Energía
É a eólica mariña unha boa idea?

No debate político e social que se está a dar na Galiza arredor da enerxía eólica existen diverxencias segundo se pretenda instalar en terra ou diante das costas.
Aerogeneradores Alemania
Aeroxeradores no mar

Coordinador do Instituto Resiliencia

5 ene 2023 09:38

Nos últimos tempos veu medrando con forza a protesta social ante a “invasión” eólica que se espalla por todo o país impulsada polos fondos da UE e co camiño achandado polas administracións autonómica e central, coa última dunha serie de grandes mobilizacións nacionais neste mesmo mes de decembro. As zonas onde se pretenden instalar moitos dos proxectos de xeración eléctrica chamada “renovable” por medio de aeroxeradores, adoitan ter poboación máis ou menos preto, o cal é inevitable nun país cun modo de poboar o territorio tan esparexido coma o noso. Mais cando se anuncia que os proxectos se queren instalar no mar, a pouca distancia da nosa costa, a oposición parece xa non ser tan uniforme, se cadra porque a nosa xente non habita no mar, malia moita dela vivir directa ou indirectamente do mar.

O pasado mes de novembro, ante a proposta dunhas instalacións de eólica flotante fronte ás Illas Cíes, Manoel Santos, de Greenpeace, alegaba que “as enerxías renovables van substituír as fósiles si ou si”, que se precisa captar mediante “grandes instalacións porque co autoconsumo non chega” e que instalalas no mar, onde non afectasen a pesca artesá, libera “o noso territorio” (costa adentro, enténdese) destas instalacións. O sindicato CC.OO. tamén defende a eólica, tanto mariña coma terrestre, de maneira comprensible cando se lles están a prometer, grazas a ela, rebaixas da factura eléctrica e a creación de milleiros de postos de traballo. O seu responsable de estratexias enerxéticas en Galiza, Francisco Méndez, acusou o BNG (xunto coas organizacións “que lle fan servidume”, disque, como CIG e ADEGA) de “mentir e enganar” cando se opón ás instalacións no rural para captar voto nestas áreas, e de “poñer en perigo” a economía e o “desenvolvemento industrial” de Galiza, dicindo que os colectivos que se opoñen á eólica non teñen “argumentos sólidos”.

Ministerio, Xunta, Greenpeace, sindicatos e  partidos políticos coinciden en defender a eólica mariña flotante.

Así e todo, e aínda que se opón ás instalacións convencionais, o BNG defende a eólica mariña de tipo flotante, e dá como argumento que isto daría traballo ao sector naval, concretamente en Ferrol, en consonancia co goberno municipal do socialista Ángel Mato e mais coa postura do sindicato nacionalista CIG, de maneira se cadra incongruente coa participación deste na Coordinadora Eólicos Así Non, oposta oficialmente aos plans deste tipo de instalacións. Como se pode interpretar esta aparente contradición da formación liderada por Ana Pontón? En principio, aparecen dúas explicacións posibles. Unha sería que se a construción dos sistemas eólicos mariños se encarga á industria galega, daquela é aceptable, e se non, rexéitase; se este é o motivo, cabería deducir que a prioridade de BNG e CIG está na defensa da industria antes cá do sector primario (rural ou mariñeiro), cando os intereses duns resultan opostos aos outros. A outra explicación plausible é que se está apostando por fabricar aquí a eólica flotante, mais instalala fóra, noutras costas afastadas de Galiza. Se isto for así, o beneficio en termos de emprego e actividade económica quedaría no país, e non habería que padecer en carne propia os custos destrutivos da súa instalación, porque estes terían lugar noutro lugar.

Para Begoña de Bernardo, presidente de Véspera de Nada, este tipo de posicionamentos terían unha triple orixe: en primeiro lugar, o descoñecemento do que implican estes sistemas modernos de captación de enerxía no mar; despois, o atractivo do “maná” dos fondos europeos destinados a financiar calquera cousa que poida encaixar coa “transición enerxética” ou a “descarbonización”; e finalmente, a ampla contestación social por parte de “decenas de asociacións opoñéndose” aos eólicos nos nosos montes. Estes factores parece que estarían levando algúns actores sociais a pensar nas instalacións mariñas como alternativa, pero sen un debate social realmente democrático, que en teoría debería impulsar o chamado Observatorio da Eólica Mariña, onde están excluídas as organizacións ecoloxistas e cidadás.

O BNG defende a eólica mariña flotante como sector industrial local ao tempo que pide a prohibición de eólica nas costas galegas.

 Porén, a eólica tanto terreste como mariña non semella unha aposta industrial sustentable nin que teña sentido como sistema para fornecernos dunha electricidade da que, xa na actualidade, produce de sobra o noso país, e o presente “tsunami” eólico (como o denomina o activista e consultor ambiental Xabier Vázquez Pumariño) só tería sentido para alimentar máis industriais electrointensivas (outra aposta unánime das tres forzas políticas presentes hoxe no Hórreo) e para converter Galiza nunha das chamadas “zonas de sacrificio”, orientada á produción de hidróxeno para exportar á industria do norte de Europa, que non é quen de captar suficiente enerxía nesta forma por si mesma para paliar a queda dos combustibles fósiles nos usos que precisan maior intensidade enerxética.

Xa en 2005 se comezaba a considerar a posibilidade de instalacións eólicas mariñas nas nosas costas, mais o daquela director do INEGA, o economista ecolóxico Xoán R. Doldán advertía que o bipartito —entón á fronte da Xunta— non o contemplaba porque presentaba “importantes dúbidas sobre as interferencias que pode producir noutras actividades como as pesqueiras ou sobre o medio ambiente” e aconsellaba: “hai moito que estudar antes de que se lle dea para adiante”, sinalando que “hai opcións menos complicadas e menos conflitivas”.

Desde entón seguiuse estudando, mais as desvantaxes que presentaba este tipo de tecnoloxía de xeración eléctrica hai case 20 anos non desapareceron. Se cadra o único que mudou foi a cantidade de actores actualmente interesados en recibir suculentos fondos europeos destinados, entroutras, á instalacións eólicas mariñas. O profesor Carlos de Castro, experto en transición enerxética do grupo de investigación GEEDS da Universidade de Valladolid, opina que investir en eólica mariña é “perder tempo, enerxía, materiais e diñeiro” cando se precisa máis noutros lados. Explica que a chamada eólica “flotante” en realidade precisa estar ancorada ao fondo mediante grandes cabos, que en zonas con pouca plataforma continental “resulta un disparate” e que para as augas pouco profundas, onde se está a ensaiar, xa está a clásica eólica offshore. Sinala tamén que son precisamente as empresas construtoras de plataformas petrolíferas as que teñen o know-how para instalar eólica flotante, e que só lles compensa se hai subvencións europeas para a “transición enerxética”, porque a densidade enerxética obtida con esta, para o custo que implica a súa instalación, non sae rendible, como si viña sendo o caso do petróleo, que ofrece 150 veces máis densidade enerxética obtida por metro cadrado de ocupación.

Os impactos da eólica mariña son en boa parte descoñecidos e a flotante, ademais, non é axeitada para a nosa costa.

Dado que Galiza conta cunha plataforma continental moi estreita (lonxe polo tanto de ser o “paraíso” da eólica flotante coma vende algunha prensa), é preciso irse lonxe da costa, o cal podería reducir o impacto sobre a paisaxe turistificable, e mais sobre o marisqueo e a pesca, pero dispararía aínda máis o custo enerxético, económico e material. Precisamente a estreitez da nosa plataforma continental foi esgrimida polo propio BNG a comezos de 2022 como unha das razóns para reclamar a prohibición da eólica mariña en Galiza, ao tempo que reclamaban estudar mellor os impactos e non extrapolar directamente os que pode ter noutras plataformas continentais moi diferentes, coma a do Mar do Norte. Segundo Olaia Ledo, responsable de Ecoloxía na executiva da formación nacionalista galega, “sabemos que a flotante ten menos impacto cá convencional, pero teno, e na nosa costa tería o suficiente impacto” como para reclamar esa prohibición. Tamén denuncia que “é un despropósito falar de instalar os parques antes de realizar un estudo de impacto no sector pesqueiro e no medio ambiente e sen ter un POEM”, isto é, un plan de ordenación dos espazos mariños.

Como é sabido, a eólica offshore vén recibindo unha forte contestación por parte do sector pesqueiro de baixura galego, que vé prexudicado o seu medio e modo de vida. A eólica flotante estase a presentar por algúns como menos lesiva, e dado que non se coñecen aínda tanto as súas implicacións e a súa relación custo/beneficio, líbrase polo de agora dun rexeitamente social e político tan nidio coma o que se enfronta á offshore. Porén, non deixa de sorprender que sectores que veñen facendo do mito de “Galiza, potencia enerxética“ un dos seus mantras máis consolidados, alegando que nos sobra enerxía, consideren agora preciso instalar máis sistemas de xeración (un só dos parques proxectados representaría o 30% do consumo eléctrico total galego).

Que sentido ten instalar máis xeración eléctrica coa eólica mariña se xa nos sobra electricidade?

Segundo o profesor De Castro, o custo en materiais é meirande na flotante ca na offshore convencional. Ademais, os cabos de ancoraxe esténdense tanto que poden implicar un risco para a navegación, ademais de obrigar a separar máis os aeroxeradores entre si, co cal hai que levar os cables que trasportan a electricidade xerada desde máis distancia e ampliar a superficie afectada (que é nalgún dos proxectos de centos de quilómetros cadrados). Afirma que esta tecnoloxía hai décadas que existe pero que ten “custos ambientais, económicos, materiais e enerxéticos” que se disparan e que mesmo se están comprobando como máis altos do que se pensaba a medida que se van instalando máis polas costas de todo o mundo.

O motivo de fondo polo que cómpre deter o “tsunami” eólico, sinálao o biólogo Pumariño, é que “a substitución das fósiles por electricidade é simplemente inviable”, e pon enriba da mesa a verdadeira cuestión, que non é eólica terreste vs. eólica mariña senón outra que atinxe aos fundamentos do sistema socioeconómico e cuestiona que esteamos a facer unha Transición Enerxética verdadeiramente democrática, como reclama unanimente o movemento ecoloxista: “É posible a redución da demanda? O que non é posible é seguir igual, ou mesmo pretender incrementala. Se o facemos de xeito planificado, consensuado, e atendendo aos máis altos estándares democráticos, iso chámase decrecemento. Se nos deixamos ir sen máis, chámase colapso, e a súa consecuencia é o ecofascismo.” Velaí o auténtico dilema que volve poñer sobre a mesa o debate da eólica: decrecemento democrático ou colapso ecofascista.

Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Medio ambiente
Medio ambiente Quen lidera o negocio do eucalipto en Galiza ao que Altri quere sumarse?
O estourido social que produciu o intento da multinacional Altri e a Xunta de instalar unha nova celulosa en Galiza abre a necesidade de pór o foco no sector forestal, onde se atopan algunhas das maiores fortunas do Estado.
Xunta de Galicia
Medios públicos A CRTVG adxudica un plan de publicidade de 620.000 euros no medio da maior crise de reputación da súa historia
Os traballadores e traballadoras da Corporación Radio e Televisión de Galiza enfrontan a súa trixésima xornada de folga sen apenas repercusión nos medios de comunicación galegos que máis diñeiro levan das campañas do ente público.
Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Ibex 35
Ibex 35 Las retribuciones de los grandes empresarios multiplican por 118 lo que ganan sus trabajadores
Los directores y ejecutivos de Inditex, Banco Santander, Iberdrola, Indra, CIE Automotive y otras empresas del Ibex 35 multiplican por cientos de veces los sueldos medios de sus empleados.
Que no te cuenten películas
Comunidad El Salto Suscríbete a El Salto y llévate seis meses de regalo a Filmin
Estas navidades, haz posible que El Salto llegue más lejos con sus contenidos críticos y llévate de regalo medio año de Filmin. Y si ya tienes Filmin, suscríbete a El Salto y regala el acceso a esta plataforma a quien quieras.
Catalunya
Derecho a la vivienda La “revuelta de las llaves” echa a andar con tres huelgas de alquileres en Catalunya
Tres promociones de vivienda deciden ir a la huelga de inquilinos, una de las medidas defendidas por las manifestaciones del 13 de octubre y el 23 de noviembre en Madrid y Barcelona para hacer frente a los alquileres impagables.
Galicia
Economía ¿Quién lidera el negocio del eucalipto en Galicia al que Altri quiere sumarse?
El estallido social que ha producido el intento de la multinacional Altri y la Xunta de instalar una nueva celulosa en Galicia abre la necesidad de poner el foco en el sector forestal, donde se encuentran algunas de las mayores fortunas del Estado.
Inteligencia artificial
Inteligencia artificial Los creadores rechazan las licencias ampliadas para el uso de sus obras en la IA: “Es un genocidio cultural”
El Real Decreto para regular la concesión de licencias colectivas ampliadas para la explotación masiva de obras protegidas por derechos de propiedad intelectual para el desarrollo de modelos de Inteligencia Artificial recibe un rechazo generalizado.

Últimas

Personas sin hogar
Personas sin hogar Encierro en el Ayuntamiento de Granada para reclamar albergues para las personas sin hogar
Decenas de activistas exigen tratar, en el Día Internacional de los Derechos Humanos, con la alcaldesa de la ciudad sobre la necesidad de medidas urgentes ante la gravísima situación de las personas sin hogar en plena ola de frío.
Opinión
Tratados UE-Mercosur, el acuerdo que acabará con el modelo de agricultura europeo
Toda la producción agroalimentaria familiar, de pequeña escala y que desarrollan la economía local va a salir perdiendo, sea en Europa o los cuatro países latinoamericanos.
Siria
Siria Israel bombardea la transición siria
Mientras el nuevo gobierno del país intenta proyectar legitimidad dentro y fuera de sus fronteras, el ejército sionista expande su control del territorio en los Altos del Golán, y Europa congela miles de solicitudes de asilo de personas sirias.
Derecho a la vivienda
Derecho a la vivienda La moratoria del ‘escudo social’ no ha servido para impedir tres de cada cuatro desahucios
Un redactado poco claro, que deja libertad a los jueces para saltarse la moratoria, limita su alcance. A pocas semanas de su fin, organizaciones de vivienda piden que sea mejorada, ampliada y convertida en permanente.
Baleares
Memoria histórica Acuerdo en Baleares entre la izquierda y el PP para no derogar la ley de memoria histórica
El Govern ya no buscará los apoyos de la ultraderecha en los presupuestos ni cumplirá con uno de los puntos más calientes del programa, como era la derogación de la ley de memoria democrática.
Más noticias
Tribuna
Tribuna El día después del derrocamiento de Al Asad en Siria
El pueblo sirio ha sufrido lo indecible en los últimos años en sus aspiraciones de soberanía y de liberación. La pregunta ahora es ¿cómo se va a reconfigurar el reparto de poder en Siria y en la región?
Tren de alta velocidad
Explotación laboral Huelga en Iryo para los días clave de Navidad: “Solo queremos que respeten el Estatuto de los Trabajadores”
CGT convoca paros los días fuertes de estas vacaciones para, antes de comenzar a negociar un convenio propio, conseguir el abono de dietas a la plantilla de tripulación y el cobro del plus de nocturnidad.
Estados Unidos
Estados Unidos Detenido el presunto autor del asesinato de un CEO: “Parece que tiene mala voluntad hacia las corporaciones”
El presunto asesino del director ejecutivo de UnitedHealth, Brian Thompson, ha elogiado en un manifiesto a Unabomber, el terrorista de la derecha estadounidense que en los 80 cometió varios atentados con fines políticos.

Recomendadas

Siria
Rojava El rompecabezas sirio que estalló en Alepo
El nuevo escenario sirio se ha gestado bajo la intervención implacable de Turquía, patrocinadora del Ejercito Nacional Sirio y otros grupos yihadistas que libran la guerra de Erdogan contra el pueblo kurdo.
Cine
Ramón Lluis Bande “Asturies tiene sin construir el relato de su tiempo revolucionario”
El cineasta Ramón Lluis Bande entiende la memoria histórica como un “camino de exploración formal infinito” y de reflexión sobre el propio lenguaje cinematográfico “en relación con la realidad, la historia, el arte y la política”.
Fondos buitre
Madrid Ecosol, la cooperativa agroecológica que lucha por sobrevivir al desalojo del fondo buitre Élix Rent
Este gigante inmobiliario, que ya ha logrado hacerse con la práctica totalidad del edificio que alberga el proyecto, se niega a renovar su contrato de alquiler ya que busca rehabilitar el inmueble y alquilarlo a precios desorbitados.
Siria
Siria Cuando el miedo a la deportación es real: obligados a volver a Siria
Turquía lleva mucho tiempo deportando a los refugiados sirios. Aunque intenta justificar sus prácticas ante la comunidad mundial, estas vulneran el derecho internacional.