Elecciones autonómicas
Segunda oportunidade para Besteiro

O candidato socialista é un dos poucos políticos rehabilitados tras padecer os rigores acusatorios da 'lawfare'. O 18F procura crédito electoral para ter unha segunda oportunidade para liderar o PSdeG como forza política do cambio na Galiza.
José Ramón Gómez Besteiro PSOE
José Ramón Gómez Besteiro, do Grupo Socialista, defende a proposición de reforma do Regulamento para poder falar as linguas minorizadas no Congreso. Foto: Congreso dos Deputados
16 feb 2024 05:30

José Ramón Gómez Besteiro (Lugo, 1967). Avogado. Concelleiro do primeiro goberno do PSdeG-PSOE na cidade luguesa, con Xosé López Orozco como alcalde, en 1999. Voceiro do equipo de goberno até 2007. Concelleiro de Urbanismo. Deputado provincial. De 2007 a 2015 presidiu a Deputación de Lugo. Secretario xeral da Agrupación Lucense do PSdeG. Secretario xeral dos socialistas na provincia de Lugo. Unha carreira feita, segundo os seus detractores, ao abeiro de José Blanco, plenipotenciario secretario de organización e, posteriormente, vicesecretario do PSOE.

En marzo de 2013 adiantou a súa intención de optar á secretaría xeral do PSdeG. Gañou co 77 % dos votos as primarias e foi ratificado —co 95 % dos votos— como secretario xeral no Congreso extraordinario do PSdeG o 29 de setembro de 2013. Daquela proclamou: “Remataron as divisións, as etiquetas, non hai complexos neste partido. Volve o PSdeG e faino para quedar”.

Proclamas de unidade e vontade de reconciliación para cancelar as retesías internas e frear a debilitación do partido tras a caída do bipartito en 2009 e poder impulsar a renovación do PSdeG para “volver ser útil á sociedade galega”. Unha estratexia para a procura dunha terceira vía política activa entre o PPdeG de Feijóo (“a dereita máis dura e insensible dos últimos 30 anos”) e a oposición de AGE e o BNG.

'Lawfare' e ostracismo

O clima de sospeita, que engordaron os numerosos casos de corrupción do Partido Popular e PSOE, foi aproveitado pola xuíza Pilar de Lara que se aventurou a instruír nove macrocausas nas que se viron imputadas máis de 200 persoas. Entre elas salientaron a operación Carioca (2009), a Pokémon (2012), a Pulpo (2013), a Cóndor (2015) e a Garañón (2015). Procesos iniciados, en non poucos casos, en escura sincronización con momentos (pre)electorais e cun alto impacto político.

A imputación de Besteiro na operación Pulpo activouse tras ser entregados á fiscalía unha serie de anónimos por Elena Candia, hoxe presidenta do PP de Lugo

O 11 de marzo de 2016, José Ramón Gómez Besteiro foi imputado no caso Garañón por Pilar de Lara como presunto autor de delitos de prevaricación, contra o territorio, tráfico de influencias e falsidade documental. Ao día seguinte, renunciou como candidato dos socialistas á presidencia da Xunta. O 18 de marzo de 2016 dimitiu como secretario xeral do PSdeG. Previamente, de Lara abrira contra el outra instrución —a operación Pulpo— por seis supostos delitos. A imputación de Besteiro na operación Pulpo activouse tras ser entregados á fiscalía unha serie de anónimos por Elena Candia (daquela voceira dos conservadores na Deputación e, arestora, presidenta do PP de Lugo e a súa cabeza de lista nas eleccións do 18F). Episodios de lawfare que, oportunamente, impediron a elección de Besteiro coma senador autonómico en 2015 e forzaron a súa renuncia como candidato á presidencia da Xunta en 2016.

Besteiro, rehabilitado

Da dimisión de Besteiro ao peche da causa da operación Pulpo transcorreron case sete anos de enramallada xudicial e silencio político forzoso. Antes, en febreiro de 2021, pecharase o caso Garañón sen condena ningunha. Besteiro é un dos escasos dirixentes políticos rehabilitados partidariamente tras padecer os rigores acusatorios e deslexitimadores dun delongado caso de lawfare.

Cada vez que se produciu un avance no seu lento proceso de exculpación aviveceuse o sebastianismo no PSdeG. A semellanza do movemento profético que acreditaba que o rei don Sebastião de Portugal non morrera na batalla de Alcazarquivir en 1578 e que había de regresar para arranxar os problemas da nación, as esperanzas de moitos socialistas galegos residían en que a absolución definitiva de Besteiro permitiría a súa resurrección como líder do PSdeG.

A recuperación como activo político de Besteiro e o nomeamento de José Miñones como ministro de Sanidade espreguizaron o PSdeG, máis tamén deixaron á luz a fraxilidade do liderado do seu secretario xeral, Valentín González Formoso. Avalado por Pedro Sánchez, Besteiro ocupou a Delegación do Goberno na Galiza. Con todo, a ilusión sebastianista inicial empardeceuse axiña debido aos reveses electorais do PSdeG nas municipais do 28M e nas xerais do 23X.

Os fracasos electorais de 2023

O PSdeG fiábao todo a un bo resultado o 28M para poder recuperar folgos nas xerais e inverter o sorpasso do BNG nas autonómicas. O éxito de 2019 (111 alcaldías, 1.181 actas de concelleiros, un terzo dos sufraxios) ficou sensiblemente abaixado (99 alcaldes, 1.010 edís e un devalo de 3,7 puntos na porcentaxe de votos), gravado pola perda da Deputación de Pontevedra e das alcaldías de Ferrol e Santiago de Compostela.

Tras a recuada das municipais, o PSdeG sumou o 23X un novo revés. Tivo 14.329 votos máis que o 10N de 2019, mais minguou do 31,59 % ao 29,84 % dos sufraxios e cedeu 1 deputado ao PPdeG en Ourense, outro en Lugo e un terceiro na Coruña. Galiza —xunto con Melilla, Madrid, Navarra e Euskadi— foi das comunidades nas que o PSOE tivo menos do 30 % dos votos, pero a única delas na que se perderon escanos. Galiza e Andalucía rexistraron as maiores perdas: 3 e 4 deputados, respectivamente. A contabilidade electoral de Besteiro, cabeza de lista por Lugo, quedou seriamente damnificada: o PPdeG tivo máis do 50 % dos votos na cidade e na provincia.

Unha incómoda herdanza

Nos anos de euforia filipista, o PSOE convenceuse de que, para a normalización e estabilidade do Réxime do 78, era útil ceder a Autonomía galega a Manuel Fraga, líder histórico da dereita española, para que ensaiase sen maiores molestias o seu proxecto de Galicia como unha nova Baviera conservadora. Tras o Goberno Tripartito do PSdeG, Coalición Galega e o Partido Nacionalista Galego, presidido por González Laxe (1987-89), o PSdeG conformouse con xestionar o seu poder municipal e exercer unha oposición de baixa intensidade, desintesada polo devir do autogoberno galego.

Especialmente durante a terceira secretaría xeral de Francisco Vázquez (1994-98), o PSdeG tornouse, de acordo coa lóxica bipartidista, nun complemento amigable da hexemonía do PPdeG, renunciando a ser alternativa de cambio fronte ao fraguismo. A chegada á secretaria xeral de Emilio Pérez Touriño traduciuse nunha reactivación política do partido que acentuou o seu perfil socialdemócrata, galeguista e federal, e intensificou á oposición a Fraga, o que lle permitiu equilibrar a correlación de forzas co BNG en 2001 e liderar a derrota do fraguismo en 2005 e o goberno bipartito até 2009.

O PSdeG viuse historicamente pexado pola ausencia dun proxecto galego, fracturado internamente en faccións e baronías

Fóra da paréntese de Pérez Touriño (1998-2009), o PSdeG viuse historicamente pexado pola ausencia dun proxecto galego de cambio, acantoado nunha oposición contemplativa, máis complemento que alternativa, fracturado internamente en faccións e baronías, con líderes de menor engado cidadá, incapaces soster unha política contenciosa eficaz para erosionar a hexemonía do PPdeG.

A lawfare contra Besteiro eivou a posibilidade dun cambio de estratexia en 2016. Desde aquela o poder municipal do PSdeG formatouse como unha alternativa de relevo (do PPdeG) máis que de cambio. O arrastre electoral do primeiro sanchismo permitiu unha melloría electoral nas xerais de 2019 e con Gonzalo Caballero como cartel electoral un modestísimo avance nas autonómicas de 2020 (do 17,88 % 19,39 % dos votos) ficando con 14 escanos no pazo do Hórreo. A herdanza incómoda que recibe Gómez Besteiro é a dun partido que, durante o feixonianismo, claudicou como forza de cambio do autogoberno galego, depreciación que o converteu na terceira forza parlamentaria desde 2016, primeiro desprazado por En Marea e, a seguir, polo BNG. Condición que non vai mudar tras as eleccións do 18F.

Avais e desconfianza

O aval de Pedro Sánchez, da Moncloa e Ferraz, achandou a candidatura de Besteiro á presidencia da Xunta. A aposta do PSOE por Besteiro é indiscutible, mais a falta de entusiasmo en sectores do PSdeG é igualmente perceptible. As sondaxes non achegan melloras electorais e a indiferenza ábrese paso. A perspectiva dunha derrota do PPdeG e a formación de goberno de cambio co PSdeG en posición subalterna incomoda por máis que a derrota de Rueda e Feijóo consolidaría un segundo goberno progresista e abriría unha nova crise de liderado no Partido Popular.

A algúns dirixentes do PSdeG cáusalles máis desacougo que o BNG se afirme como forza de goberno que o PPdeG prorrogue o dominio conservador na Galiza

Tras o 28M quedou en claro a estratexia do tándem dirixente actual do PSdeG, Valentín González Formoso e Manuel Lage Tuñas, que primou non facilitar gobernos de coalición co BNG e mesmo intensificar á oposición aos gobernos en minoría dos nacionalistas no caso de Pontevedra e Compostela. A algúns dirixentes do PSdeG cáusalles máis desacougo que o BNG se afirme como forza de goberno que o PPdeG prorrogue o dominio conservador na Galiza. É un retorno suicida á política de claudicación que eivou o PSdeG no arranque do fraguismo e nos mandatos de Núñez Feijóo. Sombras que hipotecan o futuro de Besteiro.

Nunha sonada entrevista, preguntado Lluis Llach por quen era o principal inimigo de Pascual Maragall como presidente da Generalitat, o cantautor dixo que era o PSC. Nas horas baixas, pódese dicir cousa semellante respecto de Besteiro e o PSdeG. Na recta final da campaña, coa plana maior dos PSOE e dos ministerios entregados para gañar os indecisos, Besteiro xógase todo o seu crédito para poder ter, efectivamente, unha segunda oportunidade para optar á secretaria xeral e facer do PSdeG unha forza do cambio e o avance do autogoberno galego.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Investigación
Investigación Un cargo de Sumar se llevó seis millones para gestionar una residencia pública con una empresa con cinco días de antigüedad
Una de las personas clave de Yolanda Díaz en Galicia, Iván Olmos, recibió de su madre la concesión tras ganar un concurso millonario del Ayuntamiento de Verín (PSOE) al que solo se presentó ella para gestionar un centro de día durante 15 años.
Galicia
Industria papelera El rechazo a la celulosa de la Xunta y Altri desborda el corazón de Galicia
Una manifestación multitudinaria abarrota el ayuntamiento lugués de Palas de Rei, donde se pretende instalar la industria papelera, con la gran ausencia del PSOE y un gran frente amplio de la sociedad civil.
xanferreiro
16/2/2024 10:20

Agora o voto útil e o do B.N.G. , os votos a Sumar e Podemos non contan , xuntos mais fortes , a gañar .

0
0
Investigación
Investigación Un cargo de Sumar se llevó seis millones para gestionar una residencia pública con una empresa con cinco días de antigüedad
Una de las personas clave de Yolanda Díaz en Galicia, Iván Olmos, recibió de su madre la concesión tras ganar un concurso millonario del Ayuntamiento de Verín (PSOE) al que solo se presentó ella para gestionar un centro de día durante 15 años.
Inteligencia artificial
Inteligencia artificial IA y crisis climática: las grandes tecnológicas escogen España para instalar sus gigantescos centros de datos
El boom de la IA ha disparado las necesidades de computación de los centros de datos y su consumo de agua. Llas grandes tecnológicas buscan nuevas regiones para instalarlos. España entre ellos.
Genocidio
Lucha contra el genocidio Acampada en la Universidad Complutense: las esporas del 15M que han germinado por Palestina
Estudiantado organizado de manera asamblearia que ya suma 500 tiendas de campaña desafía al consejo de rectores madrileños y promete resistir hasta que se rompan relaciones con Israel.
Contigo empezó todo
El Salto libros El Salto lanza su propia línea editorial con un libro sobre la otra historia de España
El Salto Libros se estrena con el volumen ‘Contigo empezó todo’, del periodista Eduardo Pérez, otra visión de la historia de España a través de 30 episodios olvidados. Suscríbete y te lo enviamos gratis.
Genocidio
Genocidio palestino Las organizaciones humanitarias llaman a declarar oficialmente la hambruna en Gaza
Hamás ha lanzado cohetes de largo alcance sobre Tel Aviv, algo que no realizaba desde hace cuatro meses, sin que se hayan registrado bajas. El ejército israelí ha asesinado a 81 personas solo este sábado en Rafah y otras zonas de la Franja.
Unión Europea
Fronteras La ultraderecha prepara su asalto al Parlamento Europeo capitalizando el discurso antiinmigración
Las encuestan apuntan a una mayor representación en la Eurocámara de los dos espacios políticos de extrema derecha, mientras los países que demandan un endurecimiento del Pacto de Migración y Asilo son mayoría.

Últimas

El Salto Radio
EL SALTO RADIO Mucho más que mascotas
Episodio 23 del podcast familiar Caleidoscopio, en el que los pequeños colaboradores y colaboradoras nos cuentan lo mejor de tener animales en casa.
Más noticias
La vida y ya
La vida y ya Perras
Cuando una perra ladra en medio de la noche sucede siempre que despierta a otras perras, de eso no cabe duda.
Genocidio
Tribuna 18 noches en el lado correcto de la historia
VV.AA.
Entre infantilizaciones y denuncias de radicalización, desde la Acampada por Palestina de Madrid reclamamos con voz propia una ruptura de relaciones con Israel.
Elecciones
Elecciones europeas La izquierda lleva sus cuentas pendientes a unas Europeas que ponen a prueba el contraataque de Sánchez
El Partido Popular y Vox plantearán una campaña en clave nacional contra el “sanchismo”. El presidente del Gobierno ha salido reforzado en las encuestas tras las elecciones catalanas pero no superará al PP según una reestimación de datos del CIS.

Recomendadas

Memoria histórica
Eduardo Pérez “Quería recordar a las mejores generaciones que han pasado por España”
El periodista Eduardo Pérez, colaborador habitual de El Salto, firma ‘Contigo empezó todo’ un libro que rescata 30 momentos estelares de la otra historia de España, olvidada, silenciada y vilipendiada por el relato oficial.
Albania
Turistificación La otra cara de la Riviera Albanesa
La apuesta del Gobierno albanés de poner el futuro económico en manos del sector turístico está llevando a una masificación del sector que se traduce en la degradación del medio ambiente y un fuerte encarecimiento de la vivienda.
Desigualdad
Desigualdad Gary Stevenson: “Permitimos que el debate económico esté dominado por ricos y eso conduce a una idiocracia”
El londinense pasó de ser el 'trader' más rentable de uno de los mayores bancos del mundo a convertirse en un activista contra la desigualdad y contarlo todo en su primer libro.