Escravitude

Energía
Os invisibles escravos enerxéticos

Un concepto fundamental para entender o papel da enerxía no presente e no futuro é o dos ‘escravos enerxéticos’.

Coordinador do Instituto Resiliencia

26 ago 2020 06:00

Debémoslle ao visionario Richard Buckminster Fuller unha das metáforas máis logradas para comprender o papel da enerxía nas sociedades industrializadas. Foi un notable arquitecto, inventor e teórico de sistemas a quen lle debemos a popularización de conceptos como a famosa cúpula xeodésica ou a nave espacial Terra. Mais hoxe ímonos centrar na súa imaxe dos escravos enerxéticos, tan sinxela coma explícita, e que permite por analoxía comprender a potencia á nosa disposición, moito mellor que magnitudes expresadas en unidades científicas como os MW·h, as toneladas-de-petróleo-equivalente (Toe) ou os joules (J). A forza da idea de Fuller é que nos permite interpretar a enerxía (exosomática) que utilizamos, nos nosos propios termos humanos (endosomáticos): un escravo enerxético non é senón a enerxía dun ser humano que tivésemos constantemente realizando traballo físico para nós.

Tamén lle debemos a Fuller uns dos primeiros cálculos de valor real do petróleo (en contraste co seu prezo): chegou a valorar a enerxía solar encapsulada nun litro de petróleo en 300.000 dólares (uns 42 millóns de dólares por barril, é dicir, un millón de veces o seu prezo actual de mercado!). Así é que el opinaba que non tiñamos unha “crise enerxética, senón unha crise de ignorancia”. O problema, logo, é que non comprendemos o valor real da enerxía. E aí é onde nos vén axudar a súa figura dos escravos enerxéticos (publicada por vez primeira en 1940, e desde aquela introducida con éxito na literatura científica), para entender o camiño cara a unha sustentabilidade real, unha das maiores preocupacións deste xenio norteamericano.

O ‘escravo enerxético’ representa a enerxía exosomática da que facemos uso medida en termos de traballo físico humano

Así, se nos din que unha persoa en España ten de media, á súa disposición, 40 escravos enerxéticos (120 segundo outra maneira de calculalo, como imos explicar despois), quere dicir que somos capaces de realizar cousas que na época preindustrial requirirían esa cantidade de persoas xuntas para facelas, pero non nun momento determinado, senón todos os días e a todas as horas! Como referencia histórica pensemos que os atenienses clásicos dispoñían de media de 10 escravos de carne e óso. Na España actual é coma se levásemos día e noite 40 persoas invisibles sempre traballando sen parar para nós cada vez que nos movemos en coche, compramos calquera cousa, traballamos, acendemos a luz, cargamos o móbil, vemos unha película, imos a un concerto, poñemos a estufa... Mesmo sen facermos nada, están aí, fornecéndonos toda a enerxía que require en stand-by o noso modo de vida, e contaminando tamén, claro está. Sobre todo a atmosfera, pois emiten carbono tamén sen descanso (a razón de 1,3 toneladas anuais por escravo). Advirte o filósofo Jorge Riechmann: “O traballo humano pode substituírse por traballo de máquinas, claro está. De canta escravitude doméstica teñen liberado a lavadora eléctrica ou a aspiradora? Agora ben, nada disto sae gratis: ten un custo notable en enerxía e materiais. Podemos traducir o consumo enerxético a escravos enerxéticos: o equivalente en forza de traballo humana”.

Coche Pamplona
Tráfico. Ione Arzoz

O experto francés en cuestións enerxéticas, Jean-Marc Jancovici, tomando este concepto como partida concluíu que nas nosas sociedades non é só o modo de vida das elites o que virou insustentable, “senón o de todos e cada un de nós, incluíndo os obreiros das fábricas, os limpadores ou as caixeiras do supermercado”. Segundo os seus cálculos, na época actual unha persoa en Francia fai uso, de media, de 400 escravos enerxéticos (30.000 kWh/ano de enerxía útil, 50.000 de enerxía primaria). Na época en que Fuller creou o concepto, a media mundial era de 17 escravos por persoa; unha década despois calculou que eran 38 por persoa. A poboación mundial aumentaba, pero tamén o uso total de enerxía: nos anos noventa estaría en 60. A distribución mundial era xa, naquelas décadas nas que Fuller comezou a popularizar o concepto, totalmente desigual: mentres un cidadán medio estadounidense dispoñía en 1950 de 347 escravos enerxéticos, unha habitante de Centro América non posuía practicamente ningún.

O modo de vida nas sociedades industriais é insustentable pois depende de ducias ou centos destes 'escravos enerxéticos'

Porén, existen diverxencias acerca do método para pasar a enerxía medida en unidades físicas estándar (kWh, por exemplo) a esta unidade metafórica humana. A principal reside na cuestión de se estes escravos traballarían sen parar, ou soamente unha xornada de 8 horas. Se partimos de que traballan de maneira incansable, unha medida da súa potencia é de 100 W, o que resulta en 875 kWh ao ano. Se tomamos o método orixinal de Fuller, son só 40 horas á semana, que fornecen 3 kWh. Iso equivale á terceira parte dun litro de gasolina: é dicir, este combustible danos o traballo equivalente dun ser humano ao longo de 3 semanas; se o noso coche quedase tirado sen combustible e o tivésemos que apuxar a razón de 8 h cada día, tardariamos 3 semanas en percorrer apuxando nel os 20 km que corresponden a un consumo, poñamos por caso, de 5 litros/100 km. Así, advertimos a quen queira indagar nestas medidas nos diversos países e épocas que poderá atopar diverxencias nos valores e terá que multiplicar ou dividir por 3: así, 40 escravos non-stop equivalen a 120 escravos cunha xornada de 8 horas; 400 escravos de 8 horas, son 133 non-stop. Para quen queira traducir de maneira aproximada isto a unidades convencionais, e tendo en conta que un joule equivale a un watt por segundo, temos que un escravo enerxético (dos de Buckminster Fuller, de 8 h/día) equivale aproximadamente a un xigajoule anual. Así que as gráficas de consumo per cápita expresadas en xigajoules podémolas ler, grosso modo, como gráficas expresadas en escravos enerxéticos 8 h/día.

Un litro de gasolina contén a mesma enerxía que un humano traballando 8 horas ao día durante 3 semanas

En calquera caso, segundo o investigador en sustentabilidade Tourane Corbière-Nicollier, é “unha unidade de medida que nos facilita comprender e avaliar as consecuencias do tipo de vida que escollemos”. Mais non só, senón tamén as consecuencias do proceso de devalar enerxético, pois podemos visualizarnos a nós mesmos como poderosos señores feudais, ou faraóns do antigo Exipto, que de maneira máis rápida ou máis lenta, imos quedar sen boa parte deses escravos — poida que mesmo sen ningún— a medida que avancemos no final da Era Fósil, pois 8 de cada 10 destes escravos están feitos, por así dicilo, de petróleo, gas natural e carbón. Nate Hagens, ex-directivo de Lehman Brothers reconvertido a divulgador do atranco civilizatorio no que estamos, explícao así: “A enerxía fósil barata é o fundamento das nosas ganancias, dos nosos soldos elevados e duns bens e servizos de baixo custo. Apancamos efectivamente a nosa minúscula forza muscular co traballo de milleiros de millóns de escravos enerxéticos moito máis baratos baseados en combustibles fósiles”.

Central energía
Central energía por John McSporran Colectivo Burbuja

O experto en enerxía Pedro Prieto adoita dicir que un “servo da gleba” medieval era máis autónomo e autosuficiente cá media de nós, pois non dependía de ningún escravo ao seu servizo e calquera cidadán dos nosos países na actualidade apenas se podería valer por si mesmo/a se carecese da enerxía que lle dan estas ducias de invisibles escravos feitos de combustible fósil ás súas ordes. Somos faraóns a piques de ver esvaecerse todo o seu exército de escravos, a un ritmo se cadra dun 5-10% anual (taxas de declive previstas para o petróleo e constatadas xa en numerosos xacementos, moito meirandes no caso do petróleo de xistos que é o que veu atrasando nestes últimos anos o declive do conxunto da extracción mundial). Obviamente, desde o punto de vista enerxético, levamos case 2 séculos vivindo —como civilización, pero desde hai menos tamén como clase e como país— por riba das nosas posibilidades. Aprenderemos a vivir de novo, cada un(ha) de nós, como humanos da plebe? E os nosos países aprenderán a vivir sen o 90% do traballo que realizan estes escravos importados?

Energías renovables
Canto tempo require unha Transición Enerxética?

Fálase moito de que precisamos unha transición cara ás enerxías renovables, mais case nada de se nos dará tempo a realizala.

Podemos visualizar, xa que logo, a civilización industrial como unha gran pirámide construída —e non só, senón tamén mantida en pé— por escravos fósiles, e a fin do petróleo como a fin da escravitude enerxética ao servizo das sociedades industrializadas. En consecuencia, podemos tamén ver a chamada Transición Enerxética como a transición a unha sociedade na que apenas imos ser amos de ningún escravo enerxético. Aínda que, como afirma o profesor de ecoloxía humana Andreas Malm, esta mudanza histórica vai estar atravesada polas relacións de clase, así que podemos dar por certo que vai haber quen queira manter os seus centos de escravos enerxéticos a conta de privar a outros seres humanos deles, ou mesmo de converter os demais nos seus escravos enerxéticos de carne e óso cando falten escravos fósiles suficientes. Riechmann avisa: “o traballo maquinístico de hoxe —que alivia a escravitude presente, polo menos no Norte do planeta— está proxectando dano, e se cadra outras formas de escravitude, cara ao futuro.” Polo de agora xa se calculan en 40 millóns os humanos escravizados que segue a haber en todo o mundo, en termos absolutos, máis ca nunca antes na historia. Se a fin (oficial) de escravitude humana causou non poucos conflitos, agardémolos tamén na fin desta omnipresente mais invisible escravitude enerxética.

Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.
Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Genocidio
Derecho internacional Sudáfrica exige que la Corte Internacional de Justicia haga explícita la orden de alto el fuego contra Israel
La campaña de exterminio sobre Rafah centra la audiencia de la Corte Internacional de Justicia convocada por solicitud de Sudáfrica. Los abogados africanos denuncian la “intención genocida” de Israel y piden un llamamiento explícito de alto el fuego.
LGTBIAQ+
Lesbofobia El triple lesbicidio en Argentina evidencia el impacto de los discursos de odio
La escasa repercusión mediática de un brutal feminicidio de tres mujeres lesbianas en una pensión de Buenos Aires alerta sobre la normalización de los discursos estigmatizantes.
Opinión
Opinión Travestis
La literatura no puede tener como fin la propia literatura porque las palabras siempre dicen cosas por lo que hay que decir cosas con ellas.
Tribuna
Tribuna Todo el mundo es un poco trans, incluso Ayuso
El 17 de mayo es el Día Mundial contra la LGTBIfobia y mi nuevo DNI es consecuencia directa de lo que conmemoramos este día.
Contigo empezó todo
El Salto libros El Salto lanza su propia línea editorial con un libro sobre la otra historia de España
El Salto Libros se estrena con el volumen ‘Contigo empezó todo’, del periodista Eduardo Pérez, otra visión de la historia de España a través de 30 episodios olvidados. Suscríbete y te lo enviamos gratis.
Cuidados
Darcy Lockman “Antes de los niños no hay mucho que hacer y la desigualdad se tolera más fácilmente”
La psicóloga explica con datos en ‘Toda la rabia’ por qué la crianza intensifica la desigualdad en las parejas pese a todos los incentivos para que los hombres cuiden.

Últimas

Literatura
Día das Letras Galegas As poetas queer ante Luísa Villalta: “A poesía é unha ferramenta para poder cambiar o espazo que habitamos”
Afra Torrado, Cinthia Romero e Lara Boubeta, tres poetas disidentes galegas, xúntanse para reflexionar sobre o seu vínculo coa poesía, a importancia de referentes na literatura e a implicación que ten o Día das Letras Galegas.
Exhumación de fosas comunes
Memoria histórica Entregan los objetos del primer identificado en las fosas de Colmenar Viejo
El mal estado de conservación de los cuerpos está haciendo muy complicado identificar a los 77 cadáveres exhumados. En el caso de Florencio Elipe, el primer identificado, se repitió la prueba de ADN hasta en siete ocasiones.
Análisis
Análisis La OTAN realiza maniobras en los países bálticos y nórdicos, son tiempos de guerra
Polonia realiza en su territorio maniobras con tanques cruzando el río Vístula; Alemania ha desplazado sus tropas a Lituania, y Noruega, junto a Finlandia y Suecia, han desplegado sus tropas en la región del alto norte.
Ocupación israelí
Acampadas por Palestina Encierro en Málaga contra el genocidio, el cinismo y la hipocresía
Desde hace una semana un grupo de estudiantes y profesores de la Universidad de Málaga (UMA) mantienen un encierro en la Biblioteca General de la Universidad de Málaga contra el genocidio.
Más noticias
El Salto Radio
El Salto Radio El relato que nos llevó a la Guerra
Entrevista a Pablo San José, del Colectivo Antimilitarista Tortuga sobre el gasto militar y la propaganda que justifica su aumento
Ocupación israelí
Ocupación israelí Estudiantes de Santiago de Compostela arrancan la primera acampada gallega en solidaridad con Palestina
Varias docenas de alumnos y alumnas universitarias se concentran desde el martes en la Facultade de Historia de la USC en la capital gallega para protestar contra el genocidio cometido por el Estado israelí.
Formación El Salto
Formación El Salto Fotoperiodismo y movimientos sociales: una mirada a las luchas desde abajo a través de un objetivo
La Escuela de Periodismo Crítico de El Salto ofrece su primer curso presencial, en el que abordaremos, de la mano de nuestros fotógrafos, cómo plasmar a través de la imagen movilizaciones y resistencias.
Opinión
Opinión Travestis
La literatura no puede tener como fin la propia literatura porque las palabras siempre dicen cosas por lo que hay que decir cosas con ellas.

Recomendadas

Movimiento obrero
Alex Gourevitch “La gran victoria del capitalismo es resignificar la idea de libertad legitimando relaciones de dominación”
Alex Gourevitch, politólogo y profesor en la Universidad de Brown, es el autor del ensayo histórico ‘La República Cooperativista. Esclavitud y libertad en el movimiento obrero’.
Finanzas éticas
Banca ética Gabriel Abascal: “Las finanzas éticas impiden que con nuestro dinero se financie la guerra”
El participante del grupo coordinador de los socios del banco cooperativo Fiare Banca Ética en el País Valenciano explica cómo funcionan las finanzas éticas y democráticas.