Especulación urbanística
A axenda urbanística local precipita os desaloxos no asentamento da Pasaxe (II)

Parte 2: A desaparición do asentamento precario da Pasaxe na cidade da Coruña é unha realidade anunciada desde o ano 2004, cando se notificou ás familias residentes a demolición das naves en ruína das antigas instalacións da Conserveira Celta e Jabones La Toja. Nesta segunda parte da reportaxe falamos da memoria deste núcleo de infravivendas, seguramente a peza máis vulnerable fronte ós intereses urbanizadores que precipitan as accións do Concello.

Cubela 1
Imaxe do solar no lugar da Gaiteira-Cubela en 1971 onde se instalaría a estación de buses e un recoñecido centro comercial. Foto arquivo: Jesús Lombardía

Para comprender a situación actual deste asentamento cómpre coñecer a súa memoria. Durante a expansión da cidade nos anos 80, a construción dunha gran superficie comercial nas novas centralidades urbanas forzou o desmantelamento dun gran conxunto de infravivendas desenvolvido desde os anos 60 na zona da Cubela. As residentes desta área eran familias traballadoras do porto e temporeiros, que se instalaran nas zonas próximas aos peiraos, chegando a ocupar case toda a explanada de San Diego.

Cubela 2_ chabolas
Imaxe das infravivendas na Cubela no ano 1980. Foto arquivo: Xosé Castro.

O goberno local do momento construíu un campamento de infravivendas no monte de Penamoa, actualmente desaparecido (alomenos na súa expresión construída, non así na social). Alí foron trasladadas por sorteo arredor de 40 familias da Cubela. Outras foron enviadas a vivendas do Portiño, outro barrio de infravivendas construído polo Concello nos anos 60. As que puideron, buscaron a súa propia solución adquirindo terreos na periferia da cidade, como no caso das Rañas, e outras foron enviadas co acordo da alcaldía de Paco Vázquez e a Condesa de Fenosa a un terreo industrial da súa propiedade onde había unhas naves antigas abandonadas. Estes terreos son produto do desecado da marisma ao pé da ría do Burgo, que nos anos 30 o Concello cedera en concesión á familia Wonenburger para a súa explotación. Posteriormente foron vendidos a diversas empresas entre as cales estaba o Banco Pastor, entidade presidida por Carmela Arias y Díaz de Rábago, Condesa de Fenosa.

Os terreos da Pasaxe son produto do desecado da marisma ao pé da ría do Burgo, que nos anos 30 o Concello cedera en concesión á familia Wonenburger, que rematou por vendela a empresas vinculadas co Banco Pastor da Condesa de Fenosa

Co tempo configúranse dúas áreas na Pasaxe: unha baixo a ruína da nave de Conserveira Celta e a outra baixo a estrutura, tamén ruinosa, da nave de Jabones La Toja e nas súas inmediacións. No ano 1999, o Concello declara esta última como “ruína inminente” e comeza a programarse a súa demolición, que se notifica ás familias no ano 2004. Non será ata 2006 que se derribe a estrutura da antiga conserveira, liberando os terreos para unha promoción de vivendas que non chegou a construírse. Nese mesmo ano, a demarcación galega de Costas do Estado aproba un novo deslinde do litoral, que inclúe a meirande parte dos terreos ocupados polas chabolas e as instalacións industriais, que pasan a estar sobre solo de dominio público marítimo-terrestre.

Botando unha ollada á cidade nas últimas décadas, cada un dos asentamentos precarios mencionado foi obxecto de intervencións públicas sempre precipitadas polo interese urbanístico da terra que ocupaban: a terceira rolda, a urbanización de Vioño, os enlaces ao polígono de Vío, a macro urbanización do Portiño (pendente desde 2005), etc. Agora é o interese da actual corporación municipal socialista por urbanizar a franxa de costa, que vai desde As Xubias ata O Burgo, a que acelera este proceso de desaloxo do asentamento da Pasaxe.

Cada un dos asentamentos precarios mencionado foi obxecto de intervencións públicas sempre precipitadas polo interese urbanístico da terra que ocupaban

Coa corporación municipal da Marea Atlántica (2015-2019) apróbase o Plan de Acceso ao Hábitat Digno para tentar rematar cos asentamentos precarios da cidade de forma acordada coas familias, aínda que dende o colectivo Anomias sinalan que “a sensibilidade era distinta, xa non se fala de erradicación do chabolismo como noutros mandatos. Mais, na práctica, os mecanismos de presión cara as residentes e as carencias das alternativas residenciais e laborais derivaron noutro proceso de desmantelamento máis.” O ex concelleiro Xiao Varela non coincide nesta percepción e defende que “durante o noso mandato o PaHD serviu para recoñecer dereitos e deberes das persoas habitantes dos asentamentos e deu solución integral a 29 familias da Pasaxe, ademais de dotar de servizos básicos ao Portiño”. Finalmente, será en maio de 2017 cando se execute a demolición da nave Jabones La Toja, propiedade da inmobiliaria Altramud do empresario Juan Carlos Rodríguez Cebrián (ex director xeral de Inditex) tras unha sentenza xudicial ditada o 26 de xuño de 2015.

O interese da actual corporación municipal socialista por urbanizar a franxa de costa, que vai desde As Xubias ata O Burgo, acelera este proceso de desaloxo

A referida sentenza declaraba a obriga do Concello de realizar o realoxamento temporal dos ocupantes das vivendas situadas no interior e no perímetro da construción, durante o tempo que se demorase a execución dos traballos, coa garantía de retorno. Tal e como explica o avogado Antonio Vázquez a este medio: “esta sentenza é relevante xa que apoiou o recoñecemento dos dereitos adquiridos pola poboación residente sobre eses terreos durante 30 anos”. Isto implica que calquera actuación sobre as vivendas ten que ser xudicializada e atendendo a un proceso de realoxamento. Sobre esta cuestión Xiao Varela recalca, pola contra, que os dereitos posesorios non aplican nos terreos de Costas, “pois o solo é de dominio público marítimo terrestre, é como se houbesen construído as vivendas sobre unha praia, non teñen dereitos consolidados.”

A Pasaxe no modelo de cidade futuro ideado polo Vazquismo coruñés

No 2006, cando se aproba a nova liña de costa, ata sete empresas e particulares, entre os que estaban as construtoras Alcuba e Isomán, o Banco Pastor, Conxeladora Coruñesa, Grupo Atlántico, a familia Wonenburger e a inmobiliaria Altramud, presentaron recursos ante a caducidade da concesión e a perda de superficie edificable nas parcelas da Pasaxe.

A Pasaxe 3
Vista dunha das vivendas coas pedras da demarcación de Costas. Cristina Botana

Durante os últimos anos sucedéronse as sentencias que desestimaban ditos recursos constatando o dominio público terrestre dos terreos. Isto implica que a administración pode forzar o lanzamento das industrias que aínda quedan nestas parcelas cando lle interese facer uso delas, como é o caso. Unha representante da empresa Conxeladora Coruñesa S.A confirmou a este medio que se atopan inmersos en proceso xudicial desde fai anos e que será o xuíz quen decida se teñen que abandonar a zona e en qué condicións. Sen información sobre este asunto está tamén o taller do Grupo Atlántico: “A nós non nos chegou ningunha notificación ou aviso de que teñamos que abandonar a zona.”

Fernando Piñeiro, traballador recentemente xubilado no taller D-3 confirma que non teñen recibido ningunha información sobre as intencións do concello sobre estes terreos: “O único que queren é quitalos de aí a base de enganos. Foi o concello quen os enviou aquí a finais dos 80 cando perpetrou aquela limpeza étnica na cidade. Estas familias foron empadroadas aquí, non son ocupas.”

Foi o concello quen os enviou aquí a finais dos 80 cando perpetrou aquela limpeza étnica na cidade. Estas familias foron empadroadas aquí, non son ocupas

A anterior corporación socialista do alcalde Javier Losada (2007-2011) opuxérase ao deslinde, que prexudicaba ao proxecto inmobiliario de Cebrián e o Banco Pastor, no que se prevía a construción de ata 1.200 vivendas, a maior parte na parcela onde estaba a Conserveira Celta. A intención era manter a liña fixada en 1955 no borde do recheado, e que fora ratificada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en 2003.  Ao seren desestimados todos os recursos nos xulgados, finalmente o goberno local reduciu un terzo da edificabilidade deixando en 840 o número de novas vivendas previstas para a franxa litoral desde As Xubias ata A Pasaxe. Este proxecto quedou paralizado durante a crise económica, ao igual que o Residencial Mirador de Santa Cristina previsto nas Xubias de Abaixo e anulado polas modificacións no PXOM de 2005.

A actual corporación local socialista retomou moitos dos plans urbanísticos que deixara pausados desde 2011 cando pasaron á oposición. Segundo os colectivos e expertos urbanistas consultados que traballan na cidade, como Anomias ou Ergosfera, este novo ímpeto urbanizador pretende reactivar proxectos formulados naquel momento como se a crise económica e inmobiliaria desta última década non fose máis que un mal soño. “A macrourbanización do Portiño, os novos bloques de Labañou, a reordenación das Xubias, a urbanización na única parcela libre da Agra do Orzán, a colmatación da rúa Gaiteira ou o parque Ofimático son só algunas das promocións inmobiliarias que transformarán a cidade sobre a mesma premisa desarrollista que nos levou ao colapso”, sinalan dende o colectivo Anomias.

Ponte Pasaxe Mapa
Infografía coas áreas de interese urbanístico no bordo litoral das Xubias. Na esquerda, ao pé da Ponte, o asentamento da Pasaxe.

Deste xeito, a franxa litoral entre a Praia de Oza e a Ponte Pasaxe é un territorio da cidade envolto en varios procesos urbanísticos abertos e cun gran atractivo especulativo pola súa situación privilexiada. A asociación de vecinos de Oza Gaiteira - Os Castros tamén observa con recelo os movementos do concello no litoral do barrio. Paulo Sesto, presidente da asociación, manifesta a falta de transparencia coa que actúa o goberno local: “As decisións urbanísticas non se toman no pleno senón coas empresas. Non hai transparencia.” Aclara que o barrio non coñece os plans municipais para estos terreos, aínda que temen outro “pelotazo urbanístico” neste bordo litoral. As recentes novas sobre as negociacións sobre a edificabilidade desta zona alimentan esta inquedanza. Este medo é compartido por Fernando (taller D-3 na Pasaxe), nado nas Xubias e namorado declarado da ría: “Hai moitos intereses nesta zona, a pregunta que hai que facerse é: Quen son os donos dos terreos?”

Nese senso, cómpre lembrar como as modificacións que se introduxeron no PXOM de 1998 convertiron varios terreos da zona en parcelas edificables de uso residencial, cuestión que as modificacións seguintes ata o PXOM do 2013 foron abordando de maneira parcial, polo que se trata dun territorio de grande interese estratéxico. O solar que ocupaban os Astaleiros Valiña, contiguos á praia de Lazareto, amosan este conflicto xa antigo.

A desaparición do núcleo precario da Pasaxe enmárcase nesta axenda urbanística e nos novos plans municipais socialistas para a reordenación da fachada marítima das Xubias

Na Coruña de Paco Vázquez a constructora Isomán S.L presentou un proxecto para un único bloque de 8 plantas de vivendas de luxo que despois foi modificado por 4 inmobles de entre 5 e 7 alturas. Neste momento, decoñécese cal será a proposta para esta promoción, que conta coa oposición frontal da asociación de veciños: “Nós defendemos que os terreos que foron usurpados á veciñanza do barrio, terreos que foran públicos, retornen a selo.”

Por tanto, a desaparición do núcleo precario da Pasaxe enmárcase nesta axenda urbanística e nos novos plans municipais socialistas para a reordenación da fachada marítima das Xubias. Onde encaixa o futuro do Hospital Teresa Herrera ou o proxecto de ampliación da Ponte Pasaxe, que ocupará parte da parcela onde se situaba a nave da Conserveira Celta. Tamén a construción do tramo de paseo proxectado para conectar A Coruña co Burgo (Culleredo) que transformará esta paisaxe tal e como apunta Iago Carro de Ergosfera: “Neste bordo litoral quizáis non teña sentido apostar polo modelo de paseo marítimo, pois é preciso ter en conta a fraxilidade de lugares como As Xubias, cunha singularidade en termos urbanos e de relación coa auga (pénsese nos usos populares dos peiraos) que non resistirían a aparición dun macro-paseo ao uso. Fronte á cenefa idealizada, a diferenza radical deste territorio é o seu valor.”

De novo unha cidade para as empresas, non para a veciñanza

O certo é que esta franxa litoral contén ata sete sectores urbanizables de enorme interese para as construtoras que confrontan o seu modelo de cidade coas loitas da veciñanza. Non pode comprenderse o proceso que está a acontecer no asentamento da Pasaxe sen ver todo o contexto que o envolve. As chabolas da Pasaxe son unha peza máis, seguramente a máis vulnerable, no mapa territorial de intereses públicos e privados planeados para esta parte da cidade.

O futuro urbanístico destes terreos non está claro, na hemeroteca poden atoparse infografías sobre núcleos residenciais de alta ou baixa densidade, tamén ata un parque onde agora está o asentamento. O que parece evidente é que as residentes da Pasaxe non forman parte dos plans municipais, nin da paisaxe urbana que se desenvolverá neste lugar. A pesar de levares aquí máis de 30 anos por un proceso de expulsión levado a cabo tamén polo Concello coa excusa do desenvolvemento urbanístico, sen importar unha vez máis a súa veciñanza nin as redes comunitarias existentes.

Especulación urbanística
A axenda urbanística precipita os desaloxos da Pasaxe (I)
A desaparición do asentamento precario da Pasaxe na cidade da Coruña é unha realidade anunciada desde o ano 2004, contamos a súa historia en dúas partes.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Gobierno de coalición
Gobierno de coalición Sumar pisa el acelerador y se anima al choque con Sánchez
En el grupo parlamentario están decididos a aprovechar la crisis de los “días de reflexión” para marcar perfil propio y recobrar iniciativa con medidas de agenda “social y democratizadora”.
Sanidad pública
Sanidad Pública Madrid ha aumentado un 140% el presupuesto dedicado a privatizaciones sanitarias en la última década
Catalunya lidera el porcentaje de gasto en conciertos, con un 22,6%, seguida de Madrid, con un 12,3%, mientras el nuevo proyecto de ley no blinda los contratos con entes privados.
Migración
Migración y Asilo La Europa Fortaleza ya está en marcha en Líbano
Líbano devuelve 200 refugiados a Siria en el primer retorno supuestamente voluntario desde que Von der Leyen anunciara el pacto anti-inmigración con Beirut.
Contigo empezó todo
El Salto libros El Salto lanza su propia línea editorial con un libro sobre la otra historia de España
El Salto Libros se estrena con el volumen ‘Contigo empezó todo’, del periodista Eduardo Pérez, otra visión de la historia de España a través de 30 episodios olvidados. Suscríbete y te lo enviamos gratis.
Entrevista La Poderío
Cristina Consuegra “La cultura es aquello que te posiciona contra la barbarie”
A Cristina Consuegra es difícil encajarla en una cosa. Consuegra es un torbellino de colores que lo lleva to' palante. Lo mismo organiza un festival de cine de índole nacional en los barrios, que la escuchas en la radio, por citar algo. Consuegra es mucha Cristina y Cristina es demasiada Consuegra.
Opinión
Geopolítica El efecto mariposa en la geopolítica de nuestro tiempo
El planeta se encuentra inmerso en cuatro encrucijadas, cada una de las cuales por sí misma, tiene la potencia para dislocar el mundo que conocimos.

Últimas

Cómic
Cómic ‘Grandville’, de ucronías antropomórficas y viñetas ‘steampunk’ victorianas
‘Grandville’, el cómic creado por Bryan Talbot, situó París en una realidad alternativa donde es la ciudad más grande de un mundo poblado por animales, y advirtió del riesgo de creer que los horrores pasados no se repetirán.
LGTBIfobia
Lesbicidio Cientos de personas en vigilia ante la embajada argentina: “Fue lesbicidio”
Una vigilia en el centro de Madrid señala la responsabilidad del gobierno de Milei en el asesinato de tres mujeres lesbianas en Buenos Aires que fueron quemadas vivas el pasado 6 de mayo: “Es el responsable”.
Palestina
Acampadas pro palestinas La acampada de la Universitat de València cambia de estrategia
La asamblea anuncia que levanta la ocupación permanente de un espacio del campus y que seguirán realizando acciones de protesta.
Movimientos sociales
Opinión Garanticemos la autonomía de los movimientos
Hay que establecer unas relaciones sanas de respeto mutuo y de no injerencia con los partidos y sindicatos que postulan un cambio social profundo
Formación El Salto
Formación El Salto Fotoperiodismo y movimientos sociales: una mirada a las luchas desde abajo a través de un objetivo
La Escuela de Periodismo Crítico de El Salto ofrece su primer curso presencial, en el que abordaremos, de la mano de nuestros fotógrafos, cómo plasmar a través de la imagen movilizaciones y resistencias.
Sidecar
Sidecar Fantasmas de 1968
Las universidades estadounidenses se han transformado paulatinamente en organizaciones policiales y carcelarias público-privadas, que responden ante los benefactores y los políticos, no ante los estudiantes ni el profesorado.
Neocolonialismo
Francia El níquel, la batería detrás del proyecto de recolonización de Macron en Nueva Caledonia
Las protestas de la población canaca se producen contra una reforma electoral que beneficiará aún más a los colonos asentados recientemente en la isla. De fondo están los beneficios de la minería de níquel, que la metrópolis quiere acaparar.
Literatura
Día das Letras Galegas As poetas queer ante Luísa Villalta: “A poesía é unha ferramenta para poder cambiar o espazo que habitamos”
Afra Torrado, Cinthia Romero e Lara Boubeta, tres poetas disidentes galegas, xúntanse para reflexionar sobre o seu vínculo coa poesía, a importancia de referentes na literatura e a implicación que ten o Día das Letras Galegas.

Recomendadas

LGTBIAQ+
Lesbofobia El triple lesbicidio en Argentina evidencia el impacto de los discursos de odio
La escasa repercusión mediática de un brutal feminicidio de tres mujeres lesbianas en una pensión de Buenos Aires alerta sobre la normalización de los discursos estigmatizantes.
Cuidados
Darcy Lockman “Antes de los niños no hay mucho que hacer y la desigualdad se tolera más fácilmente”
La psicóloga explica con datos en ‘Toda la rabia’ por qué la crianza intensifica la desigualdad en las parejas pese a todos los incentivos para que los hombres cuiden.
Instituciones culturales
Descolonizar el museo Colombia pide a España que devuelva el Tesoro de los Quimbayas
El Ministerio de Cultura de Colombia solicita formalmente el retorno de la colección Quimbaya que se encuentra en el Museo de América en Madrid.