Colonialismo
Germán Labrador: “Galiza, como espazo cultural, foi obxecto de colonización durante a época do franquismo”

O director de Actividades Públicas do Museo Reina Sofía considera que a descolonización dos museos é “unha obriga da época” e unha “tendencia imparable”.
Germán Labrador Méndez
Germán Labrador Méndez actual director de Actividades Públicas do Museo Reina Sofía | Foto: ogalego.gal (wikipedia)
14 jun 2023 06:00

Agochan moito máis que sinxelas coleccións do patrimonio material e inmaterial das sociedades. Non son só salvagardas de tradicións e costumismo, pois detrás de todo aquilo que exhiben nas súas salas atópase a construción dun relato concreto que, na gran maior parte dos casos, arroupa ás persoas vencedoras e omite –e polo tanto borra da historia– a todas aquelas que foron perseguidas e discriminadas. Tras a “cara B” dos museos revélanse as pantasmas coloniais que artellaron a historia que mellor conviña aos diferentes imperios, pero construída sobre os cimentos de violencias estruturais, tales como o racismo ou o machismo. E a comunidade galega non é allea a esta realidade.

O pasado mes de maio, o catedrático do Departamento de Español e Portugués da Universidade de Princeton en excedencia e actual director de Actividades Públicas do Museo Reina Sofía, Germán Labrador, visitou Pontevedra no marco da conferencia Galicia e as pantasmas coloniais. Unha conversa pendente sobre museos, memoria e democracia, organizada pola Deputación de Pontevedra. Para Labrador, a descolonización dos museos constitúe na actualidade “unha tendencia imparable” e “unha obriga da época” tras séculos dando as costas aos que foron considerados uns ninguéns na historia. Afirma que de non ser levado a cabo o proceso democrático de reparación da memoria dentro das propias institucións museísticas, serán as propias sociedades as que o acaben impoñendo.

O legado colonial continúa presente na gran maioría das institucións museísticas, por que na actualidade segue constituíndo a gran cuestión pendente?
Entran en xogo varias cuestións. Atopamos que os museos son espazos de relatos da Modernidade e que eses mesmos relatos nacionais ocultaron os seus intereses e a súa “cara B”, é dicir, todo aquilo que nos cuestionaba, ameazaba e, especialmente, todo aquilo que se relacionaba con violencias estruturais que estaban detrás deses proxectos; violencias que se refiren a todo o avance do capitalismo dende a súa fundación á configuración dunha sociedade baseada no que Aníbal Quijano definiu como colonialidade do poder e do sistema mundo, é dicir, o artellamento de grandes zonas de fluxo de extracción e de configuración de mundos a partir dese mesmo xesto de borrado e centralización. E esta é unha dinámica global, unha dinámica que afecta á Modernidade, na cal o propio dispositivo museo está situado no centro e é, por dicilo dalgunha maneira, un escaparate da mesma, constituíndo á súa vez un lugar onde esa forza do relato toma forma, amósase e serve para educar e nomear o mundo.

A colonialidade do poder é unha dinámica global, na cal o propio dispositivo museo está situado no centro; é un escaparate da mesma

Comenta que o museo é un dispositivo que se atopa no centro desas dinámicas, pode concretar o papel que xogan á hora de sostelas?
O museo é unha das tecnoloxías culturais centrais desta mesma Modernidade e, polo tanto, a colonialidade do poder está no seu mesmo corazón e con isto mesmo é co que teñen que ver eses borrados e esas violencias que non soamente son territoriais, senón que tamén son patriarcais, de clase e, sobre todo, raciais; teñen que ver con modos de entender o mundo e de organizalo. Aquí é importante sinalar que non é o mesmo como se constrúen os museos no interior dos grandes imperios dos séculos XIX e XX, como pode ser o do imperio inglés, americano ou alemán, a como se constrúen en lugares que, sendo centrais na primeira configuración da Modernidade nos séculos XV, XVI e XVII, como é o caso do Imperio Español, chegado o século XIX atópanse nunha zona ata certo punto periférica, de maneira que a configuración destes museos nestas tradicións atrasadas ou desprazadas é distinta. A configuración nestes casos é distinta máis aínda se temos en conta o proceso de constitución dun relato cultural, un relato nacional ou comunitario, e que as institucións museográficas en territorios como Galiza, que teñen aínda unha dobre relación de desprazamento respecto desa Modernidade, son á vez centros e periferias da mesma, polo tanto, a propia dinámica de configuración deses espazos e de borrados e inclusións que conteñen é diferente. Á hora de pensar a descolonización aquí, hai que facelo dende esa mesma particularidade.

As violencias que agochan os museos non soamente son territoriais, senón que tamén son patriarcais, de clase e, sobre todo, raciais
De que maneira se contribuíu dende Galiza a esa construción do relato cultural estatal, tendo en conta esas particularidades que menciona?
En Galiza hai unha tiple determinación. Por unha banda, Galiza como espazo cultural no século XVI ou XVII, cando está construíndo unha ponte atlántica co universo americano, digamos funcional ás universidades do Imperio Hispánico e, nese senso, forma parte desa colonialidade, ao igual que o pode facer Sevilla, por exemplo. Posteriormente, no século XIX o que determina a relación cultural con América ten que ver máis co fenómeno da migración, coas complexas redes de migración que van dende o traballo máis proletarizado das emigrantes ata o capital de ida e volta do universo indiano. E, por último, no século XX hai unha terceira determinación central que é que Galiza, como espazo cultural, foi ao mesmo tempo obxecto de colonización durante a época do franquismo. O franquismo relaciónase culturalmente co espazo cultural galego, coas súas tradicións e os seus mundos en chave colonial, e o proceso de desenvolvemento, as marcas do desenvolvemento en Galiza, teñen unha dimensión colonial, tanto no aspecto da relación cos recursos, co medio ambiente, co territorio, coas comunidades e, obviamente, en como no imaxinario cultural se sostén ese proceso, como un elemento castelanizador, de exposición e tamén de orientalismo, camiñando cara a unha exotización do galego, de configuración dun mito cultural.
O franquismo relaciónase culturalmente co espazo cultural galego, coas súas tradicións eos seus mundos, en chave colonial
Logo é preciso un traballo de recuperación da memoria.
Si. Cando falamos de descolonización dos museos ou dos relatos, do que falamos fundamentalmente é de contextualizalos. Trátase de poñer no seu contexto histórico os mitos, os relatos e os diferentes dispositivos para ver o que hai e o que non hai. Descolonizarse significa traer de volta aquilo que falta en gran medida, incorporar a historia dos vencidos, a historia dos borrados, a historia daqueles corpos e vidas que non teñen teoría e historia. Trátase de ver que é o que ese relato fundador borra, de onde está a súa forza, que é o que necesitou transformar para poder existir.
Descolonizar significa traer de volta aquilo que falta en gran medida, incorporar ahistoria dos vencidos, a historia dos borrados, a historia daqueles corpos e vidas que nonteñen teoría e historia
Podería poñer algún exemplo concreto da construción do relato interesado a nivel nacional?
Si, poño un exemplo moi concreto. A partir de 1892 multiplícase o culto a Cristóbal Colón no contexto español, pero tamén no contexto galego, igual que poucos anos antes, tamén acontencía con respecto á figura de Méndez Núñez, que fora configurada como un novo heroe do Atlántico. Cristóbal Colón, a partir do cuarto centenario do suposto descubrimento de América, foi promovido como un gran emblema cultural da hispanidade, que servía tamén para negociar a relación entre o vello Imperio Hispánico, as novas repúblicas latinoamericanas e a emerxente potencia estadounidense. A partir do ano 1898, cando o dominio xeopolítico español das últimas colonias do ultramar desaparece, con todo, os fluxos de intercambio comercial e de intercambio humano, a migración, multiplícanse e ao mesmo tempo multiplícase a memoria imperial. Canto menos imperio queda, máis memoria imperial se produce. E ese revival nostálxico da memoria imperial nunha época, en teoría postimperial, é moi significativo e alude, en contrapunto, a toda a circulación, moitas veces invisible, das centenas e centos de miles de persoas, ás viaxes da inmigración transatlántica. Deste xeito, un mito imperial está a facer un certo contrapunto cunha realidade socioeconómica.
Instituciones culturales
Instituciones culturales Descolonizar el museo: el arte de devolver lo robado
La iniciativa para que los museos españoles revisen su relación con el colonialismo pasado y presente no prospera, pese a los movimientos ciudadanos que así lo exigen desde fuera de sus salas.

Á hora de levar a cabo o proceso de descolonización, que medidas cómpre adoptar? Están aplicándose nalgunha institución?
Si, eu creo que esta é unha tendencia imparable, froito de varias determinacións, por unha banda, da necesidade de democratizar as institucións culturais, cuxa función xa non é máis soster o discurso dunhas elites, senón de incorporar a unha cidadanía na súa configuración. E esta necesidade de democratizar os relatos, facelos plurais, facelos inclusivos, radicalízase nun presente marcado pola multiculturalidade e a globalización. As sociedades occidentais son cada vez máis complexas en termos de multiculturalidade e iso obríganos a revisar os discursos de exclusión e os discursos de monoidentidade, que son os que configuraron en gran medida os relatos nacionais, sobre todo os relatos nacionais hexemónicos. Nese sentido, a pregunta sobre as múltiples pertenzas, os tránsitos, as meztizaxes, a subalternidade… é unha obriga na nosa época e ningunha institución vai poder estar á marxe da mesma. Dunha forma ou doutra, se as institucións non afrontan este traballo pendente, un traballo que en moitos casos xa está en marcha, será a cidadanía a que o realice e acabe impoñéndo. Esta realidade é semellante á que vimos nos últimos anos noutros contextos cunha urxencia máis forte. Os relatos unilaterais que borran ao outro da historia son inaceptables e o que estamos a ver é o legado de todos os herdeiros desa zona de sombra, de todos os herdeiros deses borrados, que reclaman hoxe o seu lugar na historia e o seu lugar nos espazos. É o signo da época. En moitas ocasións a sociedade asocia os museos a espazos estáticos, algo que vén mudando nos últimos tempos. Porén, nalgunhas cidades semella que aínda custa que a poboación se achegue a estas institucións.

Estamos a democratizar as institucións culturais, cuxa función xa non é máis soster o discurso dunhas elites, senón de incorporar á cidadanía na súa configuración
Cales son as claves para reverter esta situación?
Por unha banda, existe esa vella noción do museo como espazo pechado, complexo, dirixido a uns poucos, pero eu creo que xa non é a dominante. Hai moitísimos tipos de museos, de moitos signos, e o museo foi un lugar de experimentación cultural nos últimos anos dun xeito moi notable. Os museos, hoxe en día, poñen moita enerxía e coidado en construír relacións de participación, de inclusión, de experimentación cos seus públicos. Nese senso, eu considero que un museo ten que resultar significativo para a comunidade. Un museo ten que ser relevante para os seus veciños, ten que ser capaz de apelar a historias que nos atravesen. E tamén ten que ser un espazo de crítica e de experimentación, un lugar onde nos descoloquemos un pouco e onde teñamos que abrirnos cara outras cousas, pero sobre todo a clave está en que o museo non é algo distinto á sociedade, é ao revés, é a sociedade a que ten que incorporarse ao museo e dende aí facer o seu e ser capaz de discutir sobre si mesma no interior dese espazo.

 


Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Instituciones culturales
Descolonizar el museo Colombia pide a España que devuelva el Tesoro de los Quimbayas
El Ministerio de Cultura de Colombia solicita formalmente el retorno de la colección Quimbaya que se encuentra en el Museo de América en Madrid.
Laboral
Laboral El Reina Sofía se queda por error sin servicio de Mediación Cultural tras el despido de 19 trabajadores
La empresa adjudicataria del servicio de Mediación Cultural en el museo Reina Sofía despedirá por un ERE a sus 19 empleados. El museo cometió un “error monumental” en la licitación, según el sindicato SUT, que aboca a ese despido colectivo.
Instituciones culturales
José Luis Pérez Pont “Mi destitución fue una acción política, no entienden que pueda haber profesionales independientes”
El gestor cultural José Luis Pérez Pont fue cesado en sus cargos de director gerente del Consorci de Museus de la Comunitat Valenciana y director artístico del Centre del Carme Cultura Contemporània de València en cuanto Vox llegó a Cultura.
Movimiento BDS
Palestina La Universidad Autónoma de Barcelona y la ciencia europea al servicio de Israel
Una investigación destapa los lazos entre la universidad catalana y el entramado universitario israelí, así como sus vínculos con tecnologías armamentísticas.
Migración
Migraciones Patera vacía: navegando en la necropolítica migratoria
Seguimos a un grupo de gente que se resiste a aceptar el designio de la suerte y del azar que hace que haya víctimas o supervivientes de manera injustamente aleatoria.
Periodismo
Jesús Cintora “Nunca había estado tanto tiempo fuera de la televisión o la radio... no sé por qué será”
El expresentador de Las mañanas de Cuatro publica ‘El precio de la verdad’ (Editorial B, 2024), un ensayo sobre el estado actual del periodismo español.
Contigo empezó todo
El Salto libros El Salto lanza su propia línea editorial con un libro sobre la otra historia de España
El Salto Libros se estrena con el volumen ‘Contigo empezó todo’, del periodista Eduardo Pérez, otra visión de la historia de España a través de 30 episodios olvidados. Suscríbete y te lo enviamos gratis.
Que no te lo cuenten
Que no te lo cuenten De infiltrados y organizaciones humanitarias
VV.AA.
Destacamos un nuevo caso de agentes policiales infiltrados en movimientos sociales y recordamos que Israel ya lleva 8 ataques a entidades de ayuda humanitaria
La vida y ya
La vida y ya Acampadas
Alguien anuncia el comienzo del taller y se acerca un montón de gente. Practican cómo resistir de forma activa y no violenta ante la policía.

Últimas

Deportes
Deportes Ilegales de Vallecas: rugby de barrio y deporte feminista
Este sábado 18 de mayo tuvo lugar el I Torneo Ilegales en Vallecas, una propuesta para fomentar el tejido social y los lazos entre mujeres de diversas generaciones.
Gobierno de coalición
Gobierno de coalición Sumar pisa el acelerador y se anima al choque con Sánchez
En el grupo parlamentario están decididos a aprovechar la crisis de los “días de reflexión” para marcar perfil propio y recobrar iniciativa con medidas de agenda “social y democratizadora”.
Más noticias
Cómic
Cómic ‘Grandville’, de ucronías antropomórficas y viñetas ‘steampunk’ victorianas
‘Grandville’, el cómic creado por Bryan Talbot, situó París en una realidad alternativa donde es la ciudad más grande de un mundo poblado por animales, y advirtió del riesgo de creer que los horrores pasados no se repetirán.
Formación El Salto
Formación El Salto Fotoperiodismo y movimientos sociales: una mirada a las luchas desde abajo a través de un objetivo
La Escuela de Periodismo Crítico de El Salto ofrece su primer curso presencial, en el que abordaremos, de la mano de nuestros fotógrafos, cómo plasmar a través de la imagen movilizaciones y resistencias.
Que no te lo cuenten
Que no te lo cuenten De infiltrados y organizaciones humanitarias
VV.AA.
Destacamos un nuevo caso de agentes policiales infiltrados en movimientos sociales y recordamos que Israel ya lleva 8 ataques a entidades de ayuda humanitaria
Opinión
Geopolítica El efecto mariposa en la geopolítica de nuestro tiempo
El planeta se encuentra inmerso en cuatro encrucijadas, cada una de las cuales por sí misma, tiene la potencia para dislocar el mundo que conocimos.
LGTBIfobia
Lesbicidio Cientos de personas en vigilia ante la embajada argentina: “Fue lesbicidio”
Una vigilia en el centro de Madrid señala la responsabilidad del gobierno de Milei en el asesinato de tres mujeres lesbianas en Buenos Aires que fueron quemadas vivas el pasado 6 de mayo: “Es el responsable”.

Recomendadas

Migración
Migración y Asilo La Europa Fortaleza ya está en marcha en Líbano
Líbano devuelve 200 refugiados a Siria en el primer retorno supuestamente voluntario desde que Von der Leyen anunciara el pacto anti-inmigración con Beirut.
Entrevista La Poderío
Cristina Consuegra “La cultura es aquello que te posiciona contra la barbarie”
A Cristina Consuegra es difícil encajarla en una cosa. Consuegra es un torbellino de colores que lo lleva to' palante. Lo mismo organiza un festival de cine de índole nacional en los barrios, que la escuchas en la radio, por citar algo. Consuegra es mucha Cristina y Cristina es demasiada Consuegra.
LGTBIAQ+
Lesbofobia El triple lesbicidio en Argentina evidencia el impacto de los discursos de odio
La escasa repercusión mediática de un brutal feminicidio de tres mujeres lesbianas en una pensión de Buenos Aires alerta sobre la normalización de los discursos estigmatizantes.