Montaña de Yucca.
Instalación de Estudos Exploratorios subterráneos na Montaña Yucca, Nevada.

Energía
Planificar a Transición Enerxética para os vindeiros mil séculos

O problema non é só o final da enerxía fósil: o da Era Nuclear implica un reto civilizatorio descomunal.

12 ago 2020 06:03

A semivida do plutonio-239 (o tempo preciso para se desintegraren a metade dos núcleos) é de 24.100 anos. Mais segue a ser perigoso para o medio ambiente durante 20 semividas (case 450.000 anos). No caso do uranio-235 a semivida é de 700 millóns de anos. Nunha mínima fracción desas escalas de tempo xeolóxico os seres humanos teremos completado a terceira gran Transición Enerxética da nosa historia: xigantescos muíños eólicos van permanecer erguidos, abandonados e enferruxados, coma moais dunha civilización perdida; anchas instalacións fotovoltaicas van virar campos de cascallos que a vexetación ou as dunas dos futuros desertos van engulir despois de seren canibalizadas para uso doméstico. Máis tarde, Gaia ha recuperar as cuncas dos ríos encorados, cando estes se abran de novo camiño a través das infraestruturas hidroeléctricas desfeitas pola caducidade do formigón armado.

Energías renovables
Canto tempo require unha Transición Enerxética?

Fálase moito de que precisamos unha transición cara ás enerxías renovables, mais case nada de se nos dará tempo a realizala.

Nese fugaz intre —e tanto ten se este durar unha xeración ou cinco—, unha vez estea completada a Transición Enerxética a fontes renovables, teremos insumos de enerxía per cápita iguais ou inferiores aos das épocas preindustriais. Ben for por abandonarmos os combustibles fósiles ou por esgotamento dos recursos enerxeticamente rendibles de extraer, ou porque na nosa teimosía de seguirmos co business-as-usual provoquemos un cataclismo ecolóxico, ou por unha combinación destas causas, estamos abocados a unha Gran Simplificación, a unha redución da complexidade, pois esta é proporcional en cada momento ao fluxo de enerxía dispoñible.

Nun futuro contexto de descenso de enerxía e recursos teremos que afrontar os perigosos legados das industrias fósil e nuclear

Neste longo descenso non vai resultar especialmente perigoso abandonar ou canibalizar ducias de milleiros de muíños eólicos ou hectáreas de plantas fotovoltaicas; as minas de carbón e os pozos petrolíferos vanse poder pechar e selar; porén, non imos poder facer o mesmo coa industria nuclear, que vai requirir un manexo moito máis complexo e custoso. Mesmo sendo, a priori, menos complexa e perigosa, a liquidación da industria fósil non está a ser inocua: os pozos de petróleo abandonados do Mar do Norte e a quebra das empresas de fracking nos EUA, con milleiros de perforacións abandonadas, están a provocar a fuga de milleiros de toneladas de metano con emisións equivalentes a varias decenas de milleiros de toneladas de CO2 anuais, unha auténtica catástrofe medioambiental, que tamén está a ocorrer coa infraestrutura operativa a escala mundial.

O metano (CH4) é un gas cun potencial de quecemento da atmosfera 86 veces superior ao do CO2 nos seus primeiros 20 anos de vida. O abandono de pozos nestas condicións supón unha externalización criminal dos custos do capitalismo fosilista en forma que quecemento global, que van ter que pagar as xeracións futuras. As potenciais traxectorias de emisións para cumprir a Folla de Ruta 2050 da UE xa son pendentes vertixinosas, cuns prazos que máis ben evocan unha demolición controlada da nosa civilización ca unha Transición Enerxética.

Traxectorias de emisións europeas

Mais volvamos á cuestión máis preocupante do futuro posnuclear. Desmantelar e dar unha solución definitiva ás instalacións e residuos nucleares antes de que sexamos incapaces de manexalos é unha obriga moral que temos coas xeracións futuras. Sería monstruoso non atendela: abonde lembrar que tanto Chernobil (1986) coma Fukushima (2011) son accidentes nucleares en curso, ambos os dous con solucións de contención provisionais, que nos apelan a construír sen demora depósitos xeolóxicos profundos para enterrar os residuos e a trazar un calendario para desmantelar as centrais aínda activas antes de que sexa demasiado tarde. Vai chegar un momento no que non teñamos nin a enerxía nin os recursos precisos para manexar esta complexidade e, como consecuencia da nosa neglixencia civilizatoria, poderiamos deixar inhabitables extensións do tamaño dun continente.

As centrais nucleares europeas van xerar durante toda a súa vida útil máis de 6 millóns e medio de metros cúbicos de residuos radioactivos

Máis de 70 anos despois do comezo da Era Nuclear, existen 144 centrais nucleares en funcionamento en Europa Occidental (segundo o Informe Mundial sobre residuos nucleares, de 2018), que xa produciron varios millóns de m³ de refugallos nucleares, sen incluír os procedentes da minaría e do procesamento do uranio. Máis de 60.000 toneladas de combustible nuclear gastado están depositadas por toda Europa en depósitos provisionais en superficie, e xeráronse uns 2,5 millóns de m³ adicionais de refugallos de nivel medio e baixo. Estímase que, durante toda a súa vida útil, o parque europeo de reactores nucleares ha producir arredor de 6,6 millóns de m³ de refugallos radioactivos. O cálculo, baseado en estimacións conservadoras, inclúe os residuos da operación, o combustible nuclear gastado e o desmantelamento dos reactores.

A xeración de residuos nucleares e as vindeiras clausuras de instalacións ao final da súa vida útil, supoñen un reto xigantesco, xa que as instalacións de depósito provisional en superficie están a chegar ao seu límite. A nivel mundial, o OIEA (Organismo Internacional da Enerxía Atómica) estima que existe na actualidade un stock dunhas 250.000 toneladas de combustible gastado altamente radioactivo, ao que se van engadindo cada ano unhas 12.000 toneladas máis.

Finalizar o nuclear é un proceso necesariamente longo. O desmantelamento dun só reactor leva normalmente uns 20 anos. A maioría de países que deben facer fronte aos seus residuos nucleares está formulando horizontes a 40 ou 60 anos vista, só para desenvolveren os programas de depósito definitivo dos residuos. Estes prazos tan longos fan que a mudanza climática e o esgotamento de recursos supoñan incertezas moi graves, especialmente por seren uns multiplicadores do risco de accidente nuclear grave. Planear esta complexísima operación para 2080 non semella un obxectivo cabal tendo en conta a actual senda de emisións, o ritmo de esgotamento dos recursos fósiles e a situación do clima.

Soamente tres países —EUA, Alemaña e Xapón— completaron proxectos de desmantelamento de reactores civís. A mediados de 2019, dos 181 reactores civís clausurados no mundo, só 19 o foran na súa totalidade, e deses só 10 chegan á categoría de Greenfield, que implica que todos os edificios e residuos foron retirados e o lugar pode utilizarse libremente para outros fins. No caso español, o Ministerio para a Transición Ecolóxica (MITECO) acaba de prorrogar o funcionamento das centrais de Almaraz e Vandellós II, maila estaren ao final da súa vida útil, e seren cada vez máis inestables e perigosas debido a múltiples factores como o deterioro do formigón pola exposición á radiación, o envellecemento de equipamentos ou as dificultades na refrixeración dos reactores polos impactos da mudanza climática. O actual calendario programado para o peche definitivo de Almaraz é 2028, seguida por Ascó I (2029), Cofrentes (2030), Ascó II (2033) e Vandellós e Trillo (2035).

Central nuclear Trillo
Central nuclear de Trillo, en Guadalajara. Álvaro Minguito

Os custos de desmantelamento dun reactor varían enormemente: no caso das dúas únicas centrais alemás desmanteladas até o de agora, unha custou 1.900 $/kW e a outra 10.500 $/kW. O desmantelamento de todas as centrais nucleares existentes en España, con aproximadamente 8.000 MWe (eléctricos) instalados, tería un custo potencial entre os 15.000 e os 84.000 millóns de dólares. Asemade, a experiencia de atrasos e sobrecustos en obra civil a cargo de empresas do IBEX35 non augura precisamente un custo á baixa.

O consenso entre as persoas dedicadas á ciencia nuclear é que a mellor opción para tratar residuos nucleares de alto nivel é o depósito xeolóxico profundo (denominado en España coas siglas AGP). Unha das condicións do OIEA para un emprazamento deste tipo é o seu baixo contido de auga subterránea e a estabilidade xeolóxica ao longo de millóns de anos.

O único país do mundo que conta cun depósito seguro para estes residuos é Finlandia. Levou 40 anos e 3.500 millóns de euros construílo

O depósito xeolóxico profundo é unha das tarefas máis ambiciosas e difíciles que afrontamos a nivel internacional. Ningún país do mundo ten actualmente en funcionamento un AGP para o combustible nuclear gastado. EUA ten paralizado desde 2010 o AGP a montaña Yuca en Nevada, despois de 30 anos de desenvolvemento e levar investidos preto de 10.000 millóns de dólares, e en Novo México teñen o Proxecto Piloto de Illamento de Residuos (WIPP polas siglas en inglés) que só se utiliza para residuos transuránicos de longa duración e de orixe militar, mais non para combustible gastado de reactores civís.

En Alemaña, Asse II e Morsleben, dous AGPs de residuos de nivel baixo e intermedio en antigas minas de sal, foron un fracaso e non tiveron continuidade. O vertedeiro de Asse II sofre dunha afluencia continua de augas subterráneas e corre risco de colapsar, que é o peor escenario para este tipo de depósitos. Agora é preciso recuperar del os 220.000 m³ de residuos mixtos que foran depositados, máis o sal: unha tarefa complexa e custosa, que implica mover cinco veces a cantidade de residuos orixinal, e que na práctica pode resultar tecnicamente imposible recuperar na súa totalidade. Até o día de hoxe non só non comezou esta tarefa senón que nin tan sequera se decidiu que estratexia seguir para realizala. Parece claro que a denominación de “eliminación definitiva” debe ser usada con moita precaución.

Mais tamén existe un caso de éxito: Onkalo en Finlandia, único caso dun país que está a piques de rematar o que será o primeiro AGP permanente para residuos nucleares perigosos de orixe civil, aínda que tamén Suecia e Francia teñen xa escollidas senllas localizacións para este tipo de depósitos. O custo estimado do AGP de Onkalo é de 3.500 millóns de euros, desde as primeiras prospeccións hai 40 anos. Nesta colosal obra de enxeñaría civil perforáronse nun leito de roca granítica, a 450 metros de profundidade, 32 km de galerías nas que van ser enterrados uns 3.000 recipientes de cobre selados con 2 toneladas de residuos cada un. A medida que se vaian enchendo as galerías, hanse ir selando con arxila, para ao final do proceso ser selado por completo e esquecido sen necesidade de intervención humana nos vindeiros 100.000 anos.

Para visualizarmos o reto civilizatorio e existencial que afrontamos, podemos bosquexar un burdo orzamento: se para Onkalo foron precisos 3.500 millóns de euros para almacenar 6.000 toneladas de residuos, a nivel mundial teriamos que investir como mínimo 125.000 millóns de euros para as 250.000 toneladas estimadas, ao longo de varios decenios, sen interrupción, xusto no momento histórico no que nos vemos obrigados a unha Transición Enerxética e ao declive enerxético e de recursos que esta vai implicar, e cadrando tamén no tempo coa devastación climática e ecolóxica que nós mesmos provocamos, e con todos os demais golpes que ha recibir a nosa civilización mentres se esborralla.

Como nunha especie de antigo culto telúrico, debemos comezar a cavar sen demora as tumbas para este lume que non sabemos apagar, algo que os que veñan detrás non van estar en condicións de facer. E despois, esquecernos, retirarnos, antes vivos ca complexos.

Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Energía nuclear
Análisis ¿Qué hay detrás de las presiones para evitar el cierre de Almaraz?
Bulos, titulares equívocos y movimientos de las terminales políticas y mediáticas del lobby eléctrico preludian unos meses de fuertes presiones para suspender el cierre de la central nuclear de Almaraz, cuyo inicio está previsto en 2027.
Ecologismo
MACROPROYECTOS Cultura popular, formación y conocimiento contra los macropoyectos de Gorbeialdea
La plataforma Gorbeialdea Defendatu y la UPV-EHU se unen para comprender los megaproyectos energéticos que acechan Euskal Herria y plantear alternativas desde un enfoque ecosocial, justo, democrático y para los pueblos.
#67319
12/8/2020 15:19

Acabemos coa enerxía fósil! Limitemos a eólica! Pechemos a nuclear! Non sabemos porque pasa de nós todo cristo coa cantidade de "datos que aportamos" e as estupendas "solucións" que nuca propuxemos!.
Ecoloxismo do reino: toda a vida poñendo en falta Altamira. Incomprendidos, estamos todos cegos por non acre

0
0
Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Ocupación israelí
Palestina Vivir en alerta: la resistencia palestina frente la ocupación israelí
La cruda realidad de las feministas palestinas que, ante la represión y las detenciones arbitrarias, continúan su lucha por la libertad, la justicia y los derechos humanos.
Madrid
Ciudades Fake Madrid, un paseo por los hitos del simulacro
Un recorrido por los grandes éxitos de la conversión de Madrid en una ciudad irreal.
Que no te cuenten películas
Comunidad El Salto Suscríbete a El Salto y llévate seis meses de regalo a Filmin
Estas navidades, haz posible que El Salto llegue más lejos con sus contenidos críticos y llévate de regalo medio año de Filmin. Y si ya tienes Filmin, suscríbete a El Salto y regala el acceso a esta plataforma a quien quieras.

Últimas

Siria
Oriente Próximo Israel impone hechos consumados sobre Siria para condicionar la transición según sus intereses
“Está escrito que el futuro de Jerusalén es expandirse hasta Damasco”, dijo este octubre el ministro de Finanzas israelí, Bezalel Smotrich, uno de los exponentes ultras del Ejecutivo.
Ecofeminismo
COP29 La brecha de género en las Cumbres del Clima
VV.AA.
Las cumbres del clima no están aisladas del resto de espacios políticos y también están atravesados por las dinámicas patriarcales, pero ¿en qué lo notamos? ¿cómo abordan las negociaciones climáticas las políticas de género?
Ocupación israelí
Ocupación israelí Un tercio de los asesinatos de periodistas en 2024 fueron obra del ejército de Israel
Reporteros Sin Fronteras documenta la muerte de 18 periodistas en Palestina y Líbano este año “asesinados deliberadamente por hacer su trabajo” y habla de una “masacre sin precedentes” de profesionales del periodismo.
Galicia
Galicia Activistas de Greenpeace instalan ‘una celulosa’ en la sede de la Xunta en protesta contra Altri
Los ecologistas han realizado una acción en la sede del Gobierno gallego de Alfonso Rueda para animar a gallegos y gallegas a asistir a la manifestación de este domingo en la Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela.
Comunidad de Madrid
Educación pública El Gobierno de Ayuso recula y aplaza hasta junio los despidos masivos en Educación
Integradoras sociales, enfermeras, educadoras, auxiliares y otros perfiles de personal laboral se enfrentaban a la incertidumbre de ser cesados en plenas vacaciones de Navidad.
Más noticias
El Salto Radio
El Salto Radio Mirada a los barrios andaluces
A partir de la presentación por parte de la Asociación Pro Derechos Humanos de Andalucía del informe “Pobreza Sur” hablamos sobre la realidad de alguno de los barrios más castigados de Europa.
Comunidad de Madrid
Sanidad Pública Vecindario y trabajadoras se plantan contra la privatización de los servicios en el Doce de Octubre
Denuncian la suspensión de intervenciones quirúrgicas desde que la empresa Croma Gio. Batta gestiona la esterilización del material. Una concentración el próximo sábado 14 de diciembre a las 12 horas se opondrá a esta deriva privatizadora.

Recomendadas

Fronteras
Túnez Túnez endurece la represión contra las ONG de ayuda a las personas migrantes
Mientras el presidente Kaïs Saied se prodiga en discursos racistas, el estado persigue a las entidades solidarias con quienes llegan al país, bajo el silencio cómplice de la Unión Europea.
Galicia
Economía ¿Quién lidera el negocio del eucalipto en Galicia al que Altri quiere sumarse?
El estallido social que ha producido el intento de la multinacional Altri y la Xunta de instalar una nueva celulosa en Galicia abre la necesidad de poner el foco en el sector forestal, donde se encuentran algunas de las mayores fortunas del Estado.
Siria
Rojava El rompecabezas sirio que estalló en Alepo
El nuevo escenario sirio se ha gestado bajo la intervención implacable de Turquía, patrocinadora del Ejercito Nacional Sirio y otros grupos yihadistas que libran la guerra de Erdogan contra el pueblo kurdo.
Cine
Ramón Lluis Bande “Asturies tiene sin construir el relato de su tiempo revolucionario”
El cineasta Ramón Lluis Bande entiende la memoria histórica como un “camino de exploración formal infinito” y de reflexión sobre el propio lenguaje cinematográfico “en relación con la realidad, la historia, el arte y la política”.