Arte
Bea Campos: “Conto segredos para que o fascismo non volva”

O espectáculo de narración oral “Marcho que teño que marchar”, de Inventi Teatro, pechou o Festival Internacional de Cabaret de México.
Bea Campos primeira foto
Fotografía do espectáculo cedida polo Centro Cultural de España en México.
Ciudad de México
27 sep 2023 06:00

Escóitanse pandeiretas nun escenario baleiro. Unha muller camiña amodo entre o público; sorrí mirando aos ollos e sorrinlle de volta a ela. Dan de comer ás pitas e entra na que foi a súa casa de cativa, un escenario cheo de recordos. Bea Campos é de San Xurxo de Sacos, unha parroquia de Terra de Montes onde viven cincuenta e catro persoas, moitas menos ironiza “das que hai nun vagón do metro en Pantitlán”.

Estamos en México e o público ansía saber máis. Só cincuenta e catro persoas? Que é Galiza? Que fai a 'güera' esta berrando 'Galiza Ceibe, poder popular'? Que quere dicir e por que tamén o berro eu? Comeza Marcho que teño que marchar.

*****

Como contas Galiza a México?
O primeiro de todo era explicar que Galiza non é España. Que entendan que hai diferentes realidades dentro do Estado español e que Galiza está ao norte, que a renda é menor que Madrid ou en Barcelona e que temos unha cultura e un idioma propias; que somos un pobo.

Mencionas o feito de que compartimos con México a desgraza histórica por dicilo dalgún xeito do asoballamento por parte de España.
Quería ir máis alá desa España que vende fútbol, paella, alegría y olé. A xente pensaba que viña ver un cabaré divertido dunha española e quería explicar que non veño desa realidade; explicar o contexto de onde partimos para que entendan de onde nacen as historias, como cando nunha película ves os planos de situación antes de que comece o drama.

E cres que entenderon esa peculiaridade de Galiza?
Reaccionaron con sorpresa, pero entenderon e empatizaron. Moita xente que viu a obra vive na capital pero vén de lugares máis pequenos onde hai unha cultura propia e unha lingua que en moitos casos xa se perdeu. E nós estamos nese proceso. Explico esa realidade complexa, sempre desde o humor propio do cabaré e deste tipo de espectáculos; porque eu non era consciente de que estaba facendo cabaré ata que mo dixeron desde o Festival.

******

Bea Campos estivo en México pechando o 20º Festival Internacional de Cabaret no Teatro Bar El Vicio. De todo iso algo hai na obra; vicio sen culpa —pracer—, pernas, música e risas. Na primeira función unha rapaza escacha a rir cando Bea pide ao público que toquen o peito da persoa á súa esquerda. Tamén ofrece licor café e varias caen o chan na disputa. Un rapaz pon cara de “ai o que dixo!” con cada comentario pouco amigábel cara España e a mesma rapaza que antes ría cunha teta na man chora ao lembrar a quen máis a quería no mundo, o seu padriño. Diso vai Marcho que teño que marchar, das historias dunha rapaza e dunha aldea galega, das emocións e das violencias universais compartidas, do machismo, do fascismo ou da empatía cara a soidade dunha cativa.

******

Por que cabaré?
No cabaré hai unha linguaxe teatral directa, non hai cuarta parede e saes directamente co público. Ten que haber crítica política, neste caso desde a comedia e non desde unha perspectiva de “ai que malo é todo”. É un berro con alegría que pon o foco nunha situación de opresión.

A xente viu conexións coas situacións de opresión e de machismo que vive aquí. O bo da narración oral é que non dá todo mascado; a xente vai creando o seu propio espazo e os seus recordos con cada historia”.

Esas opresións e violencias que se sofren en todas partes son outra parte importante do espectáculo, non?
Comezamos con esa violencia territorial de imposición, e do desarraigo. Somos a derradeira xeración que conserva a cultura tradición e lingua galega, e semella que o futuro é desaparecer.

Perdoa que interrompa. Ti iso velo claro?
(Bea pensa ben a resposta) Aínda que saibamos que o futuro é desaparecer, isto ten que darnos forzas para tentar cambialo e loitar desde aí.

Neste sentido, é especialmente importante a narración oral?
Si, ademais de ser a derradeira xeración en manter a cultura galega tamén temos certo vínculo coa memoria, coa guerra... Isto tende a esquecerse e non transcende. No Centro España de México —onde me daba medo actuar polo crítico que é o espectáculo— fixeron unha crítica que dicía que o espectáculo era “divertido, comprometido, antifascista e necesario”. Unha das cousas que digo é que conto segredos para o fascismo non volva. Volvendo ao que me preguntabas das violencias, tamén falamos do segredo do meu tío avó, que foi asasinado polo fascismo. Foi o 26 de agosto do 1936, e a actuación foi o 26 de agosto de 2023. Nin sequera sabía ese dato, se non foi algo que fun aprendendo cando tiraba do fío para preparar a obra. Foi unha casualidade, moi dura, porque pensaba nel cada vez que ensaiaba.

Bea Campos foto entrevista
Un momento de 'Marcho que teño que marchar' no Teatro Bar El Vicio, en Coyoacán. Pablo Santiago

Preparar a obra tamén foi unha maneira de organizar eses segredos e reflexionar sobre o que é ser galega en 2023 sendo activista cultural e estando no espazo das que perden. A recepción do público foi marabillosa e a xente viu conexións con situacións de opresión e de machismo que vive aquí. É o bo da narración oral, que non dá todo 'mascado' porque non hai unha representación visual do que estás contando, así que a xente vai creando o seu propio espazo e os seus recordos con cada historia. Dese xeito, por exemplo, xorde a realidade das persoas desaparecidas en México. Aínda que eu non falaba diso algunhas persoas levábano aí. Houbo moitísima xente emocionada.

Tamén hai moito diálogo.
Si, en México a xente participou máis que en Galiza, e si, tocámonos os peitos. Tamén pido a cada persoa que pense quen é a persoa que máis o quere do mundo... Moitas veces madriñas e padriños que tamén nos queren dun xeito especial. O espectáculo está formado por segredos de familia da miña aldea, cousas que hai que contar pero que a xente non se sinte cómoda contando porque prefire a narrativa dos que triunfan.

O feito de falar, de expresarse, e a narración oral, axuda a quitar os medos. Tamén diso vai o espectáculo”.

Non é moi complicado contar algo tan íntimo como as violencias que unha sofre?
Si, hai fusilamentos, asasinatos e moito medo. Para iso están a comedia e a narración oral, para construírmos un realismo máxico onde achegarnos a esta realidade con outro ton. Todos somos vulnerables e sufrimos por moitas capas que poñamos. No espectáculo imos quitando esas capas.

Sobre todo ti, Beatriz Pilar.
Eu non fago ficción, eu falo de min, e dalgún xeito 'cabaretizo' as situacións dramáticas, pero ten que ser desde a verdade porque se non, non empatizaría coa xente. Despois preguntábanme polas historias e tamén me contaban os seus segredos. Non é un espectáculo unilateral. Teño aí unha caixa de segredos enorme...

******

Despois de hora e media o espectáculo vai rematando. O público mexicano aprendeu o importante que é ter un panteón soleado, grande, ben grande, canto máis grande e ostentoso mellor, nun cemiterio galego. Aprendeu que en San Xurxo de Sacos, como en Ciudad de México, moitos avós e avoas oprimidas seguen votando ao fascismo que tanto temen. Empatizou e chorou coa soidade dunha cativa que só quere durmir tranquila, sen frío e allea ás violencias da vida adulta.

Pero gaña a risa. Marcho que teño que marchar é como esas cancións nas que bailas mal, saltas e choras ao mesmo tempo. Faino Bea ao son de Tanxugueiras, cun público entregado que a quixo por terse espido por dentro.

******

Que me querías contar do metro?
Cando cheguei aquí a México recibín un montón de estímulos que en Europa están agochados. Aquí hai pobreza e vela, está á vista. No metro hai vagóns só para mulleres, por exemplo. O caso é que fun ao metro en hora punta pero había tantísima xente que non me atrevía, así que me puxen a berrar do medo que tiña. Elas, que serían unhas duascentas, puxéronse a rir ao ver a unha güera (rubia) berrando. Cando chegou o metro empurráronme ata que entramos, metéronme elas. Despois comezamos a falar e unha delas díxome que foi o mellor momento da súa semana. A outra díxenlle que non sabía como saír na miña parada de tanta xente que había e díxome, ollo: “Tienes que hacer como el agüita que baja entre las piedras, que parece imposible pero al final llega a mar”. Foi precioso; aí vin que a narración oral tamén está no metro de Pantitlán, en calquera persoa. E tamén entendín que o feito de falar, de expresarse, que a narración oral, axuda a quitar os medos. Diso vai o espectáculo tamén.

A un concello con maioría absoluta desde hai trinta anos nin lle molestamos, estamos aí enchendo a cota de disconformidade”.

E como é vivir de facer narración oral e arte comprometida en Galiza?
Non entro a valoralo porque é a miña realidade e a que mamei desde cativa. Si que sinto que hai unha parte da dereita que dá foco aos que non pensan como eles, porque se ven tan fortes que saben que somos o bufón do rei, que non molestamos porque somos parte do sistema. Ás veces é máis problemático o chanzo anterior, que ten algo que perder ou non quere polémica. A un concello con maioría absoluta desde hai trinta anos nin lle molestamos, estamos aí enchendo a cota de disconformidade. Por exemplo, o noso espectáculo As palabras perdidas —que trata sobre a perda de palabras no galego— representouse en concellos con diferentes cores políticas. Non somos perigosas. Non somos xogadores de fútbol...

Bea Campos foto entrevista 2
Bea apañando recordos na casa de San Xurxo de Sacos. JM Sagüillo

Queres dicir que non tedes incidencia real?
Pensan que non, pero eu penso que algo así. Sempre estou pensando que o que facemos pode cambiar a realidade. É fe. Hai que saír un pouco do racional. No espectáculo tamén se fala das relacións familiares complexas nas que por exemplo, unha avoa pensa moi diferente a ti, que tes 39 anos e non casaches nin tes fillos, e de como podes querelos e como influíron en ti dun xeito positivo, aínda que sexan tan diferentes. É algo que vivimos moitas na nosa xeración. Elas míranche cunha cara de “eu non te entendo, pero se a ti che fai feliz...”. Ese amor está por riba de todo, por riba da política e da nosa maneira de pensar.

Tamén es consciente das circunstancias vitais de cada quen para que pense dun determinado xeito. Non é necesariamente que sexa unha mala persoa, non?
Non, pero é unha pregunta que respondo de diferente xeito segundo quen pregunte.

Xa, que non xulgas igual a un señoro liberal de 30 anos que a túa avoa.
Claro. Eu creo que é polo amor que sentes por esa persoa e polos coidados que che deu. A min a miña avoa ensinoume galego sen ela querelo, porque me falaba castelán.

'Para que fueras una niña de bien'.
Claro, pero cando falaba coas súas amigas ela falaba en galego, con gheada. Ghato, aghua. Ese aire da miña gorxa —GHORXA— deumo miña avoa e fai que conecte coa emoción.

E que che parece a cultura feita desde Galiza que non é en galego?
Pois penso que teñen moito morro e que hai que crear un 'lobby' coa lingua, algo que antes semellaba infranqueable. Na literatura xurdiu a Asociación Gallega de Escritores que escriben en castelán. Agora ás veces teste que poñer intransixente porque somos tan vulnerables que non podemos dar a lingua a torcer. Eses teñen o poder do consumo, dos medios, todo detrás. Se non o sinalamos, entran e desbaratan todo. A cultura sen unha lingua e patrimonio detrás non ten sentido.

*****

Bea Campos tivo que marchar de México porque, por sorte, ten moreas de funcións en Galiza. O venres 29 de setembro no FIOT de Carballo; o 4 de outubro na Sala Ártika de Vigo e o día 9 na Casa das Campás en Pontevedra.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Madres protectoras
Madres protectoras Escúchalas
Si un niño o niña le cuenta a su madre que su padre le toca, lo más probable es que al cabo de unos años ella acabe perdiendo a su hijo. Mira a tu alrededor, porque es posible que alguna de tus conocidas esté a punto de vivir algo como esto.
Teatro
Teatro Social Quiero colapsar a tu lado
Entrevistamos a Laura Presa y Sandra Arpa, actrices, que componen, junto con Fernando Gallego, la compañía La Rueda, una de las pioneras y más estables agrupaciones de teatro social.
Ocupación israelí
Ocupación israelí Israel ataca Rafah y se hace con el paso fronterizo con Egipto
Tel Aviv da la espalda a las negociaciones internacionales que piden un alto el fuego e invade Rafah, el último refugio de los palestinos de la Franja expulsados por la ofensiva israelí.
Elecciones
Elecciones Aliança Catalana: a las puertas del Parlament de Catalunya atizando la xenofobia y escondiendo la 'estelada'
El partido liderado por Sílvia Orriols llega con una campaña mediática promovida por los principales medios españolistas del Estado, con el discurso antiinmigración como punta de lanza y con el deseo explícito de hacerse con parte del voto de Vox.
Universidad pública
Acampadas en Madrid “Es nuestro deber señalar la complicidad de nuestras universidades con el genocidio”
Arrancan las acampadas universitarias en Madrid para exigir el fin de las relaciones con Israel y el apoyo a las víctimas del genocidio. Las acciones de protesta están ubicadas en Ciudad Universitaria, centro simbólico de la lucha universitaria.
Sphera
Libertades civiles La secuela de un infiltrado
Los nuevos movimientos ecologistas llevan tiempo siendo objeto de vigilancia y criminalización por parte de los cuerpos de seguridad del estado y la judicatura.
Crisis climática
Nuevo hito climático El pasado mes fue el abril más caluroso jamás registrado
Con una temperatura promedio del aire en la superficie de 15,03ºC, el pasado mes fue 0,67ºC más caluroso que el promedio de dicho mes entre los años 1991-2020 y 0,14ºC más que el anterior récord, el de abril de 2016.
Palestina
Opinión Israel deja a la humanidad sin refugio
Otra vez Israel nos demuestra que puede hacer lo que quiera. Sus tentáculos de intereses económicos y sus sofisticadas bombas son capaces de asesinar a la justicia misma.
Cómic
Julie Doucet “Cada cómic es un experimento, no me gusta ceñirme a categorías asignadas por otros”
Julie Doucet, icono del cómic alternativo y feminista de los años 90, publica ‘El río’, su nueva novela gráfica que constituye un hito editorial, dado que llevaba cuarto de siglo alejada del medio.
Universidad pública
Protestas contra el genocidio El consejero de Educación de Madrid pide sacar “la política” de la facultad de Políticas
La Comunidad de Madrid reacciona contra una declaración universitaria que exige al Santander, con quien la UCM mantiene un convenio, que deje de financiar proyectos contaminantes y a la industria armamentística corresponsable del genocidio en Gaza.

Últimas

Formación El Salto
Formación El Salto Fotoperiodismo y movimientos sociales: una mirada a las luchas desde abajo a través de un objetivo
La Escuela de Periodismo Crítico de El Salto ofrece su primer curso presencial, en el que abordaremos, de la mano de nuestros fotógrafos, cómo plasmar a través de la imagen movilizaciones y resistencias.
Sanidad pública
Sanidad Pública Aumenta el gasto en conciertos sanitarios mientras el Ministerio crea un observatorio de la corrupción
Organizaciones como Mareas Blancas piden la derogación de la ley 15/97, al tiempo que esperan el borrador de una nueva ley de gestión pública que el Ministerio de Sanidad estaría ultimando con los diferentes grupos parlamentarios.
Derecho a la vivienda
Derecho a la vivienda Podemos amenaza con romper con el Gobierno si no aprueba una nueva moratoria hipotecaria
La medida vence el próximo 15 de mayo y protege al menos a 30.000 hogares. La PAH defiende que la ley no solo tiene que ser prorrogada sino mejorada para que llegue a las familias que la necesitan.
Contaminación
Contaminación Los entornos escolares suspenden en calidad del aire
Un informe analiza 114 entornos escolares de cinco provincias y los resultados son alarmantes: ninguno cumple las recomendaciones de la OMS. Solo una quincena de municipios de los 149 obligados a ello ha implantado su zona de bajas emisiones.
Más noticias
Análisis
Análisis Mercados de carbono sesgados, distorsionados y debilitados
Un reciente documento del Fondo Monetario Internacional reconocía que «las diferencias existentes entre los precios eficientes y los precios al por menor de los combustibles son enormes y generalizadas».
Gasto militar
Gasto militar El Gobierno reconoce 22.000 millones de nuevos programas de armas, el doble del presupuesto de Defensa
La cifra admitida por el Gobierno se queda corta, según denuncia el Grupo Tortuga, ya que esconde sobrecostes, créditos a coste cero y otros gastos asociados a esta nueva escalada armamentística.
Sidecar
Sidecar El núcleo de Europa
En los años de auge de las décadas de 2000 y 2010, Alemania consolidó su posición como plataforma de producción globalizada, pero los triunfos de ayer ensombrecen hoy su renqueante economía orientada a la exportación.
Literatura
Azahara Palomeque “Yo quería hacer una novela que fuera un torrente de voz”
Azahara Palomeque realiza en su última obra, ‘Huracán de negras palomas’, un ácido repaso de la desigualdad, la racialización y la soledad, en el marco de unos Estados Unidos de difícil redención ética.

Recomendadas

Eventos
Evento Un Salto al periodismo del futuro: súmate a nuestro primer evento para estudiantes y jóvenes profesionales
El viernes 10 de mayo, El Salto organiza una jornada de periodismo joven para profundizar en temas clave, nuevos lenguajes y formatos, desde un enfoque eminentemente práctico.
Lawfare
CLOACAS DEL ESTADO Manos Limpias: génesis de la querella como arma política de la ultraderecha
Ruiz-Mateos fue pionero en presentar demandas y personarse como acusación particular en causas judiciales sobre la corrupción del PSOE. Miguel Ángel Rodríguez y Manos Limpias sofisticaron este ‘modus operandi’ con bulos desde “pseudomedios”.
El Salto n.74
Revista 74 Cuando los algoritmos te explotan: no te pierdas el número de primavera de la revista de El Salto
De cómo los algoritmos y la IA gestionan el trabajo de cientos de millones de personas con ritmos y condiciones del siglo XIX, y de mucho más, hablamos en nuestro número de primavera. Ya disponible para socias y en los puntos de venta habituales.