Ecologismo
Son os espectáculos de 'drones' unha alternativa sustentable?

Como alternativa aos fogos artificiais estanse a espallar os espectáculos luminosos nocturnos baseados nestes pequenos aparellos voadores.

Coordinador do Instituto Resiliencia

Coordinador do Instituto Resiliencia.https://www.saberes.eu/css/tag/instituto-resiliencia/
11 sep 2023 06:00

Desde a orixe da pirotecnica en China ao redor do noso ano 1.000 (na era da dinastía Song) o costume de empregar fogos artificiais baseados nesa invención tamén chinesa chamada pólvora, foise espallando lentamente por todo o mundo ate ser hoxe un recurso de uso case universal en todo tipo de festividades populares, colectivas ou mesmo privadas. De feito, están a experimentar un aumento realmente explosivo nalgúns países. Porén, aos problemas ben coñecidos desde antigo relacionados co perigo no seu manexo (dez mil feridos cada ano soamente nos EUA) e almacenaxe (algo do que temos tráxica constancia en Galiza), derivados do seu carácter explosivo, aos que se engade o risco de produciren incendios forestais ou danos no patrimonio, nas últimas décadas de maior concienciación ecolóxica e pola saúde pública, téñense exposto novos problemas de difícil (mais non imposible) solución relacionados principalmente co ruído, que produce graves perturbacións en certas persoas, na maioría das mascotas e tamén na fauna silvestre.

Recentemente uns enxeñeiros aeroespaciais galegos deseñaron un sistema de enxamios de abáboros artificiais (iso é o que significa en inglés a palabra drone) que viría engadir algunhas novidades aos que xa se veñen despregando en espectáculos por todo o mundo nos últimos anos como evolución do uso desta tecnoloxía para o cinema, ofrecéndose como alternativa máis sustentable á pirotecnia. Este premiado proxecto empresarial ourensán de orixe universitaria, que presentará en setembro as súas innovacións, adaptou o deseño das hélices para un menor ruído, a forma aerodinámica ás características dos ventos habituais en Galiza, e produce os pequenos cuadricópteros mediante sistemas de fabricación por adición (as mal chamadas impresoras 3D) a partir de material reciclado.

Unha 'start-up' galega presenta os espectáculos de 'drones' coma 'máis ecolóxicos e sostibles' cós fogos artificiais

Mais cómpre preguntarmos se estamos a falar dun auténtico avance en materia de sustentabilidade, dun sistema “máis ecolóxico, inclusivo e seguro”, tal como afirma quen o promove, ou se se trata máis ben dun retroceso con respecto á pirotecnia. Para podermos avaliar isto, cómpre primeiro analizar a sustentabilidade dos fogos artificiais. Neste caso, aparte da insustentabilidade implícita de base en calquera ben ou servizo que faga uso de minerais finitos, non parece que esta práctica sexa moito máis insustentable ca calquera outra da sociedade industrial, e a súa insustentabilidade viría determinada pola cantidade de material que se emprega cada ano, que á vista está que alcanza proporcións industriais desde que se comezara a popularizar este tipo de espectáculos en moitos países, aínda que noutros sexa unha práctica pouco habitual. Porén, os principais problemas deste tipo de espectáculos desde unha óptica ecolóxica non veñen derivados polo esgotamento dos seus compoñentes minerais, nin pola contaminación derivada da súa queima, senón polo prexuízo en termos de benestar e de saúde que produce en numerosas especies, tal e como xa comentamos.

Visto isto, a pregunta sería qué cousas mellora ou empeora a substitución que se está a propor, dos espectáculos pirotécnicos polos bailes de aparellos teledirixidos ou autónomos nos nosos ceus. En primeiro lugar hai que recoñecer que o estrondo desaparece, substituído por música en moitas ocasións e o habitual zunido destes abellóns robóticos, cuxo posible efecto sobre a fauna non ten sido aínda analizado. O que si se analizou foi o efecto das luces de tipo LED nas que se basean estes espectáculos, que é moi daniña, concretamente para o ollo humán. Os profesionais da oftalmoloxía xa se teñen queixado deste tipo de iluminación por ser especialmente agresiva para o ollo humán, en comparación coas tecnoloxías anteriores, como a luz incandescente. Sorprendentemente, isto non ten impedido que as nosas rúas se enchan con cartalaría luminosa LED que paradoxalmente obriga a apartar a ollada, mesmo en estabelecementos de farmacia que supostamente están para coidar a nosa saúde, en alumeado de Nadal, ou en faros dos últimos modelos de coches que producen perigosos cegamentos mesmo con luces de cruce, ante a aparente pasividade das administracións responsables da seguridade viaria ou de ordear o uso e goce das nosas rúas.

Así, centos de drones a emitiren luces LED ante a ollada de milleiros de espectadores non parece en principio algo moi saudable, e tampouco realmente sustentable, á vista do consumo de materiais e enerxías non renovables que implica a fabricación deste tipo de luminarias (o duplo de pegada ecolóxica cás convencionais), algo que tampouco se parece ter en conta cando se decide a substitución de milleiros de luminarias en perfecto estado nas nosas rúas e estradas, por este tipo de luces, co agallo da sustentabilidade, como tampouco se está a ter, aínda, en moitas ocasións con respecto á súa temperatura de cor, que pode producir efectos nocivos sobre o sono e que perturba a fauna nocturna, aparte doutros prexuízos inherentes a este tipo de luz artificial.

Os 'drones' usan as problemáticas luces LED, consomen minerais críticos e tamén poden provocar incendios e accidentes.

Por outra banda temos o problema da enerxía, xa que estes drones voan grazas a baterías de ion-litio, e xa que logo compiten con outros usos máis esenciais dos minerais escasos precisos para a Transición Enerxética que se supón que estamos realizando a nivel mundial. Estas baterías teñen unha vida útil bastante curta despois da cal é preciso repoñelas, implicando un consumo permanente de enerxía non renovable e de materiais escasos e de moi limitada reciclabilidade. Ademais, o tipo de baterías máis usado neste tipo de dispositivos voadores ten importantes riscos de seguridade o cal debería levar a pensar no risco de incendio ou para a seguridade dos espectadores deste tipo de espectáculos. “Son como pequenas bombas”, afirma un experimentado piloto de drones despois de ver caer e estoupar varios. Isto por non mencionar os gases tóxicos que emiten, unha preocupación crecente no ámbito da saúde pública.

En conclusión, aínda que os espectáculos de fogos de artificio baseados principalmente nun composto mineral como é a pólvora (formada por nitrato potásico, carbón e xofre), aos que se engade fósforo, aluminio e magnesio para unha maior luminosidade e brillo, así como diversas sales para conseguir cor (de estroncio, calcio, cobre, bario, sodio), causan evidentes problemas de saúde e non poucos problemas medioambientais (incluído o empeoramento do caos climático) e tampouco son realmente sustentables (os minerais son finitos), poderiamos pensar en conservalos nunha sociedade postextractivista e postindustrial, cun uso por suposto moito máis reducido cós oito millóns de toneladas anuais que se queiman no mundo cada ano en diversas formas de pirotecnia (case a metade de todo o mercado de explosivos, competindo co uso das substancias compoñentes para a minaría), se consideramos que son importantes para a nosa cultura, e tratando de minimizar os seus prexuízos, dentro dunha política decrecentista. Porén, as frotiñas de pequenos aparellos voadores autónomos de alta tecnoloxía cuxa fabricación e funcionamento son intensivos en uso de enerxía e que dependen totalmente de minerais moito máis críticos, escasos e necesarios para funcións sociais máis vitais, e que non carecen dos seus propios riscos para a saúde e para os ecosistemas, resulta difícil recoñecelos coma unha alternativa máis ecolóxica ou máis sostible no tempo, e aínda menos coma unha opción axeitada para unha sociedade en decrecemento xusto e democrático.

Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Fiestas populares
Euskal Herria Las txosnas de Gasteiz se plantan ante la Diputación por la obligación de TicketBAI
A pocas semanas del inicio de las fiestas, las txosnas se han plantado ante la Diputación Foral de Álava: “Quieren equiparar las txosnas con cualquier actividad privada que tenga como objetivo el beneficio económico. Si no cambiamos esta situación, este año no podremos poner txosnas”, han señalado.
El Salto Radio
El Salto Radio Cambiar el mundo desde lo pequeño
Una jornada en la que se comparte la comida, la música y las esperanzas del mundo. Entre tortillas y paellas se habla de la realidad Palestina o las jornaleras de Huelva.
Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Siria
Oriente Próximo Israel impone hechos consumados sobre Siria para condicionar la transición según sus intereses
“Está escrito que el futuro de Jerusalén es expandirse hasta Damasco”, dijo este octubre el ministro de Finanzas israelí, Bezalel Smotrich, uno de los exponentes ultras del Ejecutivo.
Ocupación israelí
Ocupación israelí Un tercio de los asesinatos de periodistas en 2024 fueron obra del ejército de Israel
Reporteros Sin Fronteras documenta la muerte de 18 periodistas en Palestina y Líbano este año “asesinados deliberadamente por hacer su trabajo” y habla de una “masacre sin precedentes” de profesionales del periodismo.
Que no te cuenten películas
Comunidad El Salto Suscríbete a El Salto y llévate seis meses de regalo a Filmin
Estas navidades, haz posible que El Salto llegue más lejos con sus contenidos críticos y llévate de regalo medio año de Filmin. Y si ya tienes Filmin, suscríbete a El Salto y regala el acceso a esta plataforma a quien quieras.
Galicia
Galicia Activistas de Greenpeace instalan ‘una celulosa’ en la sede de la Xunta en protesta contra Altri
Los ecologistas han realizado una acción en la sede del Gobierno gallego de Alfonso Rueda para animar a gallegos y gallegas a asistir a la manifestación de este domingo en la Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela.
Comunidad de Madrid
Educación pública El Gobierno de Ayuso recula y aplaza hasta junio los despidos masivos en Educación
Integradoras sociales, enfermeras, educadoras, auxiliares y otros perfiles de personal laboral se enfrentaban a la incertidumbre de ser cesados en plenas vacaciones de Navidad.

Últimas

Opinión
Opinión Lo raro es estar viva
¿De qué sirve agobiarse por ciertas pequeñeces si somos un punto mínimo, una huella desdibujada, un puntito sobre un folio en blanco con un boli bic que casi no pinta?
Más noticias
Ibex 35
Ibex 35 Las retribuciones de los grandes empresarios multiplican por 118 lo que ganan sus trabajadores
Los directores y ejecutivos de Inditex, Banco Santander, Iberdrola, Indra, CIE Automotive y otras empresas del Ibex 35 multiplican por cientos de veces los sueldos medios de sus empleados.
Personas sin hogar
Personas sin hogar El Ayuntamiento de Granada, APDHA y ‘La Calle Mata’ acuerdan un Plan de urgencia para las personas sin hogar
Después del encierro de decenas de activistas en el consistorio y la muerte de dos personas sin hogar en la calle en menos de 24 horas, el Ayuntamiento y las organizaciones civiles acuerdan un Plan de Urgencia para el frío de aplicación inmediata

Recomendadas

Fronteras
Túnez Túnez endurece la represión contra las ONG de ayuda a las personas migrantes
Mientras el presidente Kaïs Saied se prodiga en discursos racistas, el estado persigue a las entidades solidarias con quienes llegan al país, bajo el silencio cómplice de la Unión Europea.
Galicia
Economía ¿Quién lidera el negocio del eucalipto en Galicia al que Altri quiere sumarse?
El estallido social que ha producido el intento de la multinacional Altri y la Xunta de instalar una nueva celulosa en Galicia abre la necesidad de poner el foco en el sector forestal, donde se encuentran algunas de las mayores fortunas del Estado.
Siria
Rojava El rompecabezas sirio que estalló en Alepo
El nuevo escenario sirio se ha gestado bajo la intervención implacable de Turquía, patrocinadora del Ejercito Nacional Sirio y otros grupos yihadistas que libran la guerra de Erdogan contra el pueblo kurdo.
Cine
Ramón Lluis Bande “Asturies tiene sin construir el relato de su tiempo revolucionario”
El cineasta Ramón Lluis Bande entiende la memoria histórica como un “camino de exploración formal infinito” y de reflexión sobre el propio lenguaje cinematográfico “en relación con la realidad, la historia, el arte y la política”.