Feminismos
Olladas feministas ao audiovisual galego: estamos no camiño?

A tendencia á invisibilización da muller no audiovisual galego de ficción.

Profesora de Socioloxía na Universidade de Vigo e socia de Agantro.


Profesora de Dirección Escénica na UVigo e de interpretación na ESAD

28 feb 2022 16:59

Fai xa máis dunha década que a profesora de socioloxía Fátima Arranz lanzou a seguinte pregunta: Por que o cine é necesario para a igualdade de xénero? As súas respostas seguen a estar vixentes hoxe en día: porque este medio goza dunha indiscutíbel parcela de poder na configuración da realidade social, en concreto, nos denominados procesos de estruturación e distribución do capital simbólico. Outras autoras pioneiras como Gaye Tuchman (1978) teñen falado da “aniquilación simbólica” para referirse á representación das mulleres nos medios de difusión, e para describir como os medios trivializan e marxinan ás mulleres e a súa importancia na sociedade.

Tamén o sociólogo Pierre Bourdieu falara desa violencia simbólica que se define como a violencia amortiguada, insensible e invisible para as súas propias vítimas, que se exerce esencialmente a través dos camiños puramente simbólicos da comunicación e do coñecemento.... Bourdieu reactualiza aquela idea de Virginia Woolf sobre o “poder hipnótico da dominación” para afondar na súa definición de violencia simbólica.

Son por todos estes motivos polos que a asociación CIMA (de mulleres cineastas e de medios audiovisuais) leva desde 2015 facendo a nivel estatal unha análise anual da situación profesional das mulleres neste eido, así como da representación e dos roles de xénero nos produtos audiovisuais.  Por vez primeira, no ano 2021 CIMA Galicia elaborou un informe colectivo sobre a representatividade e a representación das mulleres no audiovisual galego de ficción, do 2020 (podedes consultar o informe completo aquí: https://cimamujerescineastas.es/wp-content/uploads/2021/10/InformeCIMA_galicia_2020.pdf). Este traballo foi coordinado por Mariana Carballal, e participaron como investigadoras Chis Oliveira, Amada Traba, Cinthia Bodenhorst, Sara Traba, Lucía Pérez, Adriana Páramo e Iria Vázquez.

Falar da análise da representatividade desde un enfoque feminista vai máis alá de examinar o sexo das personaxes, senón que inclúe cuestións sociolóxicas claves que nos axudan a examinar os roles e estereotipos de xénero presentes nos filmes.

Tralas cámaras, os datos continúan a mostrar a mesma teimuda realidade: tanto en Galicia como no Estado español a presenza de mulleres está por debaixo do 40%. Noutras palabras, na actualidade aínda son unha minoría, nun sector que continúa a estar masculinizado. Como se observa na táboa de abaixo, os dous únicos cargos que se atopan significativamente feminizados (porcentaxes por riba do 60%) son: deseño de vestiario e maquillaxe e perruquería; mentres os homes se reparten entre máis profesións, estando algunhas delas especialmente masculinizadas, como o responsable de son, efectos especiais, dirección de fotografía e música. Si, como estades a pensar, isto reproduce o que acontece noutros sectores laborais: as mulleres atrapadas en escasos cargos asociados a miúdo cos roles de xénero, mentres os homes se espallan por moitos máis cargos: é o que chamamos a segregación ocupacional horizontal por xénero, que continúa a penalizar as mulleres no noso mercado laboral. No caso da produción audiovisual, se ben está a haber avances, o feito de que os homes sigan a ser maioría tralas cámaras reproduce un nesgo do que xa nos advertira Simone de Beauvoir: os homes son o suxeito, as mulleres seguen a ser “as outras”?

Volume e porcentaxe de profesionais por sexo e cargo de responsabilidade en todos os produtos analizados: filmes, series, webseries

Fonte: elaboración propia baseada nos datos obtidos. Deseño: Cinthia Bodenhorst

Pasemos ao outro lado das cámaras: como se representan aos homes e as mulleres no audiovisual galego? Que roles se asocian ás mulleres e cales os homes, que tipo de vínculos teñen os homes fronte ás mulleres, como se representan os seus corpos, que tipo de linguaxe e actitudes machistas aparecen? En definitiva, falar da análise da representatividade desde un enfoque feminista vai máis alá de examinar o sexo das personaxes, senón que inclúe cuestións sociolóxicas claves que nos axudan a examinar os roles de xénero e os estereotipos de xénero presentes nos filmes.  Non descubrimos a pólvora se sinalamos o enorme papel que o cinema tivo (e segue a ter) ao longo dos séculos actual e pasado no que respecta á propagación dos así chamados “roles de xénero”.

Un dato a destacar é que nos 19 produtos analizados se observa unha maior porcentaxe de protagonismo feminino, chegando ao 55,6%. Este é un dato moi positivo, que mostra a maior presenza de mulleres no entramado narrativo. Porén, con respecto ás personaxes secundarias, dáse un xiro en canto á presenza por sexo: os homes aglutinan un 61,3% das personaxes secundarias fronte ao 38,7% das personaxes secundarias femininas.

Desde unha perspectiva máis cualitativa, hai que sinalar que por exemplo nas series de ficción existe na actualidade un importante volume de thrillers policíacos, onde se ben a protagonista é feminina, o elenco de personaxes secundarias confórmase cunha maioría de homes.

Este fenómeno é coñecido como “inversión de xénero”, fenómeno que se produce cando se dá unha substitución no papel protagonista dunha muller, onde antes habería un home, o que acontece tamén nas series españolas policíacas. Ábrese unha reflexión: mudar todo para que nada mude? É dicir, por una banda, o rol protagonista ocúpao unha muller, pero no seu entorno ficcional segue habendo una maioría de homes. Este feito impide por exemplo que o abano de personaxes  femininas se amplíe e con  isto as posibilidades de amosar toda  a diversidade e pluralidade que existe no universo feminino.

A invisibilización de personaxes femininas diversas, profundas, que establecen relacións entre elas en igualdade de condicións repercutirá na sociedade receptora destes filmes e na creación do imaxinario sobre a muller.

A invisibilización de personaxes femininas diversas, profundas, que establecen relacións entre elas en igualdade de condicións repercutirá na sociedade receptora destes filmes e na creación do imaxinario sobre a muller.

Detémonos agora cos roles de xénero. Nas personaxes masculinas constátase que o rol de “chico malo/agresivo” (33%) é o que maior porcentaxe aglutina, seguido do “varón provedor” (25%) e despois o de “heroe/activo/iniciativa” (18,8%). En fin, semella que a masculinidade hexemónica tradicional é a maioritaria no audiovisual galego. Mais, algún pequeno motivo temos para alegrarnos: un 14,2% dos casos mostran unha subversión do estereotipo masculino, presentando homes que desenvolven o rol de home sensíbel ou coidador.

No caso dos estereotipos de xénero nas personaxes femininas hai que sinalar que a categoría “subversión do estereotipo feminino” (31,5%) é a que maior porcentaxe concentra. Esta é unha boa nova: moitas personaxes femininas cuestionan o rol tradicional de muller, amosando personaxes activas, con iniciativa, con poder económico, profesional e social, etc. Por se nos faciamos ilusións, noutros moitos casos destaca o rol tradicional de muller pasiva (24,1%), seguido do rol de muller coidadora (18,5%). Resoa, de novo Beauvoir, aquel mito do “ser para outros”, ou o que a antropóloga Marcela Lagarde sintetizaba no rol, todo xunto, de “nai-esposa”. Noutras palabras, no noso imaxinario continúa presente a idea de que “chegar a ser” muller supón “chegar a estar” sempre disposta a cubrir as necesidades do resto.

E que dicir das violencias machistas? Que tipo de violencias aparecen e con que tipo de ollada? Na nosa análise detivémonos na detección da violencia psicolóxica, física e sexual. O que observamos é que a violencia sexual é o tipo de violencia que máis aparece: case no 60% dos produtos acontece algún tipo de violencia sexual. Por outra banda, a violencia psicolóxica ou física aparece en menos do 40% dos produtos analizados. O certo é que a violencia sexual pode ser mostrada desde diferentes perspectivas e posúe unha grande complexidade na súa interpretación: pode realizarse desde unha ollada crítica ou desde unha ollada que normaliza ou naturaliza a violencia sexual cara as mulleres ou incluso sexualiza esa violencia. Velaí a clave.

Por último, estudamos elementos da linguaxe audiovisual para determinar se as personaxes protagonistas teñen un tratamento diferenciado atendendo ao seu sexo e rol de xénero representado. Realizamos unha “cata de investigación”, que neste primeiro informe foi aplicada exclusivamente sobre os filmes visualizados. Eliximos o plano como unidade de análise: o plano e a presenza das personaxes nel, as relacións prosémicas, a situación dos corpos no mesmo. Puidemos detectar que tendo as personaxes femininas o rol protagónico aparecen en porcentaxes maioritarias  de costas ou perfil, en relación ás porcentaxes frontais das personaxes masculinas no mesmo rol protagónico. Isto serve para entender que até nas unidades mínimas de contido visual, pode haber una tendencia á invisibilización da muller ou unha sobre visualización dos homes, por consideralos centro da acción, os que moven o mundo. Este feito vai máis alá das concepcións artísticas de cada creador ou creadora, da súa liberade de expresión; pois esta virá condicionada polos referentes recibidos, polas estéticas estudadas, e finalmente por una percepción da realidade construída ou non, desde e con perspectiva de xénero.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Cárceles
Carabanchel Tele Prisión, memoria audiovisual de una cárcel
Además de varias películas que se han acercado a la cárcel de Carabanchel, Tele Prisión fue un canal de televisión interno en el que participaron numerosos reclusos y algunos educadores de esa prisión madrileña. Emitió de 1985 a 1987.
Activismos
ACTIVISMOS Un cine al servicio de lo social y lo comunitario
Quinta entrega de Activismos, la serie de El Salto Radio sobre diferentes formas de hacer activismo
Maternidad
Lactancia y trabajo Los permisos para maternar que llevan congelados desde 1989
El Congreso acaba de aprobar una modificación del permiso de lactancia para que todas las mujeres puedan acumular esas horas y así estirar sus permisos de maternidad. Una medida positiva pero insuficiente, tal y como señalan las expertas.
Sphera
Vídeo ¿Qué nos jugamos en las próximas elecciones europeas en materia de antifascismo?
En enero tuvo lugar en el Parlamento Europeo un debate sobre el ascenso de la extrema derecha en Europa. Irónicamente, la Comisión Europea abrazaba a Giorgia Meloni: Ursula Von der Leyen le mostraba sus simpatías.
Centrales nucleares
Nucleares Las mentiras climáticas de las nucleares
La energía nuclear intenta posicionarse como solución climática en medio del declive de los combustibles fósiles, pero sus verdaderos motivos son económicos, no ambientales.
Literatura
Literatura Centenario de la muerte del anarquista Franz Kafka
Algunos episodios de su biografía y el contenido de textos como ‘El Proceso’ o ‘El Castillo’ permiten aventurar la filiación anarquista de Franz Kafka, de cuyo fallecimiento se cumple un siglo.

Últimas

México
Análisis México La nueva presidenta tomará el poder en un México acechado por el crimen organizado
La tarea de gobernar para la próxima presidenta mexicana irá más allá de atender el crimen organizado, los feminicidios, las personas desaparecidas y un reforzado papel del ejército
Lavapiés
Turistificación Lavapiés también grita “al límite”
Cientos de personas de hasta 40 colectivos de Lavapiés han marchado por las calles del barrio para denunciar la especulación inmobiliaria, la turistificación que les está obligando a abandonar uno de los barrios más emblemáticos del centro de Madrid.
Análisis
Análisis Corea, la desnuclearización imposible
¿Cómo logró Corea del Norte desarrollar su programa nuclear? ¿Es real la posibilidad de una desnuclearización?
Ejército Zapatista de Liberación Nacional (EZLN)
Elecciones en México El EZLN y las elecciones en México
Los desencuentros del Ejército Zapatista de Liberación Nacional con el poder político en México han sido constantes. Desde el levantamiento de 1994 la posición del zapatismo frente a las elecciones ha tenido tres momentos clave.
Más noticias
Palestina
Emergencia humanitaria Parar un genocidio
Lo que buscamos es simple y radical: parar este genocidio. Queremos dejar de ver cómo las bombas asesinan a niños inocentes y necesitamos terminar con esta indiferencia fría y hostil frente al sufrimiento de los seres del planeta
Sphera
Vídeo ¿Qué nos jugamos en las próximas elecciones europeas en materia de antifascismo?
En enero tuvo lugar en el Parlamento Europeo un debate sobre el ascenso de la extrema derecha en Europa. Irónicamente, la Comisión Europea abrazaba a Giorgia Meloni: Ursula Von der Leyen le mostraba sus simpatías.
La vida y ya
La vida y ya Ni con un “sí” ni con un “no”
Cuando alguien afirma (de hecho mucha gente lo afirma) que la educación tiene que ser neutra siempre pienso lo mismo: es imposible.
Congreso de los Diputados
Congreso de los Diputados Los socios avisan que la paciencia se acaba y el PSOE anunciará medidas de regeneración democrática tras el 9J
En la jornada que el Congreso aprobó la Ley de Amnistía pasó desapercibido otro hecho: una PNL de ERC para exigir leyes al Ejecutivo para la mejora de la calidad democrática que cosechó apoyos de Sumar, Junts y PNV y hasta en algunos puntos del PP.

Recomendadas

Unión Europea
Elecciones Cuando el sionismo sedujo a la extrema derecha europea
La extrema derecha se muestra rocosa en su apoyo al Gobierno de Netanyahu: comparten la agenda de islamofobia y ha permitido al régimen sionista integrarse a la dinámica de las políticas “como siempre” de la UE.
México
Elecciones en México Raquel Gutiérrez: “La próxima presidenta hereda un país roto, muy polarizado, muy militarizado y muy violento”
La profesora, activista y pensadora mexicana se toma un momento para reflexionar sobre el panorama político, económico y social que deberá enfrentar la próxima presidenta de México, que se elige este 2 de junio