Decrecimiento
Francia maioritariamente a prol do Decrecemento

Unha enquisa revela que a maioría da poboación francesa é máis favorable ao Decrecemento có Crecemento Verde.

Francia maioritariamente a prol do Decrecemento.
Graffiti nunha parede en Neuchâtel. Imaxe de Martouf en Wikimedia.

Coordinador do Instituto Resiliencia

11 ene 2020 06:30

Este artigo foi realizado coa colaboración de Ramom Flores d'as Seixas (Véspera de Nada).

Un dos argumentos máis repetidos polos defensores do Green New Deal como estratexia para abordar a crise ecosocial, e máis concretamente a (mal) chamada emerxencia climática, é que a alternativa —que algúns deles recoñecen sería máis axeitada— de aplicar unha política decrecentista non contaría co suficiente apoio social e que, en consecuencia, para poder facer "políticas de maiorías", cumpriría limitar as accións polo clima e ante o devalar enerxético ao marco do "politicamente posible", que eles identifican coa continuidade do crecemento económico (e polo tanto, do capitalismo).

Porén, unha enquisa publicada en Francia hai uns meses engadiu unha contundente proba en contra desa hipótese conservadora. Realizada por unha empresa que goza de gran prestixio en Francia, Odoxa, por encargo da aseguradora Aviva e dos grupos mediáticos de temática económica Challenges e BFM Business, o "Barómetro da economía - Outubro 2019" ofrece baixo o titular xeral de "Os franceses, máis ecoloxistas ca nunca", uns datos moi rechamantes. Primeiro: a confianza na economía da poboación francesa caeu un 9%. Segundo: o medio ambiente é máis que unha moda, e cada vez máis franceses e francesas están a adoptar condutas ecolóxicas (máis do 90% adoptaran xa polo menos unha). Terceiro: como estratexia xeral para protexer o medio ambiente, a poboación francesa é máis partidaria do Decrecemento (54%) ca do Crecemento Verde (45%). E cuarto: a consecuencia de todo isto é que os investimentos en ecoloxía teñen unha aceptación popular e que esta vai a máis.

Decrecimiento
‘Decrecer para sobrevivir’

O libro de José Alberto Cuesta explica como chegamos até aquí e as dúas principais opcións que se abren ante nós.

A enquisa revela que un 54% da poboación francesa prefire o Decrecemento ás propostas de crecemento verde dos seus principais partidos

Debullando as conclusións da enquisa ao respecto do terceiro punto, os enquisadores de Odoxa revelan que a tese do "crecemento verde" ou "sustentable" (dentro da que podemos identificar o chamado Green New Deal), que promoveron inicialmente persoeiros do Partido Demócrata dos EUA, comezando por Obama e liderada actualmente Alexandria Ocasio-Cortez (cun grande apoio cidadán naquel país, segundo algunha enquisa), e que pretende conxugar o mantemento do consumo coa ecoloxía, mediante un investimento masivo en tecnoloxías de enerxía renovable, propostas de economía circular e emprego verde, non é a preferida. Unha tese, lembremos, á que se suman expresamente na UE a nova Comisión presidida por Ursula von der Leyen, no Estado Español o novo goberno PSOE-UP e Más País (nova formación que fixo verdadeira bandeira do GND nas pasadas eleccións xerais), en Galiza a En Marea de Luís Villares —cando menos—, e economistas recoñecidos a nivel internacional como Joseph Stiglitz, Paul Krugman, James Galbraith, Iannis Varufakis ou Thomas Piketty.

Por contra, en Francia parece que ten mellor acollida a alternativa defendida por Serge Latouche e medios como La Décroissance, e onde mesmo existe desde 2006 un Parti pour la décroissance (aínda que con moi magros resultados en votos). Paradoxalmente os malos resultados electorais deste primeiro partido expresamente decrecentista, agachan o que parece ser xa un decrecentismo basal na poboación. Se cadra non é alleo ao espallamento desta opinión o feito de ser Francia un país no que existen entidades dedicadas a estudar o colapso civilizatorio, onde un coñecido ex-ministro fala abertamente del, ou o primeiro ministro le a Jared Diamond e afirma estar obsesionado pola cuestión. Ademais, a propia Axencia Europea do Medioambiente viría confirmar que a aposta por decrecer ordenadamente é máis axeitada que a imposible teimosía en manter o crecemento, por moi verde que se queira presentar: "Europa non alcanzará a súa visión da sustentabilidade de «vivir ben dentro dos límites do planeta» se continuar a promover o crecemento económico", afirmou nun recente relatorio que pasou longamente desapercibido nos mass media. Comprensión intuitiva ou racional dos límites do crecemento, que tamén anunciaba o grupo EmerCiv, constituído a finais de 2018 para facer ver aos responsables españois da Transición Enerxética que algo digno de tal nome non sería compatible co mantemento do crecemento do PIB e que compría poñer en funcionamento un debate social sobre alternativas como o Decrecemento e o Bo Vivir.

Malia este amplo apoio social, os partidos decrecentistas non dan sumado en Francia máis do 2% dos votos

Mais volvendo ao país galo, o estudo de Odoxa indica que "a maior parte dos franceses, 54%, pensa que a forma máis eficiente de resolver os problemas ecolóxicos e climáticos, actuais e futuros, é «mudar fundamentalmente o noso modo de vida, os modos de transporte e reducir drasticamente o noso consumo»". Esta opinión social maioritaria contrasta notablemente co mantemento do crecemento como obxectivo nos principais partidos franceses: a gobernante La République En Marche (centristas liberais), o Parti Socialiste ou Les Républicains (dereita), que pensan que "é preciso investir masivamente para desenvolver tecnoloxías máis limpas e máis respectuosas co medio ambiente".

Non sorprende que este apoio sexa meirande entre os simpatizantes do EELV (Europe Écologie Les Verts, 63%), mais si que é rechamante que os votantes de partidos expresamente "produtivistas" estean a favor do Decrecemento. O estudo sinala que o 57% dos que votan esquerda, 55% dos de LaREM e 59% dos LR apoian ditos principios. Con todo, o estudo non informa da opinión entre os partidarios da estrema dereita (que son como mínimo o 20% da poboación).

"Esta é a primeira vez que unha enquisa rexistra o apoio ecuménico da maioría do pobo francés á idea do decrecemento, en oposición a unha refundación total do noso modo de produción e consumo" (para continuar co crecemento, enténdese), conclúe o estudo. Porén, non é a primeira vez que un estudo amosa un apoio importante nun dos países da Europa latina, que son os que amosaron ao longo das pasadas décadas meirande interese na proposta do Decrecemento, ao mellor por cadrar máis cunha maneira de entender a vida e o seu goce diferente da propia do Europa do norte. Así, en novembro de 2016 a Universitat Autònoma de Barcelona daba a coñecer un estudo que sinalaba que "máis dun terzo da poboación [española] detería o crecemento económico pola sostibilidade ambiental". Aquel estudo tamén puña de relevo que era precisamente entre as persoas votantes de esquerda onde o apoio era máis notable. Un dato que debería facer reflexionar a aqueles dirixentes políticos que, en célebre expresión de Juan Carlos Monedero, argúen que "falando de decrecemento non se gañan eleccións", e mais á nova coalición que vai gobernar o Estado español cuns anunciados eixos principais de actuación (crecemento económico e transición ecolóxica) que serían contraditorios segundo estes posicionamentos sociais e científicos.

Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Decrecimiento
Saber Sustentar 'A Substancia': unha lectura decrecentista
'The Substance', de Coralie Fargeat, unha das películas merecidamente de moda, ten entre outras moitas unha lectura moi necesaria a prol da solidariedade interxeracional como única ferramenta para a supervivencia da nosa especie.
Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Ley de Seguridad Ciudadana
Congreso de los diputados Reforma de la Ley Mordaza: ¿esta vez sí se puede?
Una de las mayores deudas de toda la izquierda del Estado español parece que está a punto de saldarse.
Análisis
Análisis El independentismo se reorganiza, pero ¿sigue siendo independentista?
Los partidos independentistas han sufrido la crisis del procés y el posprocés, y todavía no la han resuelto, sino, a lo sumo, la han aplazado. El PSC aparece como el ganador de una carrera con corredores agotados.
Literatura
Gustavo Faverón Patriau “Quizá la novela sea ahora mismo más relevante que nunca”
El escritor peruano Gustavo Faverón Patriau quería narrar en su nueva novela la historia de un boxeador que no sabía boxear pero tumbaba a sus rivales recitándoles al oído versos de César Vallejo. ‘Minimosca’ acabó siendo un cuentacuentos inagotable.
Galicia
Memoria histórica Así fue como el Patronato de Protección a la Mujer transformó Galicia en un convento de clausura
Las mujeres que cayeron en las redes del Patronato iniciaron un periplo de encierro, humillaciones, abusos y explotación que es desconocido para la mayor parte de la población. Queda hoy en la impunidad de un silencio que tenemos el deber de romper.
Derecho a la vivienda
Vivienda El Sindicato de Vivienda de Euskal Herria propone la “expropiación de pisos turísticos”
Ponen en el punto de mira los intereses del sector inmobiliario y tachan de “falsas” a todas las medidas propuestas por los partidos políticos como la Ley de Vivienda.
Que no te cuenten películas
Comunidad El Salto Suscríbete a El Salto y llévate seis meses de regalo a Filmin
Estas navidades, haz posible que El Salto llegue más lejos con sus contenidos críticos y llévate de regalo medio año de Filmin. Y si ya tienes Filmin, suscríbete a El Salto y regala el acceso a esta plataforma a quien quieras.
Opinión
Tribuna Todas las razones para decir ‘Altri non’
Aquí van unos cuantos motivos para juntarnos este domingo en Compostela y dejar clara nuestra postura frente a un expolio que nos están tratando de imponer disfrazado de progreso, pero que sólo trae beneficio económico a unos cuantos indeseables.
Palestina
Eyad Yousef “No cuentes lo que queremos ser, cuenta lo que nunca hemos dejado de ser: un pueblo que quiere la paz"
Eyad Yousef es profesor en la Universidad de Birzeit, Cisjordania, y comparte su experiencia en una universidad que “representa el pluralismo y la libertad que tanto anhela la sociedad palestina”
Relato
Relato Descubrirse las manos
Descubres tus manos: el palmar y el dorso, la posibilidad futura de la pinza atrapacosas, dos miembros que te vinculan al chimpancé y al lémur. Aprendes su mecanismo.

Últimas

Más noticias
Opinión
Opinión Sobrevivir pagando en el Álvaro Cunqueiro
Una de las victorias ideológicas del PP de Feijóo en Galicia ha sido hacernos creer que pagar por servicios esenciales en los hospitales durante el cuidado de nuestros enfermos es lo natural, que no hay otra manera de abordarlo, pero es mentira.
Siria
Oriente Próximo Israel impone hechos consumados sobre Siria para condicionar la transición según sus intereses
“Está escrito que el futuro de Jerusalén es expandirse hasta Damasco”, dijo este octubre el ministro de Finanzas israelí, Bezalel Smotrich, uno de los exponentes ultras del Ejecutivo.
Ocupación israelí
Ocupación israelí Un tercio de los asesinatos de periodistas en 2024 fueron obra del ejército de Israel
Reporteros Sin Fronteras documenta la muerte de 18 periodistas en Palestina y Líbano este año “asesinados deliberadamente por hacer su trabajo” y habla de una “masacre sin precedentes” de profesionales del periodismo.

Recomendadas

Pensamiento
Sarah Jaffe “En realidad tenemos que hacer menos. E impedir que algunas cosas sucedan”
La escritora y periodista Sarah Jaffe aborda el desengaño cotidiano al que nos aboca el mundo laboral e investiga cómo, a pesar de todo, las personas se organizan colectivamente en sus empleos para que “trabajar apeste menos”.
Ocupación israelí
Palestina Vivir en alerta: la resistencia palestina frente la ocupación israelí
La cruda realidad de las feministas palestinas que, ante la represión y las detenciones arbitrarias, continúan su lucha por la libertad, la justicia y los derechos humanos.
Madrid
Ciudades Fake Madrid, un paseo por los hitos del simulacro
Un recorrido por los grandes éxitos de la conversión de Madrid en una ciudad irreal.