Economía
Permacultura social, a gran descoñecida

As propostas socioeconómicas dos fundadores da Permacultura seguen a ser as grandes esquecidas malia a súa pertinencia para os nosos tempos.
Bill Mollison
Bill Mollison. Autor: Nicolás Boullosa. (CC BY-NC)

Coordinador do Instituto Resiliencia

5 may 2021 06:03

No mundo social alternativo e da agroecoloxía a Permacultura aparece sempre tan vencellada a prácticas de biomímese agrícola que mesmo un pensador tan documentado coma Jorge Riechmann, cando escoitou falar de Permacultura Social por vez primeira, pensou que se trataba dun símil, dun uso figurado do termo (vid. Para evitar la barbarie). Mais lonxe de ser apenas unha evocación retórica, a chamada Permacultura Social constitúe un dos legatos máis valiosos que nos deixou Bill Mollison, continuado polo seu compañeiro David Holmgren e que constitúe tamén a alma de propostas hibridadas co municipalismo libertario como a Vía da Simplicidade doutro veterano permacultor dos nosos antípodas, Ted Trainer.

E é que precisamente na coñecida como a “Biblia da Permacultura”, o libro Permaculture: A Designer's Manual (1988), Mollison dedica todo un capítulo (o 14, Strategies for an alternative nation) a describir como artellar un país cos mesmos criterios e valores que propón aplicar aos cultivos para facelos sostibles (isto é: perma-nentes). Isto resulta perfectamente coherente se lembramos que o que pretende a Permacultura non é tan só lograr un sistema de cultivo que imite a Natureza, senón un xeito de os humanos habitarmos a terra que poida ser permanente. Por este motivo, do inicial “permacultivo” acabouse falando de “permacultura” á hora de traducir este neoloxismo ás nosas linguas nos anos 80 e 90, porque falamos do redeseño das culturas humanas para facelas permanentes, é dicir, sustentables e resilientes. Mais a Permacultura Social continúa a ser, máis de trinta anos despois, unha gran descoñecida, e mesmo nin a maioría das persoas que se din permacultoras escoitaron falar dela, porque tampouco as persoas e institucións que forman nela a adoitan incluír nos seus programas formativos. Resulta rechamante que das aparicións da palabra na WWW menos do 2% vaian acompañadas da palabra “social”. Isto fai que nos preguntemos se non será que o propio movemento pretende autocensurar a parte máis radical da proposta orixinal, que é, precisamente, a que podería ter unha meirande repercusión social.

A proposta política, social e económica dos pais da permacultura permanece como a parte menos coñecida da súa obra

A proposta política que comezara a bosquexar Mollison a finais dos anos 80 sería continuada despois polo seu discípulo Holmgren en diversos libros e artigos, e así por exemplo na súa obra principal, Permaculture: Principles and Pathways Beyond Sustainability (2002), achéganos as ferramentas teóricas para aplicar a permacultura tanto a unha granxa familiar como a unha empresa de calquera tipo, a un proxecto non lucrativo ou mesmo a un goberno municipal. A Permacultura Social podería ser vista como unha póla irmá do Decrecemento, que nace do mesmo tronco e case ao mesmo tempo. Contrariamente a outras propostas teóricas que abroiaban naqueles anos, coma o municipalismo libertario de Murray Bookchin (que adoecía dun notorio tecnoutopismo), a Permacultura incorpora nas súas propostas sociais unha boa dose de realismo ecolóxico e de simplicidade tecnolóxica, algo que precisamos hoxe en día dunha maneira desesperada, ante os soños irreais que nos pretenden embarcar en quiméricas transicións verdes e dixitais.

Mais que é en concreto o que propón nos terreos social e económico a Permacultura? Para dar unha resposta introdutoria a esta cuestión, ímonos adentrar na proposta inicial de Mollison, expresada no seu Designer's Manual de 1988. Para comezar, asombra descubrir a contundencia coa que afirma ao comezo dese capítulo final que todo o que explicara no resto do libro, acerca de como restaurar a terra, “quedaría en nada” se continuabamos como sociedade “investindo en armas e destrución” e non abordabamos os “atrancos sociais e políticos” que estaban detrás desa destrución. Como comprender entón que apenas se ensine hoxe a Permacultura coma unha especie de sistema para deseñar hortas ecolóxicas? Para abordar eses “atrancos” Mollison vaise nutrir das propostas pioneiras da Economía Ecolóxica, da “economía descalza” de Max Neef, do “pequeno é fermoso” de E.F Schumacher, do cooperativismo basco, e do biorrexionalismo de Kirkpatrick Sale para desenvolver unha proposta que encaixa dun xeito coherente co resto de propostas que el e mais Holmgren comezaran a englobar baixo o termo Permacultura unha década antes.

A Permacultura Social nútrese das mesmas fontes ca o Decrecemento

Unha das propostas socioeconómicas máis interesantes que facía o pai da Permacultura tiña que ver co emprego: propoñía que as persoas desempregadas, no canto de teimar en obter un traballo calquera no sistema que estaba destruíndo as mesmas bases da vida, se asociasen en cooperativas para satisfacer mutuamente as súas necesidades. Esa mesma idea estaría no cerne das Cooperativas de Desenvolvemento Comunitario que idearía Ted Trainer anos despois, e cobra un significado especial nos tempos que estamos a vivir, nos que a crise terminal do capitalismo está a levar por diante millóns de empregos, mesmo antes da aceleración do colapso producida pola COVID-19. Afirma, coma facía o noso Castelao, que a verdadeira riqueza non reside nos bancos, senón nos recursos naturais xestionados pola propia xente.

A aposta do científico australiano non só é cooperativista, senón tamén internacionalista (chega a propor unhas “novas Nacións Unidas” baseadas na cooperación e unha redefinición ética do mesmo concepto de nación), e fundada nunha extensa aprendizaxe colectiva dos novos modos de vida que precisamos para facer un uso ético da terra e do resto de recursos. Unha tarefa que non podemos confiar ao mercado, explica, mais tampouco aos gobernos, xa que “deixar que a xente se organice para obter o seu propio alimento, enerxía ou acubillo implica perder o control económico e político sobre ela”. Resulta doado identificar a proximidade co pensamento libertario nestas argumentacións, unha liña na que aprofundarían seguidores como Trainer combinándoa coa tradición e experiencia anarcosindicalista española. Mollison defende expresamente o igualitarismo social, a democracia de base, o “non-crecemento” e por suposto, o ecoloxismo.

Bill Mollison propón alternativas comunais ao Estado e ao mercado, e asegurar así o acceso á terra e a todos os recursos básicos para a vida.

No terreo dos sistemas políticos propón substituír os baseados na competencia entre propostas curtopracistas que perseguen o poder e a explotación, por outros non xerárquicos e con obxectivos biocéntricos a longo prazo inspirados na Teoría de Sistemas. E na sempre polémica cuestión da propiedade privada, propón a propiedade comunal (comunitaria) como alternativa á privada e mais á estatal para cuestións básicas como a terra, a vivenda, os recursos mineiros, etc. Diferencia ademais entre a propiedade e o dereito ao usufruto, e defende a creación en cada rexión dunha “Oficina do Acceso á Terra”, que garanta o dereito a iso que por aquí algúns chamabamos “a leira básica”. Pregúntase o autor australiano por que somos “recrutados” en exércitos para matar outras persoas e non se nos recruta “para construír casas, cultivar patacas ou plantar bosques para o futuro”. E defende como dereitos básicos arrebatados pola lexislación dos Estados o dereito a autoabastecernos como familias ou comunidades do básico para vivir: auga, comida, material para construír as nosas vivendas, etc.

Mais volvendo ao tipo de organización social que bosquexa nestas seminais páxinas do seu extenso manual de 1988, Mollison propón artellar as súas nacións ao redor de biorrexións, que poderían cadrar aproximadamente coas bisbarras en Galiza, nun biorrexionalismo das concas hidrográficas que lembra as propostas no terreo espiritual do teólogo Ched Myers. Entre os diversos grupos biorrexionais el propón a alianza multicultural como oposta ao concepto da “integración”, que cualifica de “xenocidio burocrático”. Como alternativa á organización estatal el propón unhas “organizacións biorrexionais”, cuxa estrutura chega a definir con notable detalle, así como o entramado de fideicomisos, fundacións e fondos económicos asociado. Tamén é salientable a súa proposta ecónomica e organizativa para o desenvolvemento de vilas resilientes e altamente autosuficientes a partir de cooperativas de crédito. Podemos destacar desa economía local un par de propostas: as moedas municipais e os proxectos de “silvicultura social”, que non estarían lonxe do noso monte en man común.

A un nivel menor de organización social el fala de “familias extensas” que serían unha especie de irmandades unidas por unha mesma ética e por proxectos económicos comúns, semellantes ao modelo das CDC de Trainer ou ao modelo experimentado pola Cooperativa Integral Catalá, con menos dun milleiro de membros que se aliarían nunha especie de “tribos”, que en número dunhas poucas decenas formarían, confederándose, o seu concepto de “nación”.

Despois desta breve ollada ás propostas socioeconómicas de Bill Mollison, cando volvamos escoitar falar de Permacultura saberemos que é moito máis ca bonitas espirais de herbas aromáticas. De feito, ben cabería pensar en incorporar aos nosos referentes imprescindibles para un futuro poscapitalista (Marx-Engels, Bakunin-Kropotkin) non só un tándem decrecentista Latouche-Taibo, senón tamén outro permacultural Mollison-Holgrem. E seguramente fariamos mellor aínda se sumamos dúas mulleres fundamentais: Margulis (a simbiose) & Ostrom (os ben comunais), mais esa é outra historia e será contada outro día.

Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Crisis climática
Overshoot Day España entra en déficit ecológico
Este 20 de mayo se cumple el Día de la Sobrecapacidad de la Tierra en España, lo que significa que el país ya ha consumido el límite de recursos naturales por año que permitiría al planeta regenerarse.
Análisis
IPC y Salarios ¿Es la inflación igual para todos?
El IPC y la inflación, para el cálculo del incremento de salarios y de pensiones, son ambos un continuo y acumulativo vector de desigualdad social.
Análisis
Análisis El engaño comercial vuelve bajo el disfraz panafricanista
El Banco Mundial, principal defensor de la Zona de Libre Comercio Continental Africana, afirma que esta acelerará el crecimiento económico, pero la evidencia empírica indica que los beneficios esperados no serán tales.
#88836
5/5/2021 13:31

Moi bo. Grazas polo artigo! A tope ca moeda social galega da Sabia.

0
0
Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Laboral
Laboral El Consejo de Ministros aprueba la prevalencia de los convenios colectivos autonómicos y provinciales
La medida entrará en vigor el miércoles 22 de mayo cuando el BOE publique el decreto. Las patronales españolas, Comisiones Obreras y UGT apostaban por la estatalización de los convenios colectivos.
Genocidio
Genocidio Karim Khan: el tipo duro que ha puesto contra las cuerdas a Netanyahu y de los nervios a Biden
La decisión de la Fiscalía del Tribunal Penal Internacional de solicitar órdenes de detención contra los jerarcas israelíes responsables de la masacre de Gaza genera división entre los países europeos e indigna al gobierno de Estados Unidos.
Alemania
Extrema derecha “Es imposible confiar en el Estado alemán y su policía en la lucha contra los neonazis”
En Alemania, el movimiento antifascista se enfrenta a una oleada de represión, mientras que las elecciones de septiembre auguran la victoria del partido de extremaderecha Alternativa para Alemania en diferentes estados.
Residuos
Investigación Tenemos microplásticos en los testículos
Un estudio publicado en la revista 'Toxicological Sciences' encuentra partículas plásticas en la totalidad de los genitales masculinos de perros y humanos analizados.
Congreso de los Diputados
Congreso de los diputados Solo el voto en contra del PP evitaría que pasara su primer trámite la ley del PSOE contra el proxenetismo
Al primer partido del gobierno le bastaría una mayoría simple para comenzar el trámite de la propuesta del ley que presentó en solitario al Congreso de diputados. Aún y con ello grupo popular no les regalará el sí directamente en este primer pulso. Sumar hecho público su 'no' ya que considera que la propuesta del PSOE no aborda ninguna solución.
Contigo empezó todo
El Salto libros El Salto lanza su propia línea editorial con un libro sobre la otra historia de España
El Salto Libros se estrena con el volumen ‘Contigo empezó todo’, del periodista Eduardo Pérez, otra visión de la historia de España a través de 30 episodios olvidados. Suscríbete y te lo enviamos gratis.
Biodiversidad
Biodiversidad Natura 2000: una red de protección medioambiental amenazada por la agricultura
La pieza central de las políticas de protección medioambiental ha sido incapaz de frenar el avance de la agricultura intensiva en zonas sensibles. Visitamos tres ecosistemas protegidos en España, Portugal y Alemania para comprobar su impacto

Últimas

Laboral
Convenio colectivo UGT, LAB y CC OO aceptan formalizar el contrato fijo discontinuo parcial en los polideportivos de Bizkaia
El preacuerdo atiende la reivindicación de la semana de 35 horas, por lo que, junto con los incrementos salariales, el valor de la hora de trabajo aumenta en un 20,8%. ELA ha rechazado el preacuerdo y mantiene la huelga en al menos 18 centros.
Turismo
Turismo Venecia experimenta el capitalismo de la vigilancia
A pesar de que el sistema de vigilancia construido por el Ayuntamiento de Venecia se parezca más a un panóptico que a otra cosa, sus representantes han insistido en los beneficios que ofrecerá a una de las ciudades más turistificadas del planeta.
Carta desde Europa
Carta desde Europa Notas sobre la actual economía política de guerra
La propaganda de guerra tiene como objetivo disfrazar un conflicto de intereses que podría resolverse por la diplomacia como un conflicto de vida o muerte entre formas de existencia incompatibles.
La mirada rosa
La mirada rosa Faltan activistas
Nos faltan activistas; nos sobran fascistas. El amor que defendía Roberta en su última nota —“I love you all”— corre un serio peligro, aunque aún no queramos admitirlo.
Privatizaciones
PRIVATIZACIÓN SANITARIA Osakidetza adjudica 5 millones a una consultora sancionada por prácticas colusorias
Según el Gobierno Vasco, “no se dispone de personal suficiente” y solamente Deloitte “puede garantizar la experiencia en los servicios solicitados y tiene capacidad para proveer perfiles expertos para abordar el desarrollo requerido".
Medio ambiente
Contra la planta de biogás La Coronada vuelve a movilizarse contra la planta de biogás
La Coronada (Badajoz) alberga ya un macrovertedero y sería la principal perjudicada por la planta de biogás proyectada en la vecina localidad de Villanueva de la Serena.
Irán
Irán La muerte del presidente de Irán sacude un escenario internacional convulso
Teherán comunica la muerte de su jefe de Gobierno, Ebrahim Raisi, y su ministro de exteriores, Hossein Amirabdollahian, después de que su helicóptero se estrellara en la tarde del domingo.

Recomendadas

Feminismos
Feminismos Ana Requena y June Fernández: periodistas, feministas… e intensas
Estas dos comunicadoras comparten amistad, oficio y edad: cumplirán este año los temidos cuarenta. Por fortuna, en las presentaciones del último libro de Ana Requena, ‘Intensas’, las señoras suelen contar que una se libera con los años.
Unión Europea
Unión Europea Derechos humanos frente a militarización: 600 entidades interpelan a los partidos ante las elecciones europeas
A tres semanas de las elecciones para el Parlamento de Europa, seiscientas organizaciones no gubernamentales se han unido para exigir una Europa que blinde los derechos humanos ante la escalada en las políticas belicistas.
Migración
Migraciones Patera vacía: navegando en la necropolítica migratoria
Seguimos a un grupo de gente que se resiste a aceptar el designio de la suerte y del azar que hace que haya víctimas o supervivientes de manera injustamente aleatoria.
Periodismo
Jesús Cintora “Nunca había estado tanto tiempo fuera de la televisión o la radio... no sé por qué será”
El expresentador de Las mañanas de Cuatro publica ‘El precio de la verdad’ (Editorial B, 2024), un ensayo sobre el estado actual del periodismo español.