Ecología
As catro mil leguas de viaxe oceánica dunha fotógrafa galega para loitar contra a pesca ilegal

A fotógrafa e videógrafa pontevedresa Helena Constela leva máis de 11.700 millas a bordo de diferentes barcos de Sea Shepherd, unha ONG internacional que traballa na defensa dos océanos.
Helena Constela
8 jun 2023 06:00

Helena Constela loce a tatuaxe dunha ferradura no antebrazo esquerdo e un veleiro no brazo dereito, pero ben podería levar gravados na pel dous pardais como os mariñeiros de antano. Desde finais de 2021 esta moza de 26 anos orixinaria de Pontevedra leva surcadas máis de 11.700 millas náuticas (uns 21.700 quilómetros) a bordo de diversos barcos de Sea Shepherd, unha organización internacional sen ánimo de lucro que loita por protexer os océanos, principalmente da pesca ilegal. En inglés utilizan as siglas IUU (Ilegal, Unreported and Unregulated) para referirse a esa clase de pesca que non se controla en alta mar, destruíndo con impunidade o hábitat mariño.

Helena traballaba nunha promotora musical, un emprego a priori idóneo para alguén apaixoado por esta arte como ela. Neses anos formou parte do equipo que fixo a produción de concertos de Bob Dylan, Mark Knopfler ou Vetusta Morla. Houbo dous puntos de inflexión que encamiñaron o cambio vital que estaba por vir: a visualización do documental Seaspiracy (2021) de Kip Andersen e a viaxe que fixo en 2018 a Cabo Verde xunto cunha amiga para protexer a tortuga mariña Boba, unha especie en perigo de extinción: “A ONG Projeto Biodiversidade tiña unha filosofía de conservación moi respectuosa, non era un cazaturistas”, explica. Alí vivían nunha tenda de campaña na praia e polas noites patrullaban para evitar a caza furtiva destes réptiles, cuxa carne e ovos son moi demandados no mercado negro.

Cando volveu a Galiza a ecoansiedade tíñaa bloqueada: “Pasábao mal pensando que había xente por aí facendo cousas tan importantes e eu non estaba participando”, lembra. Tras a pandemia, un amigo que traballaba en Sea Shepherd propúxolle que se unise a unha embarcación en Liberia como fotógrafa, pero colleuna en medio dunha mudanza e tivo que desestimar a proposta. Meses despois, con esa negativa aínda en mente, volveu recibir unha mensaxe da mesma persoa coa mesma proposta: “Isto non vai volver pasar, ninguén vai chamar a túa porta tres veces”, espetoulle el. Ante as dúbidas da súa amiga, soltou a frase definitiva: “Imos salvar unha especie da extinción, como vas dicir que non?”. Isto aconteceu un sábado, e necesitaban que estivese embarcada dous días despois. O luns Helena deixou o traballo e o martes xa estaba voando cara a México para enrolarse na Operación Milagro, a primeira das cinco viaxes que fixo ata agora con Sea Shepherd.

Sea Shepherd é unha organización internacional sen ánimo de lucro que loita para protexer os océanos, principalmente da pesca ilegal

A Operación Milagro recibe este nome porque sería un verdadeiro milagre salvar da extinción aos chamados cochitos (Phocoena sinus), unhas toniñas de pequeno tamaño que habitan nas augas do Alto Golfo de California, unha reserva da biosfera protexida pola UNESCO. Este mamífero está ameazado porque se atopa nas mesmas zonas que as totoabas, cuxa vexiga natatoria é moi demandada no mercado negro chinés polas súas supostas propiedades afrodisíacas. O seu traballo consistía en rexistrar mediante fotografías e vídeos todas as operacións que levan a cabo en Sea Shepherd e o que acontece no mar; recoller probas en caso de que haxa algún tipo de delito medioambiental e tamén rexistrar visualmente as tarefas de mantemento do barco. Esa é a teoría, porque a realidade é que a bordo toda a tripulación ten que facer de todo. “Tes que estar aberta a facer calquera cousa: fregar pasillos, limpar baños, amarrar e desamarrar cabos, levantar redes.... É, sen dúbida, o traballo máis duro, e máis gratificante, que tiven na miña vida”, sintetiza a moza pontevedresa. No relativo ás súas tarefas, Helena mantén unha reunión diaria coa tripulación para saber que vai facer cada un e así, cámara en man, organizar a súa xornada. O resto do tempo invísteo en editar as fotografías e montar os vídeos, para os que tamén se serve de cámaras GoPro e dun dron que ela mesma pilota.

O seu traballo consistía en rexistrar mediante fotografías e vídeos as operacións no mar e recoller probas dalgún delito medioambiental

Tras varios meses a bordo regresou a Galiza, onde non tardaría en volver enrolarse na mesma operación. Esta ida e volta contínua está a ser a tónica habitual de Helena, pois precisa duns meses de desconexión tras tanto cansazo físico e mental. A terceira saída tamén foi a terras mexicanas, neste caso á illa Guadalupe, situada a 240 quilómetros da costa. A súa casa flotante para os próximos meses levaba o nome artístico do actor e colaborador da ONG Ramón Antonio Gerardo Estévez, máis coñecido como Martin Sheen. A Operación Divina Guadalupe estaba orientada a coñecer máis sobre os zifios de Cuvier, os cetáceos que máis profundidade alcanzan (case 3.000 metros) e máis tempo poden estar sumerxidos (ata 137 minutos). A contaminación acústica causada polas embarcacións pode desorientalos e, ao fuxir cara á superficie, provocar a súa morte debido ao cambio repentino de presión. 400 millas despois, Helena regresou a casa.

Tiven enfrontamentos moi tensos con pescadores ilegais e tamén mares moi adversos nos que toda a tripulación estaba vomitando

O seu seguinte destino foi Sicilia, onde o barco Sea Eagle realizou tarefas de mantemento: “Non é tan interesante pero é igual de importante que todo o demais”, comenta a fotógrafa sobre o seu traballo en porto. A última parada, polo momento, foi a costa de Namibia. Alí estivo a bordo do Ocean Warrior na Operación Vanguard, cuxo obxectivo é interceptar pesqueiros ilegais, moi habituais na zona; e no Allankay, documentando os labores de acondicionamento da última incorporación á frota de Sea Shepherd.

O que acontece fóra da embarcación é case tan importante como o que pasa dentro: “Vives nun espazo moi reducido durante moito tempo, polo que esa xente é a túa familia e os teus mellores amigos. Xa en canto chegas sentes que estás nun ambiente moi favorable. Nestes anos coñecín as persoas máis interesantes coas que estiven nunca”, engade Helena cun sorriso. A pesar de convivir con moita xente fantástica de todo o mundo, é inevitable que a soidade faga acto de presenza: “Estás lonxe da túa zona de confort e dos teus seres queridos. Mentalmente é un reto enorme, porque por moi mal que esteas non podes volver a casa desde o medio do océano Pacífico”, apostila. A morte do seu tío, por exemplo, soprendeuna embarcada sen posibilidade de regresar.

Tamén o medo pode aparecer nalgunhas situacións de máxima tensión: “Tiven enfrontamentos moi tensos con pescadores ilegais e tamén mares moi adversos nos que toda a tripulación estaba vomitando. Estamos adestrados e ben protexidos por xente moi válida para que nunca te vexas nunha situación de perigo real”. Tras dicir iso, engade que unha vez lle lanzaron un coitelo. O feito de ser muller nun mundo tan masculinizado como o do mar non lle supuxo ata agora nin o máis mínimo problema: “Sea Shepherd intenta activamente alcanzar paridade na tripulación, aínda que non sempre se consegue. Nunca houbo maioría de mulleres nun barco no que eu estivese pero si que se nota o esforzo; ao longo destes anos tiven capitás, oficiais, contramestras, enxeñeiras, cociñeiras… todas mulleres”, finaliza.

É evidente que Helena está a desfrutar desta experiencia dun xeito apaixoado. En agosto volve ao mar, concretamente ao Tirreno, na costa italiana. Alí tentarán limpalo o máximo posible de artefactos de pesca ilegais, xa que o Mediterráneo e o mar con máis sobrepesca do mundo. E despois dese destino virá outro, e outro, e outro: “Pode soar egoísta, pero non quero que a miña afillada de oito anos me pregunte dentro duns anos que fixen eu para remediar o cambio climático e non saber que contestar. Quero poder dicir que polo menos o intentei, que puxen todo da miña parte. É esgotador, frustrante, triste. Pero tamén o pasas moi ben, e por iso sempre volvo. Volvería outras mil veces”. E seguro que así será. Polo momento os pardais terán que agardar a súa quenda, pero Helena, nunha das expedicións, xa inmortalizou no nocello, do seu propio puño, unha áncora para non esquecer estes anos de vida pirata.

Helena Constela
Ampliar
Helena facendo o seu traballo durante a Operación Milagro | Foto: Paula Mosa Sea Shepherd Conservation Society (SSCS)
Helena facendo o seu traballo durante a Operación Milagro | Foto: Paula Mosa Sea Shepherd Conservation Society (SSCS)
Ensaio
Ampliar
O contramestre do Ocean Warrior comproba o correcto funcionamento do canón de auga de babor | Foto: Helena Constela Sea Shepherd Global (SSG).
O contramestre do Ocean Warrior comproba o correcto funcionamento do canón de auga de babor | Foto: Helena Constela Sea Shepherd Global (SSG).
Amarrar
Ampliar
Mariñeirxs de cuberta amarran a proa do Sea Eagle | Foto: Helena Constela SSG.
Mariñeirxs de cuberta amarran a proa do Sea Eagle | Foto: Helena Constela SSG.
Albatros
Ampliar
Un albatros de nariz amarelo mira directamente á cámara mentres voa sobre o Océano Atlántico | Foto: Helena Constela SSG.
Un albatros de nariz amarelo mira directamente á cámara mentres voa sobre o Océano Atlántico | Foto: Helena Constela SSG.
Labouras de mantemento
Ampliar
Un enxeñeiro naval e soldador traballa nunha peza diante do Sea Eagle | Foto: Helena Constela SSG.
Un enxeñeiro naval e soldador traballa nunha peza diante do Sea Eagle | Foto: Helena Constela SSG.
Adestramento para abordaxe
Ampliar
Un tripulante do Ocean Warrior adestra a subida pola pequena escaleira usada en caso de abordaxe forzosa | Foto: Helena Constela SSG..
Un tripulante do Ocean Warrior adestra a subida pola pequena escaleira usada en caso de abordaxe forzosa | Foto: Helena Constela SSG..
Tempo de celebración
Ampliar
A segunda enxeñeira do Sea Eagle prepara doces polo Nadal | Foto: Helena Constela SSG.
A segunda enxeñeira do Sea Eagle prepara doces polo Nadal | Foto: Helena Constela SSG.
Balea bricando | Foto: Helena Constela SSCS.
Raias a aprender
Ampliar
Un banco de raias a moverse | Foto: Helena Constela SSCS.
Un banco de raias a moverse | Foto: Helena Constela SSCS.
Tempo de acicalarse
Ampliar
Contramestre corta os cabelos do xefe de máquinas na cuberta | Foto: Helena Constela SSCS.
Contramestre corta os cabelos do xefe de máquinas na cuberta | Foto: Helena Constela SSCS.
Arco da Vella
Ampliar
Arco da vella seguindo aos golfiños | Foto:Foto Helena Constela SSCS. Helena Constela SSCS.
Arco da vella seguindo aos golfiños | Foto:Foto Helena Constela SSCS. Helena Constela SSCS.
Observador
Ampliar
León mariño no Golfo de California | Foto: Helena Constela SSCS.
León mariño no Golfo de California | Foto: Helena Constela SSCS.
Traballo
Ampliar
Mariñeiro a desembarcar nunha gamela. Foto: Helena Constela SSCS.
Mariñeiro a desembarcar nunha gamela. Foto: Helena Constela SSCS.
Aprender
Ampliar
Unha nai golfiño ensina a nadar a súa filla | Foto: Helena Constela SSCS.
Unha nai golfiño ensina a nadar a súa filla | Foto: Helena Constela SSCS.
Patrón
Ampliar
Patrón durante a garda nocturna na ponte de mando | Foto: Helena Constela SSCS.
Patrón durante a garda nocturna na ponte de mando | Foto: Helena Constela SSCS.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Pesca
Pesca Cazadores de redes fantasma del mediterráneo
El 10% de residuos del océano son redes de pesca, también conocidas como redes fantasmas. Expertos del sector científico impulsan proyectos en el País Valencià para mitigar su impacto.
Océanos
Océanos Las cuatro mil leguas de viaje oceánico de una fotógrafa gallega para luchar contra la pesca ilegal
La fotógrafa y videógrafa pontevedresa Helena Constela lleva más de 11.700 millas a bordo de diferentes barcos de 'Sea Shepherd', una ONG internacional que vela por la defensa de los océanos.
Crisis climática
Ana Moreno, científica “La política no está entendiendo la gravedad de la emergencia”
Ana Moreno, investiga Instituto Pirenaico de Ecología, fue invitada a hablar ante el Pleno del Ayuntamiento de Zaragoza sobre el porqué de la acción de desobediencia civil protagonizada por Rebelión Científica en abril de 2022 en el Congreso.
Opinión
Opinión El futuro tiene una fecha límite: tenemos que atrevernos a ganar ahora
La alienación general, la apatía y el escaso análisis material respecto al significado de nuestras crisis combinadas son muy preocupantes. Este no es un camino para avanzar, no tiene ninguna posibilidad de éxito.

Últimas

Formación El Salto
Formación El Salto Fotoperiodismo y movimientos sociales: una mirada a las luchas desde abajo a través de un objetivo
La Escuela de Periodismo Crítico de El Salto ofrece su primer curso presencial, en el que abordaremos, de la mano de nuestros fotógrafos, cómo plasmar a través de la imagen movilizaciones y resistencias.
Genocidio
Genocidio Boicot a Eurovisión: porque las canciones no tapan genocidios
El próximo 11 de mayo se celebra el clásico Festival de Eurovisión, esta vez en la ciudad sueca de Malmö, en el que participa un país investigado actualmente por genocidio y que desde hace décadas comete crímenes contra la humanidad.
El Salto Radio
El Salto Radio Cambiar y decrecer… o perecer
Volvemos a una pregunta tan incómoda como necesaria, que tiene que con nuestra supervivencia: ¿alguien nos puede decir cómo un modelo económico orientado al crecimiento infinito puede funcionar en un planeta finito?
Más noticias
Universidad
Movilizaciones Las universidades españolas romperán las relaciones con los centros israelís que no se comprometan con la paz
La junta de rectores y rectoras, que agrupa a 76 universidades de España, 50 públicas y 26 privadas, emite un comunicado en el que anuncia que se revisarán los acuerdos de investigación con actores israelíes que no se comprometan con la paz.
Exhumación de fosas comunes
Memoria histórica Víctimas de la fosa de Paterna se querellan por desaparición forzosa
CEAQUA presenta una nueva demanda judicial en la que cuatro víctimas del franquismo alegan que el asesinato de sus familiares fueron crímenes de lesa humanidad.
Violencia machista
Ayuntamiento de Madrid Almeida aloja a víctimas de violencia machista en hoteles por la falta de plazas en los recursos de emergencia
En la semifinal de la Champions un hotel ordenó desalojar a tres mujeres víctimas de violencia machista, una de ellas derivada fuera de la ciudad, algo “puntual” según el Ayuntamiento.
Educación pública
Huelga de profesorado 30.000 profesores de la Escuela Pública madrileña echan un pulso a Ayuso en el primer día de huelga
Cerca de 30.000 profesores y profesoras han marchado la tarde del miércoles como colofón a la primera jornada de huelga, de las dos convocadas para este mes. La próxima cita será el 21 de mayo.
El Salto Twitch
El Salto TV ¿Cómo se paran los bulos? ¿Qué Ley de Medios necesitamos?
En el programa de Economía Cabreada del 7 de mayo debatimos sobre cómo se podría legislar, si es que se puede, la información falsa y la financiación de los medios con Carlos H. Echevarría de Maldita.es y el profesor de Comunicación Raúl Magallón.

Recomendadas

Investigación
Investigación Diez millones a dedo en cinco años: así pagaron Feijóo y Rueda la lealtad de la prensa afín con dinero público
Desde ‘La Voz de Galicia’ hasta el canal de extrema derecha de Javier Negre, los últimos dos presidentes de la Xunta de Galicia han repartido entre la prensa más acrítica con la gestión de sus gobiernos al menos 3.686 contratos sin concurso previo.
Argentina
Argentina Las razones de la segunda huelga general contra Javier Milei
Las centrales obreras argentinas protestan este 9 de mayo contra la media sanción del Congreso al proyecto de la llamada “Ley Bases” que impulsa el presidente. El texto busca eliminar una enorme cantidad de derechos para la clase trabajadora.
Elecciones
Elecciones Aliança Catalana: a las puertas del Parlament de Catalunya atizando la xenofobia y escondiendo la ‘estelada’
El partido liderado por Sílvia Orriols llega con una campaña mediática promovida por los principales medios españolistas del Estado, con el discurso antiinmigración como punta de lanza y con el deseo explícito de hacerse con parte del voto de Vox.