El Salvador
“Esas mulleres estiveron anos no cárcere; agora organízanse e levan a voz das súas reivindicacións”

Teodora foi condenada tras sufrir un aborto espontáneo: “Cando estabamos no cárcere eran outros os que falaban; agora que saímos, que ninguén nos roube as nosas palabras”. Hoxe, Teodora é activista polos dereitos das mulleres salvadoreñas e unha das persoas ás que deu voz o documental 'En deuda con todas'. Falamos cos seus realizadores.

21 dic 2019 11:33

El Salvador é un dos países máis restritivos cos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres. Baixo a lei actual, unha muller que perde ao seu bebé nun aborto espontáneo −aínda que sexa nun embarazo resultado dunha violación− é xudicializada por cometer homicidio. ‘En deuda con todas’ aborda a problemática das mulleres que están no cárcere tras sufriren complicacións obstétricas en partos extra-hospitalarios. Ademais, a vulneración dos dereitos e o estigma agudízase en mulleres menores e sen recursos. Falamos largo e tendido con María Lobo e Roi Guitián, realizadores do documental e membros de Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO).

Unha das realidades que se tratan é que a vulneración dos dereitos das mulleres afecta en maior medida ás mulleres pobres.
Roi Guitián: En todos os países onde hai leis restritivas co aborto, as restricións afectan máis a quen menos recursos ten. Un exemplo era a España de hai décadas, cando non estababa regulado e as mulleres viaxaban a Londres a abortar. En El Salvador pasa algo semellante pero cunha desigualdade social moito maior; alí está moi aceptado, polo que nos dixeron fóra de cámara, que quen quere practicar un aborto marcha a unha clínica privada ou fóra do páis. Pero se tes cartos, claro. Quen sofre a lexislación exemplarizante son as mulleres pobres sen posibilidade de defensa e que non importan demasiado . Outro detalle é que eses abortos que se fan en clínicas privadas son voluntarios, mentres que os que se dan no cárcere son espontáneos.

María Lobo: O que hai é unha criminalización da muller e da muller pobre. Non podes interrumpir o teu embarazo por ser menor, por ter un embarazo froito dunha violación −ou as dúas cousas− ou por malformacións que impiden que o embarazo vaia como debería. Moitas veces as mulleres pobres nin teñen un seguimento médico e decátanse meses despois do seu embarazo, sobre todo as que son menores e non saben o que lles está a pasar no seu corpo. Despois está o tema da penalización, porque calquera destas mulleres é sospeitosa de querer rematar co embarazo. De feito, nun aborto espontáneo, o equipo médico chega xa coa policía ou mesmo a policía chega antes porque de entrada a muller é culpable.

en deuda 4
Son moi habituais os embarazos non desexados en menores, a maioría resultado de violacións. A violencia sexual contra as menores é un problema estrutural?
M.L: Case 20.000 embarazos, un 30% dos total de 2017, rexistráronse en nenas de entre 10 e 19 anos. Deses, uns 4000 foron catalogados como agresións sexuais, deses só 1500 foron a xuízo e só 488 acabaron en condena. É dicir, 488 condenas de case 20.000 embarazos de menores. Isto é absurdo, e fala dunha normalización da vulneración dos dereitos humanos desde que son nenas.

Nunha escena do documental comentan cun sorriso na boca que sorprendeque mentres elas estiveron no cárcere, os homes que as violaron seguiron libres facendo a súa vida.
M.L: Que sorrían mentres falan diso sorprendeunos moito. Pensamos: “Pero como poden ser tan fortes?” Despois, cando falas con elas mentres nas comidas ou nas viaxes decátaste de que pasaron xa tantas cousas na súa vida, que contalo non é do máis difícil que teñen que facer. Pasaron algo tan duro que o resto non podemos nin retratar nin contar.

R.G: Noutra conversa do documental na que falan dos seus violadores, falan dos pesadelos recorrentes que teñen no cárcere, de como abusan delas, que vían sombras... Noutro momento, Teodora di que ás mulleres se lles xulga por abandonar aos seus fillos, pero que o home cando se desentende completamente, pois non. Ela dicía: “e iso non é aborto?” Co home non hai ningún estigma.

M.L: Con Alba Lorena falamos moito. Ela foi violada, quedou embarazada, con 7 meses tivo unha emerxencia obstétrica, perdeu ao bebé e foi ao cárcere condenada por homicidio. Ademais de levar o estigma de que todo o mundo pense que tentou matar ao seu bebé, leva a culpa da violación e ten que cargar co estigma de que ela provocou esa violación porque non sabe facer ben as cousas e a convirten nunha persoa moi vulnerable. Ao final, Alba Lorena, canda Las 17, consegue empoderarse, que é xusto o contrario do que pretendía o sistema. Moitas das encarceradas por abortar foron violadas.

 As mulleres son condenadas por homicidio aínda que os abortos sexan resultado de problemas obstétricos. Explicádenos isto.
R.G: Antes do 1998 a lexislación era máis equiparable a moitas das que hai a día de hoxe, con causais que permiten interrumpir o embarazo por exemplo en casos de violación. No 98, co apoio de grupos conservadores e relixiosos, especialmente católicos, cámbiase a lei e déixase de contemplar esas causais e se elimina calquera xustificación para interrumpir o embarazo. Nese momento modifícase tamén a Constitución de xeito que un salvadoreño o é desde o momento da súa concepción. Nin sequera hai un acordo científico sobre cal é ese momento, pero legalmente xa é unha vida e xa ten dereitos. Entón, cando hai un aborto espontáneo e chegan a policía e os equipos médicos, atópanse cunha muller moitas veces inconsciente e un neno morto e din: “ese neno é o seu fillo, así que foi ela a que o matou”. É unha lóxica absurda pero é como o interpreta a xustiza, entendendo que tivo que ser a nai quen matou ao neno. Homicidio.

M.L: Teodora, Morena... Moitas delas din que isto é un problema de estado. Os corpos policiais e os médicos están totalmente ‘pillados’ e para eles é un risco cuestionar o que pasou alí. Para os médicos é un risco recoñecer que houbo unha complicación obstétrica e que o feto provocaba que estivera en perigo a vida da muller..

"Se miras declaracións de deputados de El Salvador e o comparas con algún ‘provida’ de España, a narrativa é a mesma."

R.G: Neses casos ningún médico se arrisca a salvar á nai porque podería ser considerado cómplice de homicidio, en caso de que morra o feto. Os médicos nestes casos chaman a policía e listo, para non ter problemas. É o que lle pasaba a doutora Xiomara, que tivo problemas no seu embarazo e estaba en serio risco a súa vida. Aínda que os médicos sabían que o corazón do bebé ía parar pronto, como seguía latindo podían ser cómplices de homicidio.

M.L: Ela −a nai− sabía que o seu bebé non ía sobrevivir, e que ela tampouco. Como médica, foi unha privilexiada e puido presionar aos seus colegas para que fixeran o que tiña que facer. Unha muller pobre, ou unha menor, non ten esa opción, imposible.

Que motivou ese cambio lexislativo tan restrictivo? Igrexa católica? Evanxélica? Despois non se cambiou nin con 8 anos de gobernos do FMLN.
R.G: Principalmente foi a igrexa católica a partir do movemento ‘provida’, na época de Juan Pablo II. Empeza a falarse dos dereitos sexuais das mulleres, do aborto, da eutanasia, a violencia de xénero... Entón creouse un lobby de presión no Vaticano para articular un discurso que enfrontase todas esas ideas emancipadoras en todas as partes do mundo. Creáronse grupos cun argumentario contra a liberdade sexual, eutanasia, aborto.. En El Salvador estaba ARENA (partido conservador) no goberno e co apoio de grupos católicos fixeron piña.

M.L: Foi unha cuestión populista e en busca de rédito político. A igrexa católica inicia este lobby, a dereita únese e unha gran parte da esquerda tamén. Ao final, o resultado é unha poboación que pensa de xeito simplista que un aborto é un asasinato. A lectura de todo isto é que non podemos dar ningún dereito por conquerido porque alí déronse moitos pasos cara atrás. Temos que estar espertas porque desde alí, os movementos feministas estannos avisando de que esteamos alerta, que o que pasou alí pode pasar en calquera lugar.

Parécevos moi diferente ás campañas de odio ou á transfobia que xurdiu no estado español?
M.L: O discurso e os argumentos son exactamente os mesmos. Se miras na rede declaracións de deputados de El Salvador e o comparas con algún ‘provida’ de España, a narrativa é a mesma. Os contextos son diferentes, pero as respostas do colectivo feminista salvadoreño son as mesmas que as que se teñen aquí. É unha cuestión de marcar ben quen ten o poder, de clases sociais e de perpetuar as desigualdades.

R.G: Tamén hai intereses económicos. Con estas leis restrictivas, evitando falar de educación sexual ou de planificación familiar, o poder económico asegúrase de que haxa man de obra barata. Se en entornos humildes non chega esa educación, á esa xente non lle vai quedar outra que traballar para sobrevivir. É todo un sistema. Hai que traballar esta cuestión, pero detrás hai un sistema e uns intereses económicos, políticos e relixiosos.

M.L: De aí o título do documental. O estado salvadoreño está en débeda con todas as mulleres do país.

en deuda 3
Aínda así, o documental deixa certa esperanza, pola sentencia de absolución de Evelyn. Hai perspectivas de cambio? E se as hai, por onde pasan?
M.L: Esa lectura é a que queriamos transmitir. Todo é moi chungo, pero todo o documental se fixo da man de organizacións feministas que arriscan moito, que están ameazadas e non poden facer unha vida como facemos nós. Ves o seu traballo, como melloran a vida da xente.... E fainos estar seguras de que alí vai cambiar as cousas. A absolución de Evelyn foi posible grazas ao traballo das organizacións feministas de toda a vida e tamén das novas xeracións, que loitan con novas ferramentas. Isto supón un raio de esperanza do que hai que tirar porque o cambio e o futuro están nestas rapazas e nestes movementos feministas.

"Moitas veces desde Europa pensamos que todo empeza con nós, pero son as salvadoreñas as que saben como conseguir o cambio. Nós temos que seguir os seus pasos e aprender do que están a facer."

R.G: Os cambios políticos sempre chegan a remolque dos cambios sociais. Para nós, estar con xente de La Colectiva, ou na casa de Teodoras... Moitas delas son analfabetas, sen ningunha oportunidade que o pasaron fatal pero aínda así están organizadas para participar en foros políticos e loitar polo cambio social. Queriamos retratar a realidade máis dura pero tamén amosar ese traballo da base.

M.L: O cambio comeza con elas. Moitas veces desde Europa pensamos que todo empeza con nós, pero son as salvadoreñas as que saben como conseguir o cambio. Nós temos que seguir os seus pasos e temos que aprender do que están a facer.

R.G: Ao formar parte dun proxecto de cooperación, nós xa tiñamos un camiño traballado coas organizacións salvadoreñas. Foron elas as que decidiron onde incidir. Intentamos evitar ter unha mirada etnocéntrica.

Máis alá desta problemática específica, a loita e organización comunitaria de Centroamérica é digna de envexar.
M.L: O seu contexto é máis desfavorable. Esas mulleres estiveron no cárcere 15 anos e agora traballan xuntas, organízanse e levan a voz das súas reivindicacións. Iso, aquí... é difícil de imaxinar. Temos moitísimo que aprender das organizacións comunitarias de alá.

R.G: A primeira vez que coñecemos a Teodora díxonos: “cando estabamos no cárcere eran outros os que falaban, agora que saímos, que ninguén nos roube as nosas palabras”. Para nós foi clarificador e por aí articulamos todo o documental. A través da propia experiencia chegas ‘ao meollo’ dos problemas. Como xornalistas temos que escoitar e dar esa voz.

M.L: O primeiro ano despois de ser liberada, Teodora foi ela soa á mani do 8M cunha pancarta, berrando polo dereito das mulleres no cárcere. Ía totalmente soa e agora xa montaron un grupo dos máis potentes da marcha do 8 de marzo. É unha historia moi chula: de saír do cárcere a manifestarse ela soa cunha pancarta “porque ninguén se lembra de nós”. Para elas é moi valioso e din “esta é a nosa historia e a compartimos con quen queremos”. A voz ten que ser delas.

O documental é moi pedagóxico. Como foi a resposta alá?

M.L: Polo que nos dixeron, vai ser unha ferramenta útil e as organizacións de alí vano utilizar para crear contradiscurso. Na estrea houbo unhas 200 persoas e sabemos que toca a sensibilidade das institucións que gobernan. Iamos estrear o documental nunha sala dependente da asamblea pero cando leron a sinopse e viron de que ía o documental, non nos deixaron. Tiveron que atrasar un mes a estrea porque non atopabamos onde presentalo. As organizacións, en cambio, están desexando espallalo.

Faláchedes con alguén do FMLN sobre o documental? Que contestan?
M.L: Pois depende. Unha das organizacións de mulleres que participa no documental está moi vinculada ao FMLN e están a favor da despenalización. A deputada coa que falamos tamén. Tamén é certo que non falamos con moitísima xente porque é un tema delicado. Si que é verdade que o FMLN en 8 anos de goberno non cambiou nada e nin se levou o tema a debate.

R.G: E cando se aprobou a lei foi tamén con votos do FMLN. Hai unha diferencia entre o voto de base e os que realmente mandan, que non se mollan ou se se mollan é dun xeito moi hipócrita.

Quen vos gustaría, ou quen debería, ver o documental?

R.G: Se cadra Nayib Bukele, o presidente, que ten poder de decisión. Pero que o vexa con empatía e escoitando as historias das mulleres. O documental busca ter incidencia política, e gústenos ou non, iso hoxe pasa polos políticos electos.

M.L: Para min o importante é que o vexan os colectivos que loitan polos dereitos das mulleres en todo o mundo, e que fagamos moito barullo, porque os cambios veñen sempre desde abaixo. Espero que en El Salvador tamén fagan moito barullo para que a asamblea lexislativa non teña outra opción que levar o tema a debate e se lexisle ao respecto.

'en deuda con todas'
O documental está realizado pola Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO). Neste artigo feito polo voluntariado da organización para a revista Vinte podedes atopar máis información sofre o proxecto.
en deuda 1

 



Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Extrema derecha
Mujeres contra el fascismo Colectivos de mujeres ocuparán Colón para plantar cara al acto de Vox que congregará al “fascismo global”
La manifestación partirá el domingo 19 a las 11 horas desde la madrileña plaza de Colón y acabará en Nuevos Ministerios, donde a las 12 horas enlazará con una de las columnas de la marcha por la sanidad pública.
Aborto
"Mi voz, mi decisión" Madrid se llena de estatuas masculinas en favor del aborto
Una acción del colectivo Violetas(N) viste al famoso Oso y el Madroño o al exministro Alonso Martínez con el pañuelo verde en defensa del derecho al aborto, dentro de la campaña “Mi voz, mi decisión” para combatir el auge de la extrema derecha.
Alemania
Extrema derecha “Es imposible confiar en el Estado alemán y su policía en la lucha contra los neonazis”
En Alemania, el movimiento antifascista se enfrenta a una oleada de represión, mientras que las elecciones de septiembre auguran la victoria del partido de extremaderecha Alternativa para Alemania en diferentes estados.
Congreso de los Diputados
Congreso de los diputados Solo el voto en contra del PP evitaría que pasara su primer trámite la ley del PSOE contra el proxenetismo
Al primer partido del gobierno le bastaría una mayoría simple para comenzar el trámite de la propuesta del ley que presentó en solitario al Congreso de diputados. Aún y con ello grupo popular no les regalará el sí directamente en este primer pulso. Sumar hecho público su 'no' ya que considera que la propuesta del PSOE no aborda ninguna solución.
Análisis
Neoliberalismo Aquelarre fascista en Madrid: el auge de la aporofobia
El desaguisado argentino, VOX, Meloni, Le Pen, Trump, Bolsonaro, … son la consecuencia final lógica de un sistema de gobernanza que ya ha fracasado, el neoliberalismo.
Biodiversidad
Biodiversidad Natura 2000: una red de protección medioambiental amenazada por la agricultura
La pieza central de las políticas de protección medioambiental ha sido incapaz de frenar el avance de la agricultura intensiva en zonas sensibles. Visitamos tres ecosistemas protegidos en España, Portugal y Alemania para comprobar su impacto
Feminismos
Feminismos Ana Requena y June Fernández: periodistas, feministas… e intensas
Estas dos comunicadoras comparten amistad, oficio y edad: cumplirán este año los temidos cuarenta. Por fortuna, en las presentaciones del último libro de Ana Requena, ‘Intensas’, las señoras suelen contar que una se libera con los años.
Contigo empezó todo
El Salto libros El Salto lanza su propia línea editorial con un libro sobre la otra historia de España
El Salto Libros se estrena con el volumen ‘Contigo empezó todo’, del periodista Eduardo Pérez, otra visión de la historia de España a través de 30 episodios olvidados. Suscríbete y te lo enviamos gratis.
Turismo
Turismo Venecia experimenta el capitalismo de la vigilancia
A pesar de que el sistema de vigilancia construido por el Ayuntamiento de Venecia se parezca más a un panóptico que a otra cosa, sus representantes han insistido en los beneficios que ofrecerá a una de las ciudades más turistificadas del planeta.

Últimas

La mirada rosa
La mirada rosa Faltan activistas
Nos faltan activistas; nos sobran fascistas. El amor que defendía Roberta en su última nota —“I love you all”— corre un serio peligro, aunque aún no queramos admitirlo.
Privatizaciones
PRIVATIZACIÓN SANITARIA Osakidetza adjudica 5 millones a una consultora sancionada por prácticas colusorias
Según el Gobierno Vasco, “no se dispone de personal suficiente” y solamente Deloitte “puede garantizar la experiencia en los servicios solicitados y tiene capacidad para proveer perfiles expertos para abordar el desarrollo requerido".
Medio ambiente
Contra la planta de biogás La Coronada vuelve a movilizarse contra la planta de biogás
La Coronada (Badajoz) alberga ya un macrovertedero y sería la principal perjudicada por la planta de biogás proyectada en la vecina localidad de Villanueva de la Serena.
Más noticias
Irán
Irán La muerte del presidente de Irán sacude un escenario internacional convulso
Teherán comunica la muerte de su jefe de Gobierno, Ebrahim Raisi, y su ministro de exteriores, Hossein Amirabdollahian, después de que su helicóptero se estrellara en la tarde del domingo.
Genocidio
Genocidio El Gobierno de Israel compara al TPI con los nazis tras la solicitud de orden de detención contra Netanyahu
Reacciones a la decisión de investigar por crímenes de guerra al primer ministro y el ministro de Defensa de Israel. Hamás y la OLP denuncian que el Tribunal de La Haya equipara a víctimas y verdugos.
Crisis climática
Overshoot Day España entra en déficit ecológico
Este 20 de mayo se cumple el Día de la Sobrecapacidad de la Tierra en España, lo que significa que el país ya ha consumido el límite de recursos naturales por año que permitiría al planeta regenerarse.

Recomendadas

Unión Europea
Unión Europea Derechos humanos frente a militarización: 600 entidades interpelan a los partidos ante las elecciones europeas
A tres semanas de las elecciones para el Parlamento de Europa, seiscientas organizaciones no gubernamentales se han unido para exigir una Europa que blinde los derechos humanos ante la escalada en las políticas belicistas.
Migración
Migraciones Patera vacía: navegando en la necropolítica migratoria
Seguimos a un grupo de gente que se resiste a aceptar el designio de la suerte y del azar que hace que haya víctimas o supervivientes de manera injustamente aleatoria.
Periodismo
Jesús Cintora “Nunca había estado tanto tiempo fuera de la televisión o la radio... no sé por qué será”
El expresentador de Las mañanas de Cuatro publica ‘El precio de la verdad’ (Editorial B, 2024), un ensayo sobre el estado actual del periodismo español.
Migración
Migración y Asilo La Europa Fortaleza ya está en marcha en Líbano
Líbano devuelve 200 refugiados a Siria en el primer retorno supuestamente voluntario desde que Von der Leyen anunciara el pacto anti-inmigración con Beirut.