AGANTRO
O incremento de suicidios entre as persoas novas durante a pandemia

Reflexión sobre o impacto da sociedade individualista no estado psíquico-emocional da mocidade.
9 ene 2023 09:38

Durante a pandemia por COVID-19 houbo un aumento de suicidios e de intentos de suicidio entre a poboación española, convertíndose este na principal cause de morte externa. Segundo o INE, chegouse a 3.942 falecementos no 2020, un 7,4% máis que en 2019. Destas 3.942 persoas falecidas, 300 (227 homes e 73 mulleres) tiñan entre 15 e 29 anos ((322) CRÓNICAS | “Alerta: Suicidio juvenil”, la principal causa de muerte de adolescentes en España | RTVE - YouTube). En maio de 2021 o incremento por ideas de suicidio chega ao 573,8% en menores de idade, respecto á media do periodo prepandemia 2018-19 (Intentos e ideas de suicidio durante la pandemia por COVID-19 en comparación con los años previos | Revista de Psiquiatría y Salud Mental - Journal of Psychiatry and Mental Health (elsevier.es)). A Fundación ANAR, (Axuda a Nenos e Adolescentes en Risco) calculou un aumento significativo, dentro dos casos que atendeu, de ideación suicida e de intentos de suicido: os primeiros multiplicáronse por 23,7, e os segundos por 25,9.

Para analizar este fenómeno é importante ter en conta que a pandemia por COVID-19 non foi meramente de carácter biolóxico, máis tamén social, político e económico. Ainda que o virus afecte a sistemas orgánicos, os recursos para a intervención sobre os mesmos e sobre o propio virus dependen da sociedade na que se asenta. Esteban Dipaola afirma que é imprescindible reflexionar sobre o fenómeno da pandemia dentro das condicións do capitalismo financieiro, pois “a producción e expansión da mesma está determinada e condicionada por decisións xeopolítcas e económicas” (Individualismo y pandemia: consecuencias y riesgos globales – Reflexiones Marginales)

Dipaolo fala do capitalismo financieiro como aquel marcado pola falta de relacións sociais, polo “individualismo formalizado”. O concepto “individualismo formalizado” fai referencia á falta de relacións sociais. Podemos prescindir os uns dos outros para levar a cabo a nosa vida. Pensemos no teletraballo e na posibilidade de comprar por internet. Podemos sobrevivir sen necesidade de saír da casa e relacionarnos cos demáis. O capital financieiro pode prescindir da forza de traballo física. Ademais, tampouco precisamos das directrices de ninguén para levar a cabo a nosa xornada laboral. Cada quen pode producir as súas condicións de traballo, construír o seu vínculo cun capital que, por certo, lle resulta alleo, que non está en ningures nin pertence a niguén en concreto.   

A este tipo de individuo, que apenas necesita relacionarse con outros para subsistir, Dipaolo o denomina “individuo contactless”. O “individuo contacless”, máis propio da sociedade occidental e do mundo urbano, é o seu propio dispositivo de control individualizante. Non hai normas explícitas sobre a forma de comportarse e relacionarse cos demáis. Existen regras implícitas que aparecen nos medios de comunicación e nas redes sociais, que promoven ou invitan a vestir de determinada maneira, comprar determinados productos e pensar de determinada forma. Mais, é o individuo quen se controla a si mesmo para comportarse dunha forma ou outra. Hai unha falta de regras comúns de vida entre as persoas. Non hai institucións regulativas do lazo común e da solidaridade.

A sociedade individualista e o suicidio 

Polo tanto, a expansión do virus foi determinada e condicionada por este tipo de sociedade individualista, onde a tendencia é a falta dunha moral común e a presencia de individuos enfocados nos seus propios intereses. Que acontece neste tipo de sociedade? Que unha das necesidades básicas do ser humano deixa de estar cuberta, ou o está de forma moi precaria: a necesidade de relacionarse co mundo exterior, con valores, símbolos e normas que lle dean un sentido e unha orientación á vida. Erich Fromm, no Medo á liberdade, afirma que sentirse totalmente illado do mundo exterior, dos outros, dunha moral común, leva á desintegración mental da mesma maneira que a inanición leva á morte. A soidade física, non ten por que conducir á deseperación, mais a soidade moral si. É aquilo que o ser humano teme con maior intensidade: sentirse só, sen vínculos cos outros, co mundo.  

Xa a finais do século XIX, Emile Durkheim relacionou o tipo de sociedade individualista co incremento de suicidios. El falaba de que nas comunidades protestantes o número de suicidios era máis elevado que nas comunidades católica e xudea. Por que? A partir do seu estudo sociolóxico identificou que o factor clave que desencadeaba o suicidio entre protestantes en Europa a finais do século XIX, era a falta de cohesión e integración social. Os protestantes, a diferenza dos católicos, tiñan a liberdade de interpretar os textos sagrados segundo o seu propio criterio. Había máis espazo para o pensamento individual, igual que no presente. Ora ben, esta liberdade acabou por resultar perxudicial, pois significou unha disminución das prácticas comúns. A relación con Deus pasou a ser individual, cada quen o veneraba no seu espazo particular, e non en espazos comúns, levando a cabo rituais colectivos, como na igrexa. Polo tanto, se perde a eficacia simbólica e forza da relixión, pois se esta protexe ao ser humano do desexo de destruirse, como afirma Fromm, non é tanto polas concepcións que explican a orixe do mundo (a Biblia, o Corán, o Majabhárata), senón porque constitúe unha sociedade.

De feito, o número de suicidios en España xa comezara a aumentar hai unhas décadas, non é unha situación provocada única e exclusivamente polos efectos da pandemia. Un estudo do departamento de psicoloxía da universidade de Almería, publicado no 2016, informa dun lixeiro ascenso nas últimas décadas, sobre todo en xente nova. Afirma que o suicidio naquel momento era a terceira causa de morte en persoas de 15 a 29 anos, e a segunda causa entre aquelas de 25 a 29 anos. Polo tanto, a problemática do suicidio xa existía. Con todo, a pandemia foi o empurrón, o que colocou sobre a mesa a situación límite a nivel psíquico-emocional.

Condicionantes do suicidio

Os problemas da mocidade xa viñan asomándose hai un tempo. Dunha banda, os adolescentes son a xeración que máis uso fai das redes sociais dende idades tempranas. Este uso prematuro da tecnoloxía supón unha serie de desvantaxes, como son a falta de concentración, froito de estar habituados aos estímulos cortos e constantes; a dismunición do tempo que se pasa cos amigos; ou a falta de reflexión sobre a propia vida e os obxectivos de futuro (Uso problemático de las TIC en adolescentes (scielo.org.mx)). Esta falta de conexión co ambiente e cos propios anhelos viuse incrementada no confinamento. A Fundación ANAR indica que o impacto das tecnoloxías nos intentos de suicidio  aumentou 18 puntos en só tres anos, do 2019 á actualidade (do 33,5% ao 51,5%) (⁣La Fundación ANAR presenta su Estudio sobre Conducta Suicida y Salud Mental en la Infancia y la Adolescencia en España (2012-2022)).

Doutra banda, os adultos novos, estudantes ou traballadores, sofren problemas de saúde mental por motivos relacionados co futuro e o mundo laboral. Un estudo relacionado polo Centro Reina Sofía sobre Adolescencia e Xuventude, afirma que os temas que xeran maior preocupación entre xente nova son os salarios baixos (37,8%), a precariedade laboral (30,4%), a dificultade para a emancipación (29,5) e as altas tasas de paro (24,9%). O estudo indica que o 66,8% dos enquistados cre que a pandemia tivo un impacto negativo na saúde mental das persoas novas. A porcentaxe de poboación xove que declara ter padecido problemas de saúde mental pasou do 6,2% en 2017 ao 15,9% en 2021. (La precariedad laboral y las dificultades para emanciparse marcan a la generación de jóvenes mejor preparada de la historia | Público (publico.es)).

Tanto o uso excesivo das TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación) como as dificultades relacionadas co mercado de traballo, son fenómenos que favorecen a tendencia ao individualismo. Por un lado, as TIC promoven o illamento social, xa que non precisamos dos outros para utilizalas e desfrutar dos seus contidos. Isto non quere dicir que non haxa aspectos positivos, mais non se poden negar os impactos perxudiciais que teñen no tecido social. Por outro lado, o mercado de traballo é un ámbito baseado na competitividade, onde cada quen pensa nos seus intereses e obxectivos, sen ter en conta o colectivo.

En suma, a pandemia non fixo outra cousa que incrementar un proceso xa existente: o individualismo, a falta de cohesión social e de obxectivos comúns. Polo tanto, o aumento de suicidios e intentos de suicidio entre a poboación xove durante a pandemia, ten relación co tipo de sociedade na que vivimos. Por un lado, temos a liberdade de acceder a canta información queiramos, podemos decidir a que adicarnos e hai maiores facilidades para que toda a poboación asista á universidade. Non obstante, existe un abismo existencial, unha falta de sentido da vida, de orientación. Tal e como aconteceu coa poboación protestante que describía Durkheim, a poboación occidental xove ficou sen rumbo. Fronte a esta problemática, comezan a xurdir prácticas que procuran estar máis en contacto co outro, así como determinar valores que signifiquen á vida, que lles dean un sentido e unha dirección. Un exemplo disto son as iniciativas da chamada economía social e solidaria: os mercados de kilómetro 0, a rede de supermercados cooperativos, as asociacións autoxestionadas, ou as ecoaldeas. Trátase de proxectos que procuran outra relación co medio e as persoas, un modo de vida alternativo ao capitalismo financieiro. En definita, son prácticas que non fan outra cousa que crear sociedade, unha moral común, un proxecto colectivo, ou sexa, satisfacer a necesidade humana de sentirse vinculado ao mundo exterior.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

AGANTRO
Agantro A fantástica integración e a deconstruente sociedade do porvire
Convén razoar que o declive demográfico galego pode mudar grazas ás persoas migrantes que son as que, nos últimos tempos, xa teñen alterado os números de natalidade. Iso para nós é un milagre.
AGANTRO
AGANTRO Antropologia, vida e terra: apontamentos acerca de uma agenda de pesquisa.
Acredito que antropologia: vida e terra, possa ser uma forma de enunciação de pautas que se estão impondo às pesquisas antropológicas em diferentes contextos contemporâneos, já seja na América Latina ou na Europa.
AGANTRO
Entrevista Astrid Ulloa: “O extractivismo en América Latina exacerbouse creando novas violencias cara as mulleres”
A profesora da Universidad Nacional de Colombia fala sobre extractivismo, a importancia das mulleres indíxenas na loita polo medio ambiente e Colombia e o concepto de xustiza ambiental relacional.
Crisis climática
Crisis climática El podio en emisiones y el vertido de Perú centran la triple protesta en la junta de accionistas de Repsol
La nula reducción de emisiones por parte de la empresa española que más contribuye a la crisis climática y su escasa respuesta ante el desastre de la refinería peruana de La Pampilla en 2022 han centrado las protestas de las organizaciones sociales.
Ocupación israelí
Palestina Una manifestación estatal conmemora la fecha de Al Nakba palestina en Madrid
Este sábado se realiza la tercera marcha unitaria que hará no solo de conmemoración de Al Nakba de 1948 sino que se suma a la intensa movilización mundial de protesta contra el genocidio palestino.
Crisis climática
Ana Moreno, científica “La política no está entendiendo la gravedad de la emergencia”
Ana Moreno, investiga Instituto Pirenaico de Ecología, fue invitada a hablar ante el Pleno del Ayuntamiento de Zaragoza sobre el porqué de la acción de desobediencia civil protagonizada por Rebelión Científica en abril de 2022 en el Congreso.
Ayuntamiento de Madrid
Lucha vecinal El pelotazo de los curas salesianos con una pista de pádel que provoca la indignación vecinal
Con un informe pericial que demuestra que el sonido que genera la pista de pádel dentro de los domicilios supera lo que marca la ley, vecinas y vecinos de Tetuán denuncian el uso lucrativo de un espacio educativo como es el colegio San Juan Bautista.
Opinión
Opinión El futuro tiene una fecha límite: tenemos que atrevernos a ganar ahora
La alienación general, la apatía y el escaso análisis material respecto al significado de nuestras crisis combinadas son muy preocupantes. Este no es un camino para avanzar, no tiene ninguna posibilidad de éxito.

Últimas

Palestina
Palestina El grito contra la masacre israelí en Gaza florece en la primera acampada de las universidades gallegas
Estudiantes del campus de Elviña de la Universidade da Coruña han hecho de avanzadilla del movimiento estudiantil que ultima los detalles para las asambleas que se sucederán en las tres universidades gallegas a comienzos de la semana que viene.
Formación El Salto
Formación El Salto Fotoperiodismo y movimientos sociales: una mirada a las luchas desde abajo a través de un objetivo
La Escuela de Periodismo Crítico de El Salto ofrece su primer curso presencial, en el que abordaremos, de la mano de nuestros fotógrafos, cómo plasmar a través de la imagen movilizaciones y resistencias.
Análisis
Análisis El engaño comercial vuelve bajo el disfraz panafricanista
El Banco Mundial, principal defensor de la Zona de Libre Comercio Continental Africana, afirma que esta acelerará el crecimiento económico, pero la evidencia empírica indica que los beneficios esperados no serán tales.
Más noticias
Violencia machista
Ayuntamiento de Madrid Almeida aloja a víctimas de violencia machista en hoteles por la falta de plazas en los recursos de emergencia
En la semifinal de la Champions un hotel ordenó desalojar a tres mujeres víctimas de violencia machista, una de ellas derivada fuera de la ciudad, algo “puntual” según el Ayuntamiento.

Recomendadas

Universidad
Movilizaciones Las universidades españolas romperán las relaciones con los centros israelís que no se comprometan con la paz
La junta de rectores y rectoras, que agrupa a 76 universidades de España, 50 públicas y 26 privadas, emite un comunicado en el que anuncia que se revisarán los acuerdos de investigación con actores israelíes que no se comprometan con la paz.
Exhumación de fosas comunes
Memoria histórica Víctimas de la fosa de Paterna se querellan por desaparición forzosa
CEAQUA presenta una nueva demanda judicial en la que cuatro víctimas del franquismo alegan que el asesinato de sus familiares fueron crímenes de lesa humanidad.
Investigación
Investigación Diez millones a dedo en cinco años: así pagaron Feijóo y Rueda la lealtad de la prensa afín con dinero público
Desde ‘La Voz de Galicia’ hasta el canal de extrema derecha de Javier Negre, los últimos dos presidentes de la Xunta de Galicia han repartido entre la prensa más acrítica con la gestión de sus gobiernos al menos 3.686 contratos sin concurso previo.