Educación
Jurjo Torres: “O debate sobre educación non sae nos grandes medios ou saen anécdotas e parvadas”

Jurjo Torres comezou a interesarse pola educación e pola pedagoxía no ámbito da Universidade Pontificia de Salamanca dos últimos anos do franquismo e do impacto do Concilio Vaticano II e da Teoloxía da Liberación. Desde entón, publicou case unha vintena de libros e favoreceu e impulsou debates no movemento internacional de renovación pedagóxica.

22 ago 2018 18:51

Jurjo Torres (Castro de Rei, Lugo, 1951) conta que chegou a interesarse pola educación e pola pedagoxía case por casualidade, no ámbito da Universidade Pontificia de Salamanca dos últimos anos do franquismo e do impacto do Concilio Vaticano II e da Teoloxía da Liberación. “No 72 empezo a militar na Unión do Pobo Galego [partido matriz do actual BNG], e foi ese mundo da política o que me foi ensinando e educando máis a mirada cara á realidade”. Desde entón, Torres publicou case unha vintena de libros e favoreceu e impulsou debates no movemento internacional de renovación pedagóxica.

Que diferenzas encontras entre esa universidade que viviches como estudante e a universidade actual?
Aquela estaba moito máis politizada, porque era unha universidade na cal xa eramos conscientes do que era o fascismo, de que viviamos nunha ditadura; tamén tiñamos marcos filosóficos e ideolóxicos máis potentes con que comprender o pasado e analizar o presente. Os debates e asembleas eran cotiáns, mesmo, ás veces, un pouco pedantes, xa que se recorría a obras e autores que dificilmente entendiamos. Mais iso educounos a mirada e axudounos a construír outro sentido común máis crítico e democrático.

Agora, as xeracións máis novas teñen baleiros máis fortes, construídos loxicamente polas xeracións adultas, e están obsesionadas con outras cousas. Teñen dificultades ata para analizar a realidade e ver. Xa están tan nesgados na educación que recibiron que, á maioría, lles custa darse de conta que son parte deses sectores máis privilexiados e da responsabilidade social que teñen cos outros, con quen leva a peor parte.

Que é ou foi tradicionalmente a escola?
Ten en conta que as primeiras institucións escolares como tal xerounas a Igrexa, e creounas para unha educación que é adoutrinar na relixión. Aprendíanche a ler e escribir, mais a finalidade, xa cho dicían eles, era que puideses ler ti os textos sagrados sen intermediarios. Sempre digo que ata o vocabulario máis clave, máis importante, do ámbito pedagóxico llo debemos a esa Igrexa: os profesores son os profetas, o maxíster son os teólogos medievais, o libro de texto era a Biblia, entendido aínda agora como un texto sagrado, o espazo e a disposición dunha aula é igual a unha igrexa… en fin, porque a finalidade era adoutrinar.

Cando se constrúen os Estados-Nación, estes vense obrigados a crearen unha institución que nos faga ver que somos membros dun determinado país. Desta forma nacen os sistemas educativos, para educar nun nacionalismo en o que teu país é o mellor do mundo e todos os demais son peores, ou róubanche, ou non saben, e entón ti vas axudarlles colonizándoos, etc.

Cada estado e os grupos sociais dominantes sempre trataron de instrumentalizar o sistema educativo para axudar a que os ideais de quen estaba ocupando nese momento o poder se tornasen realidade. Agora vén sendo o mesmo, muda un goberno de cor partidaria e muda o sistema escolar. A xente quéixase de que cada partido pon o seu sistema educativo. Ben, pono na medida en que as diferenzas con quen te precedía son moi fortes. Así, por exemplo, cando chegou o PP de Aznar, un partido cun neoliberalismo brutal nas súas formulacións, non dubidou en deseñar unha lei educativa coa cal as persoas aceptasen que as medidas que ían tomando os ministerios do seu goberno eran as mellores e que non existían outras alternativas mellores, que a solución a todos os problemas virían da man do neoliberalismo e dos mantras que o acompañaban: excelencia, calidade, emprendemento, desregulación, liderado, etc.

Nas últimas décadas banalizouse o sentido da escola? Houbo unha mudanza desde os discursos de igualdade aos de excelencia?
Nunha sociedade neoliberal como a actual, o modelo é o ser humano empresario. O dono de si mesmo, como diría Foucault, é un ser humano que o que fai é investir en si mesmo, e logo intercambiarse nese mercado capitalista por un bo posto laboral, por posicións sociais, salario, consumo, etc. É ese ser que está todo o día acumulando cousas, competindo cos outros, para tornarse niso. Mais claro, nunha sociedade máis democrática, nun estado de benestar máis forte… Nunha sociedade socialista, falando claramente, máis igualitaria, onde se contempla o nós, onde somos iguais uns aos outros, loxicamente a finalidade é outra: é construír ese nós e educar as persoas vendo a súa interdependencia cos demais seres humanos, non só do seu país senón doutros pobos e coa contorna, porque todos nos necesitamos.

Na outra sociedade non, porque, se eu me baseo na cultura do esforzo, a miña obsesión é constituírme eu, educarme eu a min mesmo e os demais non importan, alá cada un porque cada un é responsable do que fai coa súa vida… Loxicamente, a miña mirada non vai ir ás necesidades dos outros senón a ver como monto negocios que me poidan dar beneficio persoal.

No teu departamento realizastes varias investigacións sobre o contido dos libros de texto, que encontrastes? Que lle achegan os libros de texto a ese sistema educativo actual?
A primeira obra en que tratei esta cuestión creo que foi un artigo, a finais dos oitenta. Construín o primeiro cadro cos contidos, o tipo de mundo que presentaban os libros de texto comercializados daquela e xa diferenciaba entre “voces presentes e voces ausentes”. E podes ver como, ao longo destes anos, as voces presentes apenas variaron, mais as ausentes si o fixeron moito. En cada revisión doume de conta de máis colectivos que nunca son representados nin sobre os que se reflexiona, mais que si están escolarizados nas nosas aulas, ou poderían estalo.

Jurjo Torres_2

Isto significa que eu tamén vou aprendendo, dándome de conta e cuestionando o meu propio sentido común, que me impedía ver que, dentro dunha aula, as familias non son só heterosexuais, e así con todo, que existen diversas sexualidades, distintas relixións.

Todos os anos descubrimos cousas. Lembro que fai anos me metía coas miñas compañeiras mulleres, porque, segundo os libros de texto, non tiñan clítoris. Nos libros de texto ata fai tres ou catro anos non aparecía, e agora aparece no de 3.º da ESO, con estudantes de 15 anos, mais con expresións curiosas como “órgano eréctil”, sen máis explicacións, sen aclarar as súas funcións na reprodución da especie humana; ocúltase en que grao é ou non placenteiro, etc. Mais, claro, tes que ter en conta que a inmensa maioría das editoriais de libros de textos pertencen a organizacións relixiosas católicas.

Moita xente quéixase do libro de Relixión, mais se é onde menos problema hai! Polo menos é xa visible. O problema vén cando colles o libro de Literatura e, chegando a decembro, aparecen as panxoliñas, mais non as medievais, que teñen un valor e unha importancia, non, non, as letras mediocres do burriño, e que lles piden que memoricen e reciten.

En definitiva, aínda a día de hoxe nos sae, nos estudios que realizamos todos os anos que os libros de texto son clasistas, racistas, sexistas, edadistas, homófobos, militaristas e católicos. Pode haber unha pequena mudanza con respecto a cando os comecei a analizar nos 80, mais en liñas xerais seguen sendo así, e explícase porque a maioría das editoriais pertencen a grupos relixiosos. E os grupos laicos, como Anaya —aínda que comprou Bruño, que é un grupo relixioso— e PRISA, que é o grupo Santillana, o problema que teñen é que queren venderlle libros ao alumnado das clases medias e altas. Eses que están escolarizados en colexios privados e concertados relixiosos católicos e, polo tanto, ou incorporas eses contidos nos libros ou, polo contrario, non os mercan.

Como explicas que unha materia como Educación para a Cidadanía fora tan debatida, mesmo criticada e ninguén, ou poucos, nin a dereita nin a esquerda, polo menos na política representativa, cuestionase a actual materia de Educación financeira?
A sociedade neoliberal xa non fala de cidadanía, fala de clientes, e o cliente ten dereito a cousas en función da súa tarxeta de crédito, máis nada. A pesar de que o programa de Educación para a Cidadanía era bastante encollido, polo menos educaba en que somos persoas interdependentes e en que, se nos organizamos, acadamos dereitos; mais, claro, agora con esta educación individualista en que cada un ten que resolver os seus propios problemas e nos tornamos en clientes, o común deixa de ter sentido.

Ademais de conformar un homo economicus, un homo consumus, un homo numéricus —porque estamos nunha sociedade en que todo se cuantifica, trátase de construír a sociedade big data, onde os datos xa gobernan o mundo— hai outra cuestión clave como é a conformación do homo debitor, o ser humano endebedado. A educación financeira é acostumar o ser humano a moverse no das finanzas que hai, mais sen cuestionarse o modelo económico dominante, o capitalismo financeiro e o neoliberalismo.

Moitas investigacións e datos sinalan que a escola pública na actualidade estase tornando un gueto, é así?
Segundo os últimos datos, España ten o 69 % de educación pública e o outro 31% é privada e concertada, e afirmas "ben non está tan mal", mais o problema é que iso é a media. Porque se vas á media de renda desta cidade, igual nos sae que ti e eu somos millonarios porque aquí vive un dos homes máis ricos do mundo (a entrevista fíxose na Coruña). O problema está sendo que, nas cidades, o ensino concertado e privado son moi maioritarios e quen están escolarizados nestes son as clases altas e medias profesionais, e mesmo moita xente de clase humilde que fai moitos esforzos para pagarlles o concertado aos seus fillos e fillas, para que vivan nunhas redes que poidan favorecerlles a mobilidade social no futuro.

Isto fai que moita xente que aínda confía no público, por compromiso social ou porque é a única á cal pode acceder, trate de moverse ao concertado na medida en que ve que no colexio que lle corresponde aos seus fillos e fillas existe unha porcentaxe moi elevada de persoas socialmente ou etnicamente desfavorecidas. Existe o perigo, tristemente real, de que moitos colexios públicos poidan acabar en guetos. Isto é moi preocupante porque se educar é aprender a vivir xuntos, cando aprenden nun colexio segregado por sexo a vivir xuntos os nenos e as nenas? Por non falar da compoñente relixiosa en temas de diversidade sexual, porque para eles a heterosexualidade é a norma e o resto son patoloxías ou vicios, e iso segue presente en centros do Opus Dei ou dos Lexionarios de Cristo.

E, sen dúbida, inflúe a cuestión das redes que poidas facer, porque, nesta sociedade mercantil, non é só o que ti saibas ou do que sexas capaz, senón as túas amizades, e é o que fai que moitas familias marchen para a concertada. Hai que darse de conta tamén de que as familias cada vez teñen menos fillos e, con esta mentalidade neoliberal, cada vez son máis vistos como investimentos, para que o día de mañá poidan aspirar a postos de traballo ben remunerados. Non hai que esquecer que a defensa da escola pública é a aposta por unha sociedade inclusiva, democrática, en que aprendemos a vivir todos xuntos, a cooperar e a construír esperanzas, soños e a facelos realidade entre todos, superando barreiras e fronteiras reais ou imaxinarias.

Relacionado con isto último, non vos estades sentido moi sós á hora do compromiso social coa escola pública?
Si, sen dúbida, mais é normal. Houbo unha certa aceptación da derrota, son moitos anos do PP maiorías folgadas aquí en Galicia, cunha esquerda cada vez máis fragmentada, con discursos e praxes que xeran confusión, e iso acaba desalentando e afastando a política. A cuestión é esa, que precisamos moita máis organización, máis debate na comunidade educativa, saber chegar a uns mínimos desexables para o bo funcionamento do sistema público. Se te dás conta, o debate sobre educación non sae nos medios públicos, non está na axenda, non sae nos grandes medios, ou saen as anécdotas, as parvadas. Non hai un debate sobre o que é a boa educación. A xente diche que está no colexio onde se dan as mellores notas, e iso é perverso. Porque, claro, a xente cre que elixen os colexios e non, non é así. Son os centros os que elixen as familias, non no sentido contrario, téñoo moi comprobado.

Cales serían as metas educativas que se ten que formular un mestre, desde unha perspectiva emancipadora?
Creo que ten que facer unha selección cultural e unha metodoloxía que permitan incidir en que o alumnado vexa a realidade dunha forma moito máis crítica, con que se estuden alternativas, se debata, se poidan consultar textos que digan unha cousa e a contraria, que entren en conflito, que teñan que discutir para que o alumnado poida reflexionar. E nisto, os libros de texto non axudan. O profesorado ten que ser consciente de que o libro de texto xera persoas dogmáticas, porque non podes ser crítico cunha única fonte de información. Tes que ler varias fontes, e aí analizar e decidir, ver que cousas achegan, que cousas esaxeran. Iso tamén se aprende. O que se estuda na escola é a vida, e a vida é complexa.

Tradución: Anxo Pereira Suárez

Archivado en: Educación
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Educación pública
País Valencià La comunidad educativa respalda de forma masiva las manifestaciones por la huelga
Miles de personas secundan las marchas vespertinas y los convocantes de la huelga señalan como éxito el seguimiento en el conjunto del País Valencià.
Educación
Recortes Clamor en las escuelas de idiomas del País Valencià contra los recortes
Los recortes de la Conselleria de Educación cara al próximo curso han desatado indignación ante lo que la comunidad educativa considera un ataque a la educación pública.
Genocidio
Tribuna 18 noches en el lado correcto de la historia
VV.AA.
Entre infantilizaciones y denuncias de radicalización, desde la Acampada por Palestina de Madrid reclamamos con voz propia una ruptura de relaciones con Israel.
Desigualdad
Desigualdad Gary Stevenson: “Permitimos que el debate económico esté dominado por ricos y eso conduce a una idiocracia”
El londinense pasó de ser el 'trader' más rentable de uno de los mayores bancos del mundo a convertirse en un activista contra la desigualdad y contarlo todo en su primer libro.
Elecciones
Elecciones europeas La izquierda lleva sus cuentas pendientes a unas Europeas que ponen a prueba el contraataque de Sánchez
El Partido Popular y Vox plantearán una campaña en clave nacional contra el “sanchismo”. El presidente del Gobierno ha salido reforzado en las encuestas tras las elecciones catalanas pero no superará al PP según una reestimación de datos del CIS.
Extractivismo
Extractivismo Varela y su arena: una lucha por la supervivencia en Guinea Bissau
En una pequeña localidad de Guinea-Bissau, un grupo chino, apoyado por actores senegaleses y el propio Estado guineano, planea explotar los recursos minerales y la arena de la región.
Medio ambiente
Estreno 'Altri: a sede insostible’, un documental sobre los futuros efectos de la celulosa proyectada en A Ulloa
Este viernes 24 de mayo, El Salto y Xarda estrenan un proyecto audiovisual sobre cómo una multinacional portuguesa pretende destruir recursos naturales y sociales en el corazón de Galicia con la creación de una pastera diez veces más grande que ENCE.
Contigo empezó todo
El Salto libros El Salto lanza su propia línea editorial con un libro sobre la otra historia de España
El Salto Libros se estrena con el volumen ‘Contigo empezó todo’, del periodista Eduardo Pérez, otra visión de la historia de España a través de 30 episodios olvidados. Suscríbete y te lo enviamos gratis.

Últimas

Palestina
William Schabas “Vemos cómo el derecho internacional puede usarse a favor de los estados del Sur Global”
Este abogado analiza la trascendencia de la solicitud de órdenes de detención contra Netanyahu y Gallant tomada por el Tribunal Penal Internacional en el marco del genocidio llevado a cabo por Israel en Palestina.
Extrema derecha
Opinión “La alianza global de los patriotas” y el oxímoron “anarcocapitalista”
Tanto la extrema derecha de Milei como la de Abascal pueden confluir en que la ‘libertad’ sea reducida sólo al privilegio de acumular, en un ‘fascismo de mercado’.
Genocidio
Genocidio La Corte Internacional de Justicia ordena a Israel detener la ofensiva de Rafah de manera inmediata
El Tribunal de la ONU da un nuevo aviso al Gobierno de Netanyahu y le ordena detener la ofensiva de Rafah ante la constatación de que sus anteriores órdenes no han sido cumplidas.
Barcelona
Espacio público El Parque de Louis Vuitton y el vecindario fuera del Güell
Cientos de vecinos se manifestaron contra la privatización que el Ayuntamiento de Jaume Collboni ha hecho del parque público más emblemático de Barcelona para acoger un desfile de la marca de lujo francesa que patrocina la Copa América de vela.
Arte
Arte El arte visual de Mahmoud Alhaj ilustra la huella de la violencia de Israel en Palestina
El artista Mahmoud Alhaj expone en Barcelona su proyecto ‘Violence 24/7’, una alegoría visual sobre los efectos que la ocupación israelí tiene en los sujetos, la conciencia y la geografía palestina.
Más noticias
Palestina
Palestina Cientos de estudiantes toman la Universidad Humboldt de Berlín en apoyo a Gaza
La ocupación de la institución, renombrada “Instituto Jabalia” en honor al campo de refugiados de Gaza, termina con el desalojo de la policía 30 horas después.
Explotación laboral
Derechos laborales Condenan a Marina Beach por despedir a una trabajadora que se quejó por whatsapp
La trabajadora pidió por el grupo de chat de la empresa que cubrieran las necesidades básicas de material que tenían los empleados y fue despedida.
Minería
Mineras contra el territorio La minera que provocó un conflicto en Groenlandia irrumpe con proyectos en Castilla y León y Extremadura
La polémica compañia australiana ETM, protagonista del convulso proyecto de Kvanefjeld (Groenlandia), tras los planes extractivistas de Villasrubias y El Payo (Castilla y León ) y Salvaleón, en la extremeña Sierra de Gata.

Recomendadas

Sanidad pública
Conciliación en entredicho Enfermeras denuncian que hospitales madrileños están bloqueando reducciones de jornada
De cara al próximo verano grandes hospitales de la Comunidad de Madrid están impidiendo que las profesionales del sector de la enfermería acumulen horas para poder librar días enteros, derecho adquirido que va en retroceso.
Fake news
Investigación Así se financia la desinformación en Murcia: ‘OkDiario’ y ‘EsDiario’, los favoritos de López Miras
El Gobierno murciano ha repartido más de 240.000 euros a medios de desinformación en los dos últimos años. De ellos, Eduardo Inda se ha embolsado casi la mitad y EsDiario 54.355 euros.