Medio rural
O rural como refuxio: ser migrante irregular no campo

Apuntamentos sobre as condicións e as posibilidades que o mundo labrego ofrece ás persoas migrantes en situación irregular.
1 ago 2021 10:26

Hai tres anos que cheguei a vivir no rural. Podía quedar en Barcelona ou retornar á Cidade de México. Porque non é que estivese nos meus plans vivir na Galiza. Antes de vir, o único que sabía do país era o que outros me contaban, que adoitaba reducirse a: “alí cómese moi ben” . É dicir que non sabía ren. A decisión foi tomada, máis que nada, por dous dos grandes motivos detrás de cada migración: amor e medo. Por unha banda, descubrín que, malia estudar un ano na península, non había posibilidade de renovar a miña residencia. Nin cun contrato de traballo. É dicir, se ficaba no territorio, a irregularidade era inminente e, a miña forma de ver, quedar en Barcelona representaba un risco. Ademais de que sería moi complicado seguir a custear a vida nesa cidade sen poder acceder a un traballo en regra.

Por outra banda, o meu compañeiro chegara hai pouco a Galiza, á casa que a súa familia abandonou hai catro décadas para probar sorte na capital de México. Ir a onde el era unha boa opción para retomar a nosa relación e acompañarnos durante o nosos procesos migratorios, mais tamén para agardar o tempo que tiña que pasar para que puidese regularizar a miña situación legal. O día en que cheguei a Mondariz, foi o primeiro día que infrinxín as normas de estranxeiría e convertinme automaticamente nunha sinpapeles. Eu, ilusa, crin que só tiña que agardar un ano para reverter a situación. Mais tiñan que pasar tres anos até que puidese volver a ter dereitos e perder o medo de saír á rúa.

AS MIGRANTES NO CAMPO

A pesar do risco que representa a cidade, aprendería, despois de chegar á aldea, que as posibilidades de atopar unha fonte de ingreso eran moito maiores que no rural. No campo, parecía que todo se reducía a tres opcións para as migrantes en estado irregular: ou tiñas unha rede de apoio ou traballabas en condicións de semi-explotación no campo/hostalería, ou puñas a proba a túa creatividade.

As condición de traballo inhumanas ás que se teñen que someter as persoas en condición irregular nas actividades agrarias na península non son unha novidade. E está documentado que, aínda que esteamos a miles de quilómetros lonxe dos campos de amorodo do sur, na Galiza no traballo agrícola tamén se cultiva a explotación. Eu mesma estiven disposta a acceder a traballar nesas condicións, aínda que fose por unha curta tempada, mais, contraditoriamente, a miña precariedade, que incluía prescindir dun vehículo propio, cancelaba esa opción, pois había que ir diariamente até as fincas nas que se iría traballar.

Ó meu propio compañeiro, grazas a familiaridade coa que a xente da aldea o trataba polas súas raíces familiares, conseguiu un traballo en negro de 'pizzero'. Mais, unha semana despois, foi destinado a lavar a louza con auga fría por tres euros a hora. Logo dun ano, cando precisou dun contrato de traballo para arranxar o seu estado legal, negáronllo e non o volveron a chamar.
A pesar de todo, grazas a que non tiñamos que pagar alugueiro, o salario de 3 euros deunos para vivir un ano aos dous. A casa foi ese medio material que me permitiu escribir e atopar pequenos traballos remunerados que podía resolver desde casa. E foi así como empezou una vida nova e moi distinta á cidade. Perdín os teatros e as bibliotecas. Quedaban demasiado lonxe para ir a eles de xeito recorrente, por non falar dos custos do transporte público. No seu lugar, gañei o monte, os animais e unha rutina afastada dos ritmos da produtividade capitalista.

ESQUECELO TODO ATÉ ESQUECERSE A UNHA MESMA

Comecei a ficar na casa, un día tras outro. O meu compañeiro cometeu a loucura de ingresar na universidade e, mentres el descubría De catro a catro, eu dedicarame a tratar de integrarme na miña nova comunidade. A única relación que tiña era coas miñas veciña. Os meus dias consistían en arranxar a casa, alimentar ó can, ó gato e ás galiñas; almorzar, ir coa veciña a pedirlle lavar a nosa roupa na súa lavadora, axudar no campo a quen o precisara, ler polas tardes e agardar a que a miña parella regresase. Vivín unha inmersión lingüística e “laboral” tal, que aos poucos meses xa falaba galego e sabía como chantar patacas, sementar unha horta, segar a herba, podar a viña... As miñas veciñas con os seus eidos convertéronse no meu soporte emocional e botáronme a súa xenerosa man cando viaxaba como naufraga nun mar descoñecido que recentemente despoxárame de todo.

Nesas tardes de soidade, cando a miña parella me avisaba que non alcanzase a tomar o bus para chegar a casa, o que significaba que tería que ficar en Vigo, miraba cara á fiestra e non podía evitar sentirme culpable por detestar algo da miña vida no monte. Como podía rexeitar vivir nun sitio que tanta xente ansía habitar e que semella un privilexio nestes tempos de concreto e estrés? Foron necesarios meses da miña vida para comprender que o monte e os animais non eran suficientes; que o meu intento de integrarme á comunidade tíñase volto nun proceso de alienación e supresión do “eu”. Fixen as tarefas que pensaba precisas para tratar de que me aceptasen na comunidade, mais esquecín quen era entes de migrar, o que tiña feito en México, o que sabía, o que me gustaba facer.

Unha vez máis o proceso de integración sociocultural foi un exercicio unilateral que consistiu en que a persoa migrante aprendese e incorporase a cultura que o recibe, sen que a comunidade receptora se interesase por escoitala, por saber quen era, por aprender e comprender algo da súa cultura tamén. Eu deixei de falar de min cando notei que aquilo descoñecido non interesaba a ninguén. E borreime ó deixar de nomearme, de enunciarme.

APRENDER A (CON)VIVIR

Porén, fóra dos comentarios desafortunados que exhiben todo un contexto educativo e ideolóxico, nunca sufrín agresións racistas de xeito directo. A comunidade sempre me brindou a min e ó meu compañeiro o apoio que precisabamos: regaláronnos mobles, electrodomésticos e mantas para soportar o inverno. O que nos ofreceron sempre foi feito desde a xenerosidade e nunca cun interese particular.

Despois de dous anos, grazas ó feito de non ter que pagar aluguer, co que comecei a gañar escribindo, sumado a axuda económica da miña nai e pai, puiden matricularme a distancia nun mestrado. Isto, en termos prácticos e cotiáns, significou que me afastase do traballo manual e abandonase as labores da terra.

O estudo supuxo para min un reencontro comigo mesma. Mais, para a miña veciñanza, supuxo desconcerto. Malia que comecei a escribir de xeito habitual, ós seus ollos eu aínda era sobre todo unha desempregada. E, por enriba, cos estudos, agora era unha desempregada cínica. Para o estilo de vida que se leva no rural, fai pouco sentido escoller o estudo antes que procurar un traballo na fábrica máis próxima. Non só non comprendían o valor que eu lle puña á escola, senón que perdían de vista que os traballos “de verdade” aos que podía acceder na miña condición irregular implica someterse a condicións laborais inhumanas polas que ninguén tería que pasar. Na península, a educación é algo ao que as migrantes sen papeis podemos acceder. Claro, sempre e cando se teñan os medios económicos suficientes para pagar unha matrícula que a veces triplica o prezo do que se lle oferta á poboación “nacional”.

A miña decisión significou que a comunidade nos dese as costas con enfado. Como era que, despois de todo o seu apoio, os dous “non quixésemos” traballar? A agora clara incompatibilidade –que antes lograramos solucionar- entre as nosas perspectivas da vida, os nosos contextos culturais e as nosas aspiracións implicou que a cooperación se detivese e que incluso algúns veciños nos retirasen a fala.

Na aldea na que vivo, hai, polo menos, dúas mozas da nosa idade que se dedican a estudar na universidade. Desde certo punto de vista, a única diferenza que hai entre nós é que elas naceron na aldea e viven na casa familiar. Aínda que non sexa unha comparación del todo axeitada, non deixa de ser un paradigma para min que me leva sempre a preguntarme se as expectativas, as exixencias que se nos fan a nós teñen que ver co feito de sermos migrantes.

HABITAR A CONTRADICIÓN

No fondo, penso que case ninguén comprendía o que supuña vivir nun estado de irregularidade, mais non tiñan por que facelo. A xente que o soubo foi sempre moi discreta aínda que repetise –con odio na voz- no bar as azueiras que os medios contan sobre as supostas axudas aos migrantes sen papeis, nunca sentín que estivese en risco de ser denunciada.

Vivir a irregularidade no rural foi atoparse de fronte coas contradicións da vida en comunidade. As exixencias e os reclamos foron cargados sobre os nosos ombreiros, na dinámica social dunha rede tan pequena, é un peso imposible de evadir. Aprender a vivir no rural é aprender a atender os desexos persoais sen descoidar a vida colectiva. Para as migrantes en estado irregular, ademais, vivir no medio rural implica un largo proceso de aprender a habitar a diferenza, sen que iso se signifique borrar a nosa identidade no proceso de integración sociocultural. Isto suporía partir desde outra base para afrontar as inxustizas laborais e económicas ás que temos que someternos. Dito doutro xeito, se traduce en non esquecer que o monte é tan noso como o é de calquera, que unhas condicións laborais e a vida digna non son un capricho e que a nosa visión do mundo é tan importante coma a de calquera e, nese sentido, tamén merecemos ser escoitados.  

Sobre este blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Tribuna
Tribuna Personas solicitantes de asilo, las grandes olvidadas en la reforma del Reglamento de Extranjería
El nuevo reglamento deja un vacío en el sistema, como forma de disuadir a las personas que quieren pedir asilo en el Estado español y que reúnen las condiciones para ello.
El Salto Radio
El Salto Radio Derecho a ser (reconocido)
Pepa Torres, de la Red Interlavapiés presenta la campaña “Invisibles: padrón por derecho” y Pepa Suárez, colaboradora de El Salto, la realidad de los refugiados en Grecia.
Infancia migrante
Menores que migran solos Cuatro claves para seguir el debate sobre la reforma de la Ley de Extranjería
Durante la jornada de hoy martes 23 de julio, se debate en el Pleno del Congreso la toma en consideración de la reforma de la Ley de Extranjería que incluye un mecanismo obligatorio de “reparto” territorial de la infancia migrante.
Sobre este blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas las entradas
Siria
Oriente Próximo Israel impone hechos consumados sobre Siria para condicionar la transición según sus intereses
“Está escrito que el futuro de Jerusalén es expandirse hasta Damasco”, dijo este octubre el ministro de Finanzas israelí, Bezalel Smotrich, uno de los exponentes ultras del Ejecutivo.
Ocupación israelí
Ocupación israelí Un tercio de los asesinatos de periodistas en 2024 fueron obra del ejército de Israel
Reporteros Sin Fronteras documenta la muerte de 18 periodistas en Palestina y Líbano este año “asesinados deliberadamente por hacer su trabajo” y habla de una “masacre sin precedentes” de profesionales del periodismo.
Que no te cuenten películas
Comunidad El Salto Suscríbete a El Salto y llévate seis meses de regalo a Filmin
Estas navidades, haz posible que El Salto llegue más lejos con sus contenidos críticos y llévate de regalo medio año de Filmin. Y si ya tienes Filmin, suscríbete a El Salto y regala el acceso a esta plataforma a quien quieras.
Galicia
Galicia Activistas de Greenpeace instalan ‘una celulosa’ en la sede de la Xunta en protesta contra Altri
Los ecologistas han realizado una acción en la sede del Gobierno gallego de Alfonso Rueda para animar a gallegos y gallegas a asistir a la manifestación de este domingo en la Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela.
Comunidad de Madrid
Educación pública El Gobierno de Ayuso recula y aplaza hasta junio los despidos masivos en Educación
Integradoras sociales, enfermeras, educadoras, auxiliares y otros perfiles de personal laboral se enfrentaban a la incertidumbre de ser cesados en plenas vacaciones de Navidad.

Últimas

Opinión
Opinión Lo raro es estar viva
¿De qué sirve agobiarse por ciertas pequeñeces si somos un punto mínimo, una huella desdibujada, un puntito sobre un folio en blanco con un boli bic que casi no pinta?
Más noticias
Ibex 35
Ibex 35 Las retribuciones de los grandes empresarios multiplican por 118 lo que ganan sus trabajadores
Los directores y ejecutivos de Inditex, Banco Santander, Iberdrola, Indra, CIE Automotive y otras empresas del Ibex 35 multiplican por cientos de veces los sueldos medios de sus empleados.
Personas sin hogar
Personas sin hogar El Ayuntamiento de Granada, APDHA y ‘La Calle Mata’ acuerdan un Plan de urgencia para las personas sin hogar
Después del encierro de decenas de activistas en el consistorio y la muerte de dos personas sin hogar en la calle en menos de 24 horas, el Ayuntamiento y las organizaciones civiles acuerdan un Plan de Urgencia para el frío de aplicación inmediata

Recomendadas

Fronteras
Túnez Túnez endurece la represión contra las ONG de ayuda a las personas migrantes
Mientras el presidente Kaïs Saied se prodiga en discursos racistas, el estado persigue a las entidades solidarias con quienes llegan al país, bajo el silencio cómplice de la Unión Europea.
Galicia
Economía ¿Quién lidera el negocio del eucalipto en Galicia al que Altri quiere sumarse?
El estallido social que ha producido el intento de la multinacional Altri y la Xunta de instalar una nueva celulosa en Galicia abre la necesidad de poner el foco en el sector forestal, donde se encuentran algunas de las mayores fortunas del Estado.
Siria
Rojava El rompecabezas sirio que estalló en Alepo
El nuevo escenario sirio se ha gestado bajo la intervención implacable de Turquía, patrocinadora del Ejercito Nacional Sirio y otros grupos yihadistas que libran la guerra de Erdogan contra el pueblo kurdo.
Cine
Ramón Lluis Bande “Asturies tiene sin construir el relato de su tiempo revolucionario”
El cineasta Ramón Lluis Bande entiende la memoria histórica como un “camino de exploración formal infinito” y de reflexión sobre el propio lenguaje cinematográfico “en relación con la realidad, la historia, el arte y la política”.