Leyes Mordaza
O Lume Novo Asociativo de Lugo prepárase para queimar as mordazas policiais e municipais do último ano

A Hedreira e outros colectivos e centros sociais autoxestionados da cidade denuncian a represión policial a través de sancións administrativas tramitadas desde o Concello de Lugo, no medio dunha crecente privatización do espazo público e da cultura.
21 jun 2023 07:00

En vésperas de San Xoán, os colectivos sociais prepáranse para celebrar o solsticio de verán coas tradicionais fogueiras. Detrás das connotacións relixiosas desta festa popular agóchanse ritos paganos ancestrais: saltar nove (ou outro número impar) de veces sobre a lamarada escorrenta os malos espíritos e encoméndanos á protección do lume purificador o que resta de ano. 

No concello de Lugo, onde o Lume Novo da mal chamada noite máis curta do ano goza de enorme popularidade, xa se poden solicitar permisos para as cacharelas do 23 de xuño. En 2022, despois de dous anos sen poder celebrarse por mor das restricións que trouxo a pandemia de Covid-19, a Policía Local chegou a tramitar unhas 400 solicitudes, por enriba das 299 rexistradas en 2019 e das 336 en 2018. Entre eses permisos concedidos estaba o do Lume Novo Asociativo na confluencia entre a rolda das Fontiñas e o paseo dos Estudantes, que a partires da media noite incluía queimada, sardiñas e foliada para as persoas asistentes: un programa semellante ao doutras fogueiras da cidade. Malia cumprir con todas as normas que establecía e segue establecendo a ordenanza municipal relacionada en materia de seguridade, o Lume Novo que organiza a rede asociativa foi a única actividade do último San Xoán sancionada pola Policía Local.

“En alomenos doce anos de Lume Novo Asociativo en Lugo (as organizadoras xa perderon a conta do número de edicións) nunca tivemos ningún incidente; sempre tramitamos o permiso para facer a fogueira e sempre fomos respectuosas co espazo que ocupamos”, sinalan desde o centro social autoxestionado (CSA) A Hedreira, un dos cinco colectivos sociais que estivo detrás da organización do Lume Novo Asociativo en 2022. “Xamais tivemos axuda do Concello de Lugo en canto a infraestruturas (auga, luz, baños públicos,...) a pesar de telas solicitado”. Con todo, en novembro do ano pasado, a rede asociativa recibiu unha multa de 300 euros por ocupar a vía pública sen autorización municipal cunha barra para vender comida e bebida. A escasos quilómetros, no barrio da Piringalla, tamén se estaba desfrutando da noite de San Xoán con comida e bebida, mais non houbo ningunha intervención policial que sancionase unha suposta venda ambulante. “Esta multa foi resultado da aplicación arbitraria da lei mordaza”, denuncia Alejandro Vila, do CSA A Hedreira. “Consideramos que non se debería sancionar a ningún colectivo”.

Manifesto de colectivos sociais contra a represión policial

O pasado 28 de abril, un mes antes das eleccións municipais, a asociación A Hedreira recibiu unha proposta de sanción de 600,01 euros por organizar un mercadiño de troco de produtos de segunda man o 21 de maio de 2022 no seu centro social autoxestionado. Despois dunha denuncia da Policía Local, desde a área municipal de Mobilidade e Infraestruturas Urbanas que dirixía Rubén Arroxo, tenente de alcaldesa e líder do BNG en Lugo, incoábase un expediente sancionador por “exercer actividade de mercadiño no baixo número 17 da rúa Catasol (sede social da asociación A Hedreira) sen título habilitante”, unha infracción clasificada como “grave segundo o artigo 53.1 da lei 9/2013, de 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galiza” que pode ser sancionada alternativa ou acumulativamente con “multa de 300,52 a 30.050,61 euros”, segundo pode lerse no acordo de incoación ditado polo concelleiro que foi notificado ao colectivo social. Despois desta significativa sanción administrativa contra o CSA A Hedreira, diversos colectivos sociais da cidade uníronse o 10 de maio na presentación dun manifesto contra a represión que están sufrindo os movementos asociativos que se sitúan fóra do modelo lucrativo e critican a deriva institucional cara á privatización do espazo público e da actividade sociocultural. Este manifesto recibiu o apoio de boa parte do tecido asociativo de Galiza, mais non do Concello de Lugo e particularmente da Área de Mobilidade e Infraestruturas Urbanas, que nin sequera atendeu as preguntas de O Salto Galiza sobre a política municipal que se está exercendo neste eido.

Diversos colectivos sociais de Lugo uníronse o 10 de maio na presentación dun manifesto contra a represión que están sufrindo os movementos asociativos que se sitúan fóra do modelo lucrativo.

“Estas situacións esperpénticas serían impensables décadas atrás” –rezaba este manifesto–. “Ninguén imaxinaría hai vinte anos que unha asociación de veciñas puidese ser sancionada por ter unha barra con cervexa ou por organizar un mercadiño no local do barrio, pero está acontecendo en Lugo, aínda baixo un suposto goberno progresista de PSOE e BNG”, reza no manifesto.

Manifesto A Hedreira 1
O 10 de maio de 2023 presentouse no CSA A Hedreira de Lugo un manifesto contra as sancións a colectivos e asociacións que estaba asinado por decenas de colectivos sociais de Galiza.

Desde a rede asociativa relacionan estas e outras accións represoras da Policía Local coa lei de Seguridade Cidadá, coñecida popularmente como lei mordaza e aprobada durante o goberno do PP en 2015. O espírito desta controvertida lei, que continúa en vigor a pesar das incumpridas promesas de derogala durante o mandato de Pedro Sánchez, arraigó fortemente entre os sectores máis conservadores de Lugo, que un par de anos antes da pandemia apoiaron a frustrada ordenanza municipal de Seguridade e Convivencia Cidadá, tamén chamada ordenanza mordaza polas súas semellanzas coa lei estatal. Foron precisamente os colectivos sociais, culturais e políticos da cidade os que tombaron aquel proxecto do goberno local do PSOE –cos parabéns do PP e de Ciudadanos– co movemento Lugo Sen Mordazas, creado simbolicamente un 15 de maio de 2018.

Represión
Ordenanza mordaza do Concello de Lugo
Lugo prepárase para unha manifestación que pretende frear o borrador da Nova Ordenanza de Convivencia e Seguridade Cidadá.

“Esta ordenanza municipal pretendía restrinxir o uso do espazo público, estigmatizar e perseguir os sectores máis vulnerables da poboación e censurar a actividade dos movementos sociais e políticos a través da represión e das multas administrativas, outorgándolle un poder totalmente arbitrario á Policía Local”, comenta Vila.

Con todo, os efectos da lei mordaza de Mariano Rajoy deixáronse notar o ano pasado na provincia de Lugo, con 928 multas amparadas nesta lexislación estatal que supuxeron un total de 558.107 euros, segundo datos oficiais do Ministerio de Interior.

Sen encaixe legal para poder desenvolver actividades socioculturais

A arbitrariedade da Policía Local que amosan estas sancións é posible porque os colectivos que están detrás de centros sociais e culturais autoxestionados como o CSA A Hedreira, o CS Mádia Leva! ou o CS-CA Vagalume en Lugo carecen de licenzas municipais adaptadas á actividade pública que queren desenvolver. Cando contactamos co Concello de Lugo para preguntar polas licenzas urbanísticas e de actividades dispoñibles, ínstannos a somerxernos na fargallada lexislativa sobre esta materia. “Nós soamente miramos se as instalacións cumpren coa normativa vixente para exercer a actividade que se solicita”, sentencia unha traballadora municipal ao outro lado da liña telefónica, sen entender por que estamos preguntando por ese baleiro legal que denuncian os colectivos sociais. Para eles non existe ningún problema, aínda que en conversas informais cos representantes destes colectivos parece que si asumen a necesidade de atopar encaixe legal para eses centros sociais autoxestionados que se sitúan fóra do marco establecido. “Pídennos a nós que propoñamos solucións, pero ese é o traballo que teñen que facer eles desde a xestión política”, sinala Vila. 

Desde Ergosfera, un proxecto xurdido na Coruña como asociación universitaria de estudantes de Arquitectura en 2006 que hoxe en día se constitúe como Partidarios da Cidade Sociedade Cooperativa Galega, Iago Carro contextualiza este fenómeno dentro da dicotomía conceptual entre o público e o privado, que nega a existencia doutras dinámicas sociais baseadas na xestión corresponsable do ben común. “Hai que expandir os conceptos de público e privado” –afirma Carro–, “no século XXI atopamos realidades máis complexas e as administracións públicas non poden mirar cara a outro lado”.

Desde Ergosfera contextualizan este fenómeno dentro da dicotomía conceptual entre o público e o privado, que nega a existencia doutras dinámicas sociais baseadas na xestión corresponsable do ben común.

A represión que veñen sufrindo os colectivos sociais que avogan pola autoxestión non soamente é policial e económica, senón tamén política e administrativa. Hoxe en día, para abrir un local social ou organizar unha actividade sociocultural na rúa esíxese o cumprimento de numerosas medidas: dispoñer de seguros, presentar informes técnicos, realizar obras para garantir a accesibilidade nas instalacións ou ter a debida autorización para a venda ambulante cando se trata de instalar unha barra de bar no espazo público para financiar a propia actividade que se leva a cabo. Este requerimento legal implica gastos que as asociacións sen ánimo de lucro non poden asumir. En ocasións, incluso que as administracións miren para outro lado e non apliquen con celo a normativa.

Carro sinala que outros centros sociais galegos como o Gomes Gaioso da Coruña tamén se veron afectados por peches a causa de formalidades burocráticas e que esta situación de alegalidade non é exclusiva de Lugo. “Os políticos non o entenden e ven estas iniciativas como un problema, mesmo como unha ameaza”, comenta. Ergosfera, con todo, propón fórmulas para lexitimar estes centros sociais autoxestionados como espazos comúns con recoñecido valor público que xa se están aplicando en países europeos como Italia. Nápoles, por exemplo, foi unha cidade pioneira en institucionalizar os comúns urbanos a través de ordenanzas municipais que daban estatus legal a centros sociais autoxestionados, algúns mesmo en situación de ocupación. “Son espazos comúns con recoñecido valor público” –explica Carro–. “Neste contexto, é absurdo que esteamos debatendo se instalar unha barra de bar para dar viabilidade económica a un espazo autoxestionado é lícito ou non”.

Hemeroteca Diagonal
Giuseppe Micciarelli: “Esto es un laboratorio de autogobierno”
L’Asilo fue el primer espacio liberado reconocido como bien común en Nápoles. Hablamos con el investigador en filosofía política Giuseppe Micciarelli.

Privatización do espazo público e da cultura popular

Desde o CS Mádia Leva!, Xosé Lois Losada acumula anos de experiencia solicitando acceso a espazos públicos para desenvolver as actividades sociais do colectivo, centradas na promoción da cultura galega. Dispoñer da cesión de uso dunha propiedade pública é unha vía para operar na legalidade e organizar actividades socioculturais con máis garantías.

“Desde 2016, temos enviado escritos en nome de Mádia Leva! e outros colectivos ao Concello e á Deputación de Lugo para solicitar a cesión de uso de locais, mais nunca nos responderon. Hai uns catro anos puidemos falar de xeito informal coa concelleira de Cultura (Tareixa Antía Ferreiro Tallón, do BNG) e comentounos que tiñan que facer un inventario de inmobles para coñecer os locais municipais dispoñibles”, lembra Losada. Con todo, a día de hoxe non se deu a coñecer ningún inventario nin houbo compromisos públicos para promover o tecido asociativo local a través da cesión de uso de edificios municipais.

O Concello de Lugo ten oficinas cedidas a asociacións en instalacións do antigo matadoiro de Frigsa, mais este é un espazo que non dá suficiente liberdade para a programación de actividades porque o seu horario, entre outros motivos, está determinado polo servizo de conserxería. Hai anos xurdiu a posibilidade de darlle un uso social ao cuartel de San Fernando, antigo hospital militar e de beneficencia, e tanto Mádia Leva! como o extinto Ateneo Libertario A Engranaxe participaron no proceso para reclamar un espazo común para o tecido asociativo de Lugo. Segundo lembra Losada, aquel “foi un proceso moi estrano” no que a adxudicación parecía determinada. Máis recentemente, aproveitando a rehabilitación da casa-torre da Tinería por parte da Xunta de Galicia, tamén se demandou que este espazo fose de uso veciñal, pero as propostas dos colectivos sociais foron ignoradas unha vez máis pola Asministración Pública e finalmente cedeuse o uso do inmoble á Asociación de Empresarios de Hostalaría e Turismo (APEHL) para convertelo nun centro de promoción do turismo enogastronómico na provincia de Lugo.

Colectivos sociais con longa experiencia na cidade recoñecen que non hai facilidades para a ocupación da rúa e o acceso a locais públicos, mais finalmente sempre se teñen improvisado solucións –coa necesaria complicidade das autoridades municipais– para realizar as actividades. Os atrancos burocráticos fan que os centros sociais autoxestionados acaben sendo locais de oficinas sobre o papel, arriscándose a sancións se as autoridades –especialmente a Policía Local– son ortodoxas na aplicación da normativa. A experiencia do CS Mádia Leva! alugando un local que previamente acollera unha igrexa evanxélica demostra o absurdo desta situación. “Preguntamos aos anteriores ocupantes pola licenza de apertura e resultou que non tiñan”, comenta Losada. Porén, as actividades das igrexas non están suxeitas ao mesmo celo policial e administrativo que outras máis críticas e reivindicativas co statu quo.

No mesmo manifesto presentado o mes de maio para denunciar as sancións contra colectivos e asociacións de Lugo, as asinantes reclamaban “implicación institucional”, “vontade política” e “que se poña freo á liña persecutoria que está a seguir a Policía Local”. Despois da operación Carioca e doutros casos de corrupción, a depuración do corpo aínda está pendente e é por todas coñecido o carácter reaccionario dalgúns membros obstinados en aplicar a lei mordaza ou buscar posibles irregularidades para propoñer sancións a certos colectivos sociais. Pode ser casualidade, pero hai quen fala de arbitrariedade.

Agora que chega o verán e pechan algunhas instalacións municipais, o CSA A Hedreira está recibindo solicitudes de grupos de música para ensaiar no seu local. “Estamos dando un servizo público que nin sequera dá o concello”, insiste Vila. No CSA A Hedreira, que abriu en marzo de 2022 e este mes de xuño celebra o seu primeiro aniversario cuns meses de atraso, teñen aulas gratuítas de galego, k-pop, capoeira ou danza do ventre. Organizan obradoiros, charlas e outras actividades altruístas e de balde que promoven o pensamento e a reflexión sobre o feminismo, a ecoloxía, o decrecemento,... As relacións de produción e consumo, que están baseadas na colaboración e no intercambio, fuxen da lóxica neoliberalista imperante.

Ao tempo que se deslexitiman as actividades autoxestionadas e reivindicativas dos movementos sociais no espazo público, desde Lugo e outros concellos galegos promóvese un profesionalismo da xestión cultural que está afectando mesmo ás festas populares. “Esta deriva, que erosiona o tecido asociativo, deixa fóra do encaixe xurídico as persoas e colectivos que se esforzan polo ben común”, lamentan desde A Hedreira.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Represión
Represión Multas y Ley Mordaza para la oposición al muro de Navalmoral de la Mata
Comienzan a llegar sanciones en aplicación de la Ley de Seguridad Ciudadana a manifestantes en contra del muro con el que se pretende seccionar la localidad al paso del AVE.
Leyes Mordaza
Ley Mordaza Archivan la querella contra un policía que “falseó” una denuncia contra un periodista de Ahotsa
El medio de comunicación aclara que la Audiencia Provincial ha cerrado definitivamente el caso tras comprobarse, gracias a la grabación por la que el cámara fue sancionado, que el agente mintió haciendo uso de la Ley Mordaza.
Elecciones
Elecciones 23J El PSOE no incluye la derogación de la Ley Mordaza en su programa
Aunque fue un compromiso de la anterior legislatura, y no salió adelante al no conseguirse un proyecto de consenso entre las fuerzas progresistas, Pedro Sánchez no incluye la derogación de la Ley de Seguridad Ciudadana en su programa para el 23J.
Genocidio
Tribuna 18 noches en el lado correcto de la historia
VV.AA.
Entre infantilizaciones y denuncias de radicalización, desde la Acampada por Palestina de Madrid reclamamos con voz propia una ruptura de relaciones con Israel.
Desigualdad
Desigualdad Gary Stevenson: “Permitimos que el debate económico esté dominado por ricos y eso conduce a una idiocracia”
El londinense pasó de ser el 'trader' más rentable de uno de los mayores bancos del mundo a convertirse en un activista contra la desigualdad y contarlo todo en su primer libro.
Elecciones
Elecciones europeas La izquierda lleva sus cuentas pendientes a unas Europeas que ponen a prueba el contraataque de Sánchez
El Partido Popular y Vox plantearán una campaña en clave nacional contra el “sanchismo”. El presidente del Gobierno ha salido reforzado en las encuestas tras las elecciones catalanas pero no superará al PP según una reestimación de datos del CIS.
Extractivismo
Extractivismo Varela y su arena: una lucha por la supervivencia en Guinea Bissau
En una pequeña localidad de Guinea-Bissau, un grupo chino, apoyado por actores senegaleses y el propio Estado guineano, planea explotar los recursos minerales y la arena de la región.
Medio ambiente
Estreno 'Altri: a sede insostible’, un documental sobre los futuros efectos de la celulosa proyectada en A Ulloa
Este viernes 24 de mayo, El Salto y Xarda estrenan un proyecto audiovisual sobre cómo una multinacional portuguesa pretende destruir recursos naturales y sociales en el corazón de Galicia con la creación de una pastera diez veces más grande que ENCE.
Contigo empezó todo
El Salto libros El Salto lanza su propia línea editorial con un libro sobre la otra historia de España
El Salto Libros se estrena con el volumen ‘Contigo empezó todo’, del periodista Eduardo Pérez, otra visión de la historia de España a través de 30 episodios olvidados. Suscríbete y te lo enviamos gratis.

Últimas

Palestina
William Schabas “Vemos cómo el derecho internacional puede usarse a favor de los estados del Sur Global”
Este abogado analiza la trascendencia de la solicitud de órdenes de detención contra Netanyahu y Gallant tomada por el Tribunal Penal Internacional en el marco del genocidio llevado a cabo por Israel en Palestina.
Extrema derecha
Opinión “La alianza global de los patriotas” y el oxímoron “anarcocapitalista”
Tanto la extrema derecha de Milei como la de Abascal pueden confluir en que la ‘libertad’ sea reducida sólo al privilegio de acumular, en un ‘fascismo de mercado’.
Genocidio
Genocidio La Corte Internacional de Justicia ordena a Israel detener la ofensiva de Rafah de manera inmediata
El Tribunal de la ONU da un nuevo aviso al Gobierno de Netanyahu y le ordena detener la ofensiva de Rafah ante la constatación de que sus anteriores órdenes no han sido cumplidas.
Barcelona
Espacio público El Parque de Louis Vuitton y el vecindario fuera del Güell
Cientos de vecinos se manifestaron contra la privatización que el Ayuntamiento de Jaume Collboni ha hecho del parque público más emblemático de Barcelona para acoger un desfile de la marca de lujo francesa que patrocina la Copa América de vela.
Arte
Arte El arte visual de Mahmoud Alhaj ilustra la huella de la violencia de Israel en Palestina
El artista Mahmoud Alhaj expone en Barcelona su proyecto ‘Violence 24/7’, una alegoría visual sobre los efectos que la ocupación israelí tiene en los sujetos, la conciencia y la geografía palestina.
Más noticias
Palestina
Palestina Cientos de estudiantes toman la Universidad Humboldt de Berlín en apoyo a Gaza
La ocupación de la institución, renombrada “Instituto Jabalia” en honor al campo de refugiados de Gaza, termina con el desalojo de la policía 30 horas después.
Explotación laboral
Derechos laborales Condenan a Marina Beach por despedir a una trabajadora que se quejó por whatsapp
La trabajadora pidió por el grupo de chat de la empresa que cubrieran las necesidades básicas de material que tenían los empleados y fue despedida.
Minería
Mineras contra el territorio La minera que provocó un conflicto en Groenlandia irrumpe con proyectos en Castilla y León y Extremadura
La polémica compañia australiana ETM, protagonista del convulso proyecto de Kvanefjeld (Groenlandia), tras los planes extractivistas de Villasrubias y El Payo (Castilla y León ) y Salvaleón, en la extremeña Sierra de Gata.

Recomendadas

Sanidad pública
Conciliación en entredicho Enfermeras denuncian que hospitales madrileños están bloqueando reducciones de jornada
De cara al próximo verano grandes hospitales de la Comunidad de Madrid están impidiendo que las profesionales del sector de la enfermería acumulen horas para poder librar días enteros, derecho adquirido que va en retroceso.
Fake news
Investigación Así se financia la desinformación en Murcia: ‘OkDiario’ y ‘EsDiario’, los favoritos de López Miras
El Gobierno murciano ha repartido más de 240.000 euros a medios de desinformación en los dos últimos años. De ellos, Eduardo Inda se ha embolsado casi la mitad y EsDiario 54.355 euros.