Economía social y solidaria
Dez anos sementando outra forma de consumir

Conversamos con catro persoas que forman parte da Cooperativa de consumo responsable Zocamiñoca, un proxecto consolidado na cidade de A Coruña e arredores.

Zocamiñoca Cooperativa
Asamblea da Cooperativa Galega de Consumo Responsable Zocamiñoca que este mes cumpre 10 anos na cidade de A Coruña. Arquivo Zocamiñoca
8 ene 2020 13:39

Era o verán do ano 2007, os movementos sociais galegos gozaban de boa saúde logo de aproveitar a onda do Nunca Máis. Nese momento, na Coruña un grupo de catro ou cinco persoas, que co paso do tempo chegaron a ser case dez, comezan a pensar e indagar sobre a posibilidade de construír un proxecto de consumo responsábel adaptado ás necesidades da propia cidade. Ese proceso de reflexión e construción, que durou case un ano, levounos a visitar outros grupos de consumo en Galiza como Árbore en Vigo, A Xoaniña en Ferrol ou Panxea en Compostela. Coñeceron tamén proxectos similares en Catalunya, Euskal Herria ou Andalucía, onde observaron as diferentes posibilidades legais e as diversas experiencias noutros lugares. Esta información era fundamental para poder construir un proxecto minimamente sólido, con perspectivas de sustentarse no futuro e adaptado á realidade propia.

Neses primeiros momentos, como sinala Marcial Blanco —único traballador da cooperativa e membro do grupo inicial— “a idea era aprender de procesos previos que se deran tamén na cidade, como foran un grupo de consumo vinculado ao Centro Social Mil Lúas ou outro pequeno grupo en Perillo (Oleiros) chamado Millo Miúdo, que tras un tempo parado aínda segue activo e participa tamén con nós de Zocamiñoca”. Unha das preocupacións iniciais tamén tiña en conta a forma de participación, é dicir, que fose un proceso ameno, cordial, realmente participativo, cun claro posicionamento político pero sen adscricións ideolóxicas, nin ataduras ou débedas con outras organizacións, nin sequera ecoloxistas.

“Estamos consolidadas, pero non é doado (...); Zocamiñoca é como un caracol, imos devagar, non medramos moito nestes dez anos.”

En definitiva, “un proceso moi respectuoso cos tempos e as opinións de cada persoa, que permitise ir implicando a máis xente, contrastando moitos puntos de vista, deixando madurar as decisións para que todas as participantes nos debates tiveran unha idea clara do que e como se ía facer, incluíndo tamén a persoas produtoras ou labregas da contorna” engade Blanco. Finalmente, optaron por constituír unha cooperativa de consumo responsábel, con tenda propia para persoas asociadas, que abre mércores e xoves, onde poder conseguir alimentos de proximidade, de produción ecolóxica, e onde tamén se teñen en conta as condicións laborais das produtoras coas que se traballa e as canles de distribución cando os produtos veñen de lonxe.

Presente e perspectivas de futuro

Na cooperativa contan con unhas 150 persoas asociadas. As socias consumidoras actualmente están en torno ás 100 unidades de consumo, mais tamén existen socias que colaboran no día a día da cooperativa asumindo tarefas e que se organizan en diversos grupos de traballo, como poden ser a de produtoras, a económica, o grupo de comunicación e informática ou o de limpeza do local. Ao longo da década de existencia de Zocamiñoca os grupos de traballo van e veñen en función do tempo e dos intereses das persoas implicadas.

Maru Regueiro, outra das persoas que estivo no grupo promotor e que, dez anos despois, continúa participando no grupo de traballo de produtoras afirma que “estamos consolidadas, pero non é doado, faltaríanos máis difusión do que facemos para ter máis socias e poder facer máis cousas; Zocamiñoca é como un caracol, imos devagar, non medramos moito nestes dez anos —estamos mellor que ao inicio claro— e xa somos referente na comarca, xa nos chaman da Universidade cando hai que falar de soberanía alimentaria, etc”. Destaca tamén que un dos obxectivos do proxecto é manter o rural próximo vivo, que non morra, que as persoas poidan seguir vivindo dignamente do traballo labrego. Por iso é moi importante tamén a relación coas produtoras, coas que consensúan os prezos dos produtos frescos dúas veces ao ano. “Eu sempre digo que detrás de cada produto de Zoca hai unha historia, o que permite coñecer tamén proxectos moi interesantes na Galiza e noutros lugares, apoialos e potencialos”, acrecenta Regueiro.

“Trátase dunha filosofía de vida, que ten en conta o coidado do planeta e que permite acadar a autosuficiencia alimentaria”

A día de hoxe poden admitir a máis persoas asociadas, sendo conscientes de que o seu interese non é medrar por medrar, “pero ter máis socias consumidoras si nos permitiría chegar a máis produtos, estar máis presentes na cidade e ter máis equilibrio nas contas que garantan o noso funcionamento”, sinala Marcial Blanco. Polo tanto, son conscientes que existen riscos e perigos debido a que o consumo algunhas semanas non é o suficiente para garantir a viabilidade do proxecto. Neste senso Antón Núñez, outro dos membros dese grupo promotor, apunta que “hai un chan bastante sólido para resistir, pero non imos sobrados, teremos que ver se abrimos a tenda a persoas non asociadas, ver como facelo e que tipo de compromiso poderían asumir co proxecto esas consumidoras puntuais, ver como transcender ese modelo de socias exclusivas e quizais procurar fórmulas mixtas”.

Espazo de coidados e de aprendizaxe

Todas as persoas coas que falamos para esta reportaxe sinalan que Zocamiñoca é un espazo de convivencia e aprendizaxe mutuo, “un proxecto de transformación social onde a través do consumo podemos contribuír a cambiar moitas cousas. Trátase dunha filosofía de vida, que ten en conta o coidado do planeta e que permite acadar a autosuficiencia alimentaria” apunta novamente Maru. Pola súa banda, Helena Martínez unha das socias máis recentes, aínda que xa leva dende o 2016, sinala como “Zocamiñoca serve para coñecer a parte máis política do consumo, o negocio da alimentación. Mais tamén a nosa contorna e a xente que a traballa. Axúdanos a repensar hábitos: os xeitos de transporte que empregamos, o tipo de lecer que temos, ou o xeito no que tomamos decisións ou que atendemos a diversidade. O consumo responsábel é a vía de entrada a cambiar outras dinámicas do noso día a día, a recolocar prioridades”.

Deste xeito, promoven un intercambio digno entre campo e cidade “pois o rural nos alimenta, é de onde vimos, temos que axudar a manter as condicións de vida da xente que articula o noso territorio”, apunta novamente Marcial Blanco. Esa relación de proximidade permite apoiar en momentos de debilidade ás produtoras coas que traballan cando, por exemplo, precisan vender alimentos para que non se perdan. Polo que “se crean unhas relacións de confianza e de traballo conxunto totalmente distintas ás que te atopas noutros ámbitos do activismo ou no propio mercado. Ademais, fainos coñecer outras realidades e permite facer un traballo de transformación social moi integral, dende a nosa vida cotiá, dende o consumo, que é algo que todas e todos facemos”, conclúe Helena Martínez. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Gobierno de coalición
Gobierno de coalición Sumar pisa el acelerador y se anima al choque con Sánchez
En el grupo parlamentario están decididos a aprovechar la crisis de los “días de reflexión” para marcar perfil propio y recobrar iniciativa con medidas de agenda “social y democratizadora”.
Sanidad pública
Sanidad Pública Madrid ha aumentado un 140% el presupuesto dedicado a privatizaciones sanitarias en la última década
Catalunya lidera el porcentaje de gasto en conciertos, con un 22,6%, seguida de Madrid, con un 12,3%, mientras el nuevo proyecto de ley no blinda los contratos con entes privados.
Migración
Migración y Asilo La Europa Fortaleza ya está en marcha en Líbano
Líbano devuelve 200 refugiados a Siria en el primer retorno supuestamente voluntario desde que Von der Leyen anunciara el pacto anti-inmigración con Beirut.
Contigo empezó todo
El Salto libros El Salto lanza su propia línea editorial con un libro sobre la otra historia de España
El Salto Libros se estrena con el volumen ‘Contigo empezó todo’, del periodista Eduardo Pérez, otra visión de la historia de España a través de 30 episodios olvidados. Suscríbete y te lo enviamos gratis.
Entrevista La Poderío
Cristina Consuegra “La cultura es aquello que te posiciona contra la barbarie”
A Cristina Consuegra es difícil encajarla en una cosa. Consuegra es un torbellino de colores que lo lleva to' palante. Lo mismo organiza un festival de cine de índole nacional en los barrios, que la escuchas en la radio, por citar algo. Consuegra es mucha Cristina y Cristina es demasiada Consuegra.
Opinión
Geopolítica El efecto mariposa en la geopolítica de nuestro tiempo
El planeta se encuentra inmerso en cuatro encrucijadas, cada una de las cuales por sí misma, tiene la potencia para dislocar el mundo que conocimos.

Últimas

Cómic
Cómic ‘Grandville’, de ucronías antropomórficas y viñetas ‘steampunk’ victorianas
‘Grandville’, el cómic creado por Bryan Talbot, situó París en una realidad alternativa donde es la ciudad más grande de un mundo poblado por animales, y advirtió del riesgo de creer que los horrores pasados no se repetirán.
LGTBIfobia
Lesbicidio Cientos de personas en vigilia ante la embajada argentina: “Fue lesbicidio”
Una vigilia en el centro de Madrid señala la responsabilidad del gobierno de Milei en el asesinato de tres mujeres lesbianas en Buenos Aires que fueron quemadas vivas el pasado 6 de mayo: “Es el responsable”.
Palestina
Acampadas pro palestinas La acampada de la Universitat de València cambia de estrategia
La asamblea anuncia que levanta la ocupación permanente de un espacio del campus y que seguirán realizando acciones de protesta.
Movimientos sociales
Opinión Garanticemos la autonomía de los movimientos
Hay que establecer unas relaciones sanas de respeto mutuo y de no injerencia con los partidos y sindicatos que postulan un cambio social profundo
Formación El Salto
Formación El Salto Fotoperiodismo y movimientos sociales: una mirada a las luchas desde abajo a través de un objetivo
La Escuela de Periodismo Crítico de El Salto ofrece su primer curso presencial, en el que abordaremos, de la mano de nuestros fotógrafos, cómo plasmar a través de la imagen movilizaciones y resistencias.
Sidecar
Sidecar Fantasmas de 1968
Las universidades estadounidenses se han transformado paulatinamente en organizaciones policiales y carcelarias público-privadas, que responden ante los benefactores y los políticos, no ante los estudiantes ni el profesorado.
Neocolonialismo
Francia El níquel, la batería detrás del proyecto de recolonización de Macron en Nueva Caledonia
Las protestas de la población canaca se producen contra una reforma electoral que beneficiará aún más a los colonos asentados recientemente en la isla. De fondo están los beneficios de la minería de níquel, que la metrópolis quiere acaparar.
Literatura
Día das Letras Galegas As poetas queer ante Luísa Villalta: “A poesía é unha ferramenta para poder cambiar o espazo que habitamos”
Afra Torrado, Cinthia Romero e Lara Boubeta, tres poetas disidentes galegas, xúntanse para reflexionar sobre o seu vínculo coa poesía, a importancia de referentes na literatura e a implicación que ten o Día das Letras Galegas.

Recomendadas

LGTBIAQ+
Lesbofobia El triple lesbicidio en Argentina evidencia el impacto de los discursos de odio
La escasa repercusión mediática de un brutal feminicidio de tres mujeres lesbianas en una pensión de Buenos Aires alerta sobre la normalización de los discursos estigmatizantes.
Cuidados
Darcy Lockman “Antes de los niños no hay mucho que hacer y la desigualdad se tolera más fácilmente”
La psicóloga explica con datos en ‘Toda la rabia’ por qué la crianza intensifica la desigualdad en las parejas pese a todos los incentivos para que los hombres cuiden.
Instituciones culturales
Descolonizar el museo Colombia pide a España que devuelva el Tesoro de los Quimbayas
El Ministerio de Cultura de Colombia solicita formalmente el retorno de la colección Quimbaya que se encuentra en el Museo de América en Madrid.