Ecologismo
Cada pedazo desta terra é sagrado para o meu pobo

O célebre discurso do xefe indíxena Si’ahl lémbranos unha importante mensaxe para o noso futuro.

Neus Caamaño_1
Ilustración do libro "Cada parte de esta tierra es sagrada para mi pueblo", de Akiara Books. Neus Caamaño

Coordinador do Instituto Resiliencia

22 ene 2020 06:03

A nova editorial barcelonesa Akiara Books publicou recentemente un interesante libriño (64 páxinas), dispoñible en tres edicións bilingües castelán-inglés, catalán-inglés e portugués-inglés, que rescata un dos discursos indíxenas máis lendarios dos pobos do norte de Abya Yala, supostamente pronunciado en 1854 polo xefe Si'ahl, tamén escrito Seattle, nome que serviría para rebautizar un asentamento de colonos europeos no Estado de Washington, anteriormente coñecido como Duwamps. O discurso deste xefe das tribos suquamish e duwamish é un dos máis afamados nos Estados Unidos e en Europa xunto coa breve profecía atribuída a outra tribo norteamericana (os cri) de que "cando a derradeira árbore for cortada, o derradeiro río envelenado, e o derradeiro peixe estea morto, o home branco descubrirá que non pode comer o diñeiro".

Precisamente outra frase cargada de contundencia e tirada da transcrición (máis ben recreación total do discurso, feita 116 anos despois) realizada por Ted Perry a partir daquel discurso, é a que dá título ao libro que hoxe nos ocupa: "Cada pedazo desta terra é sagrado para o meu pobo", lema que simboliza a resistencia á mentalidade comercial do home branco que é quen, contra o sabedoría dos pobos daquel continente, de pretender a posesión da terra. Xustamente a mesma mentalidade que chega ao seu paroxismo con ese modelo neoliberal contra o que se rebelara a sociedade civil na mesma cidade de Seattle, 145 anos despois daquel discurso.

O discurso do xefe Seattle simboliza a resistencia fronte a unha mentalidade que chega até hoxe co modelo neoliberal

Como ten sinalado a activista maia Lolita Chávez "os pobos orixinarios temos os nosos propios modelos de vida e somos antineoliberais, anticapitalistas e antirracistas pola nosa propia cosmovisión, e iso en Europa non se está entendendo". Por iso o libriño publicado agora con ilustracións bicromáticas da ilustradora de orixe galega Neus Caamaño, acompañadas dun amplo comentario do ecofilósofo Jordi Pigem, é unha axuda moi oportuna para entendermos por que un dos modelos alternativos á ecocida cosmovisión da modernidade capitalista reside precisamente na visión dos pobos indíxenas. Un modelo especialmente sólido, pois practicouse de maneira exitosa durante milleiros de anos ao longo de todo o planeta. E digo ben: en todo o planeta, mesmo nesta Europa que se autodefine como referente colonial-imperial para chamar indíxenas a todos os demais pobos, pois tamén entre nós hai unha antropoloxía indíxena por descubrir cunha cosmovisión de seu, e porque en certa maneira, seguindo ao tamén filósofo Slavoj Žižek, todos somos indíxenas para o capitalismo.

Mais volvamos ao vello xefe Si'ahl e á historia do seu discurso, que nos explica e pon en contexto Pigem. Din as crónicas da época que aquel vello cacique mestizo de dúas tribos e ben relacionado cos invasores brancos, era un home de grande elocuencia, característica habitual nos que ostentaban o liderado nos pobos daquel subcontinente. E que, en certa ocasión, con motivo da visita do gobernador do Estado, deu un discurso na presenza tamén doutros indíxenas e daqueles homes brancos cos que tiña pacíficas relacións, que debeu abofé ser memorable (malia as dificultades da dupla tradución habitual naqueles contextos) pois trinta anos despois aínda estaba presente para a poboación branca e así é que foi publicado nun xornal local, aínda que nunha versión demasiado recargada dun artificioso e barroco lirismo inglés. Posteriormente, nos anos 1969-71 producíronse novas versións, unha das cales —a máis correcta desde a óptica dos encargados desta publicación que agora sae do prelo— estivo a cargo dun académico chamado Ted Perry do que lamentablemente achamos moi escasa información no libro, malia ser en realidade súas as palabras, xa que, en rigor, co paso do tempo e o rexistro pouco fiel de partida, ao vello Si'ahl pouco máis ca inspiración se lle pode atribuír deste texto.

O célebre discurso foi recreado varias veces, e nesta versión preparada por Jordi Pigem resulta máis verosímil e moi acaído aos tempos que corren

Porén, se cadra froito do espírito da época na que o redacta Perry, na que estaba a nacer, canda outras revolucións (sexuais, feministas, de liberación nacional, dos dereitos civís, etc.), o movemento ecoloxista (adoita dicirse que a publicación da Primavera silenciosa de Rachel Carson en 1962 marca o seu comezo), o texto axéitase ao que podería ter dito un líder indíxena tanto naqueles tempos do século XIX como hoxe mesmo no século XXI; vén sendo, poderiamos dicir, unha recreación literaria mais verosímil. E é que, no fondo, as loitas da época de Si'ahl e as da época de Ted Perry non se diferencian, e mesmo hoxe, como naquela altura, tamén cómpre defender o carácter "sagrado" da terra fronte á apisoadora industrial: abonda ollar para calquera dos innumerables conflitos que sacoden América de norte a sur, as máis das veces con poboacións indíxenas afectadas en primeira liña, comezando por Standing Rock e rematando nos conflitos dos mapuches polas súas terras no extremo sur do continente.

Neus Caamaño_2
Ilustración do libro "Cada parte de esta tierra es sagrada para mi pueblo", de Akiara Books. Neus Caamaño

Cómpre aínda hoxe salientar (con meirande espanto, se cadra, por chegarmos xa a un punto desorbitado de desnaturalización) o estraño que resulta no fondo o concepto non só da posesión senón da explotación destrutiva da terra e da biosfera, pois é "a nosa nai". Tales son os termos que pon en boca de Si'ahl o profesor Perry na versión que popularizara naquela década un documental producido para unha canle de televisión baptista, titulado Home, e que Pigem expurgou nesta edición dalgunhas inexactitudes históricas e dalgunhas outras partes "que facían perder intensidade", segundo xustifica nun comentario enriquecido con moitas pistas para todas aquelas persoas interesadas na conexión entre cosmovisión indíxena, espiritualidade e ecoloxía.

Hai moito que aprender desta maneira indíxena de conectar cosmovisión, espiritualidade e ecoloxía, para resistirmos fronte ao capitalismo

Mais o propio Perry chegou a dicir, nun acto de humildade, que non debeu usar nunca o nome deste persoeiro histórico para recrear unha suposta mensaxe ambientalista dos pobos orixinarios, recoñecendo mesmo que "poñer palabras na boca de alguén que non coñecía, particularmente dun nativo americano, é pura desmesura arrogante, ou mesmo un feito racista", e recoñece que malia os progresos que se teñen dado no coñecemento acerca destes pobos, "en realidade sabemos moi pouco, e o que pensamos que sabemos está mediatizado por películas, encontros ou palabras e imaxes casuais, e outros estereotipos. Serven á nosa visión do mundo, pero non son auténticos".

Con todo, nesta recreación súa que agora nos achega Akiara Books, atoparemos advertencias cunha innegable forza expresiva: "Se continuar a contaminar a súa cama, o home branco morrerá, unha noite, sufocado na súa propia inmundicia". E expresións que nos transmiten, doutra maneira, o mesmo que hoxe nos di a ciencia ecolóxica ou a dinámica de sistemas: "Porque o que lle acontece á terra, acontécelles aos fillos e fillas da terra". Un discurso que conecta acertadamente logos, ethos e pathos, como aconsellaba Aristóteles na súa Retórica a calquera aspirante a dominar a oratoria, algo do que se cadra podemos aprender moitos e moitas que nos dedicamos a denunciar e a mobilizar conciencias. No final do libro, Jordi Pigem tamén nos lembra outro texto fundamental para esta recuperación da sabedoría ecolóxica indíxena: A Basic Call to Consciousness, publicado en 1977 pola Confederación Iroquesa (traducido ao castelán pola editorial Miraguano). Así pois, estamos diante dun valioso conxunto de reflexións presentados en 64 fermosas páxinas, resultado dun remix cultural que agora chega a nós a través do tempo, das etnias e das linguas, como un potente meme chamado a formar parte das novas culturas que precisamos con urxencia construír.

Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Crisis climática
El caos y el orden ¿Hay algún Plan de Ordenación que evite que Andalucía se convierta en territorio de sacrificio?
Las renovables pueden ser parte de la solución a los graves problemas medioambientales pero también el despliegue desordenado de grandes proyectos que sacrifican territorio sin dejar beneficios locales, lejos de resolver, agrava
Ecologismo
Crisis climática Coches bomba bajo la dana
En caso de catástrofe, a menudo el vehículo privado es una trampa mortal, un peligro público y un estorbo para la supervivencia
La Colmena
Cerrar Almaraz La tumba de Almaraz
En Almaraz el negocio prosperó. Y salió muy barato. Para levantar la nuclear bastó la promesa del reparto de abundante pan entre los pobres, la bienvenida al Míster Marshall de la comarca de Campo Arañuelo.
Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Ley de Seguridad Ciudadana
Congreso de los diputados Reforma de la Ley Mordaza: ¿esta vez sí se puede?
Una de las mayores deudas de toda la izquierda del Estado español parece que está a punto de saldarse.
Análisis
Análisis El independentismo se reorganiza, pero ¿sigue siendo independentista?
Los partidos independentistas han sufrido la crisis del procés y el posprocés, y todavía no la han resuelto, sino, a lo sumo, la han aplazado. El PSC aparece como el ganador de una carrera con corredores agotados.
Literatura
Gustavo Faverón Patriau “Quizá la novela sea ahora mismo más relevante que nunca”
El escritor peruano Gustavo Faverón Patriau quería narrar en su nueva novela la historia de un boxeador que no sabía boxear pero tumbaba a sus rivales recitándoles al oído versos de César Vallejo. ‘Minimosca’ acabó siendo un cuentacuentos inagotable.
Galicia
Memoria histórica Así fue como el Patronato de Protección a la Mujer transformó Galicia en un convento de clausura
Las mujeres que cayeron en las redes del Patronato iniciaron un periplo de encierro, humillaciones, abusos y explotación que es desconocido para la mayor parte de la población. Queda hoy en la impunidad de un silencio que tenemos el deber de romper.
Derecho a la vivienda
Vivienda El Sindicato de Vivienda de Euskal Herria propone la “expropiación de pisos turísticos”
Ponen en el punto de mira los intereses del sector inmobiliario y tachan de “falsas” a todas las medidas propuestas por los partidos políticos como la Ley de Vivienda.
Que no te cuenten películas
Comunidad El Salto Suscríbete a El Salto y llévate seis meses de regalo a Filmin
Estas navidades, haz posible que El Salto llegue más lejos con sus contenidos críticos y llévate de regalo medio año de Filmin. Y si ya tienes Filmin, suscríbete a El Salto y regala el acceso a esta plataforma a quien quieras.
Opinión
Tribuna Todas las razones para decir ‘Altri non’
Aquí van unos cuantos motivos para juntarnos este domingo en Compostela y dejar clara nuestra postura frente a un expolio que nos están tratando de imponer disfrazado de progreso, pero que sólo trae beneficio económico a unos cuantos indeseables.
Palestina
Eyad Yousef “No cuentes lo que queremos ser, cuenta lo que nunca hemos dejado de ser: un pueblo que quiere la paz"
Eyad Yousef es profesor en la Universidad de Birzeit, Cisjordania, y comparte su experiencia en una universidad que “representa el pluralismo y la libertad que tanto anhela la sociedad palestina”

Últimas

Más noticias
Opinión
Opinión Sobrevivir pagando en el Álvaro Cunqueiro
Una de las victorias ideológicas del PP de Feijóo en Galicia ha sido hacernos creer que pagar por servicios esenciales en los hospitales durante el cuidado de nuestros enfermos es lo natural, que no hay otra manera de abordarlo, pero es mentira.
Siria
Oriente Próximo Israel impone hechos consumados sobre Siria para condicionar la transición según sus intereses
“Está escrito que el futuro de Jerusalén es expandirse hasta Damasco”, dijo este octubre el ministro de Finanzas israelí, Bezalel Smotrich, uno de los exponentes ultras del Ejecutivo.
Ocupación israelí
Ocupación israelí Un tercio de los asesinatos de periodistas en 2024 fueron obra del ejército de Israel
Reporteros Sin Fronteras documenta la muerte de 18 periodistas en Palestina y Líbano este año “asesinados deliberadamente por hacer su trabajo” y habla de una “masacre sin precedentes” de profesionales del periodismo.

Recomendadas

Pensamiento
Sarah Jaffe “En realidad tenemos que hacer menos. E impedir que algunas cosas sucedan”
La escritora y periodista Sarah Jaffe aborda el desengaño cotidiano al que nos aboca el mundo laboral e investiga cómo, a pesar de todo, las personas se organizan colectivamente en sus empleos para que “trabajar apeste menos”.
Ocupación israelí
Palestina Vivir en alerta: la resistencia palestina frente la ocupación israelí
La cruda realidad de las feministas palestinas que, ante la represión y las detenciones arbitrarias, continúan su lucha por la libertad, la justicia y los derechos humanos.
Madrid
Ciudades Fake Madrid, un paseo por los hitos del simulacro
Un recorrido por los grandes éxitos de la conversión de Madrid en una ciudad irreal.