ministerio crea un observatorio de la corrupción
Organizaciones como Mareas Blancas piden la derogación de la ley 15/97, al tiempo que esperan el borrador de una nueva ley de gestión pública que el Ministerio de Sanidad estaría ultimando con los diferentes grupos parlamentarios.
Derecho a la vivienda
Derecho a la vivienda Podemos amenaza con romper con el Gobierno si no aprueba una nueva moratoria hipotecaria
La medida vence el próximo 15 de mayo y protege al menos a 30.000 hogares. La PAH defiende que la ley no solo tiene que ser prorrogada sino mejorada para que llegue a las familias que la necesitan.
Contaminación
Contaminación Los entornos escolares suspenden en calidad del aire
Un informe analiza 114 entornos escolares de cinco provincias y los resultados son alarmantes: ninguno cumple las recomendaciones de la OMS. Solo una quincena de municipios de los 149 obligados a ello ha implantado su zona de bajas emisiones.

Recomendadas

Cómic
Julie Doucet “Cada cómic es un experimento, no me gusta ceñirme a categorías asignadas por otros”
Julie Doucet, icono del cómic alternativo y feminista de los años 90, publica ‘El río’, su nueva novela gráfica que constituye un hito editorial, dado que llevaba un cuarto de siglo alejada del medio.
Universidad pública
Protestas contra el genocidio El consejero de Educación de Madrid pide sacar “la política” de la facultad de Políticas
La Comunidad de Madrid reacciona contra una declaración universitaria que exige al Santander, con quien la UCM mantiene un convenio, que deje de financiar proyectos contaminantes y a la industria armamentística corresponsable del genocidio en Gaza.